Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

CEIP PLURILINGÜE RICARDO TOBÍO
Quen era FRANCISCO ASOREY?

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024

Preme naspalabras en cor azul!

...ESTE ERA FRANCISCO ASOREY!

ONDE E CANDO VIVIU?

  • Naceu en Cambados (Pontevedra), aínda que, como veremos, viviu en diferentes lugares...
  • O seu ano de nacemento é o 1889 (finais do Século XIX) e morreu no ano 1961 (mediados do Século XX).

POR QUE LLE ADICAMOS O DÍA DAS ARTES GALEGAS?

Ao rematar a súa formación, comezou a traballar como profesor de debuxo en Baracaldo (País Vasco) e, con tan só 20 anos foi destinado a Madrid, onde seguiu aprendendo (e tamén ensinando!)

Tanto lle gustaban as artes (sobre todo o debuxo e a escultura ) que xa moi noviño foi a estudar á Escola de Artes e Oficios en Barcelona.

Cando era un neno, aprendeu a tallar a madeira... e dábaselle realmente ben!

+Info

As súas obras foron todo un homenaxe aos galegos e galegas...
Preme aquí para saber quen era!

Pouco a pouco foi descubrindo o seu propio estilo... e o que máis lle gustaba era reflexar nas súas esculturas elementos propios da vida e da cultura do seu pobo; GALICIA!.

POR QUE LLE ADICAMOS O DÍA DAS ARTES GALEGAS?

Pero durante toda a súa carreira de escultor, houbo un home ao que el admiraba moito, que foi o seu referente máis importante...

Co tempo, descubriu que quería adicarse exclusivamente á escultura... así que, no ano 1918, decidiu asentarse en Santiago de Compostela e abrir un taller onde elaborar e expoñer as súas obras, recibir encargos...

+Info

Réplica en pedra de "Naiciña" en Cambados

ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS...

¿SABÍAS QUE...?

Francisco Asorey fixo esta escultura en madeira no ano 1922 como homenaxe a todas as nais galegas.

1. NAICIÑA

ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS...

FIXÁDEVOS nos detalles... está tan ben feita que parece unha persoa (e un animal) de verdade!

Esta escultura en madeira, adicada ás mulleres labregas de Galicia, fíxoa no ano 1924.

2. O TESOURO

Podedes facerdebuxos, esculturas condistintosmateriais, deseños para a impresora 3D...
Atreveríadesvos a facer as vosasversións persoais dalgunha das miñas esculturas?

O RETO DE FRANCISCO ASOREY...

POIS, NON SE FALE MÁIS... A CREAR!

Sabedes como se chama o oficio dunha persoa que talla a madeira...?

... chámase ebanista, e é un oficio moi típico e tradicional da nosa terra.

Pero OLLO! Un ebanista non é o mesmo que un carpinteiro, xa que o ebanista utiliza técnicas e instrumentos moito máis precisos... e fan verdadeiras obras de arte ca madeira!

Vedes ese puntiño vermello? Iso é Cambados!

Neste pobo costeiro, podemos atopar lugares bonitos coma estes...

Tal e como pon na placa, ao escultor coñecíaselle como o "escultor da raza", referíndose á raza galaica, e a continuación veredes por qué...

No lugar onde se atopaba o taller de Francisco, o concello de Santiago colocou unha placa para recordalo sempre...