ROSALIA DE CASTRO PRIMARIA
Lara Segade
Created on February 19, 2024
Over 30 million people create interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
BRANCHES OF U.S. GOVERNMENT
Presentation
QUOTE OF THE WEEK ACTIVITY - 10 WEEKS
Presentation
MASTER'S THESIS ENGLISH
Presentation
SPANISH: PARTES DE LA CASA WITH REVIEW
Presentation
PRIVATE TOUR IN SÃO PAULO
Presentation
SUMMER ZINE 2018
Presentation
RACISM AND HEALTHCARE
Presentation
Transcript
CURSO 23-24
CEIP PLURILINGÜE RICARDO TOBÍO
ROSALÍA DE CASTRO
PASA Á SEGUINTE PÁXINA E COMEZA A VIAXE...
QUERES DESCUBRIR POR QUE ESTA MULLER FOI TAN IMPORTANTE?
....NACEU A NOSA ROSALÍA, PERO NIN MÁIS NIN MENOS QUE NO ANO 1837!
UN 23 DE FEBREIRO COMA HOXE...
PADRÓN
SANTIAGO
Preme aquí
....pero pasou a súa infancia en PADRÓN, sempre acompañada da súa nai TERESA e a súa madriña MARÍA
ROSALÍA NACEU EN SANTIAGO DE COMPOSTELA...
Preme aquí
Outro dos lugares importantes na vida de Rosalía foi a casa familiar do seu pai, en Ortoño (Ames), moi preto da Igrexa de San Xulíán de Bastabales.
CASA FAMILIAR EN ORTOÑO (AMES)
Nos veráns adoitaban ir a este pazo en Lestrobe (Dodro, A Coruña), propiedade dunha tía de Rosalía.
PAZO DA HERMIDA
Neste enorme pazo en Padrón, propiedade dos seus avós maternos, viviron algunhas tempadas.
PAZO DE ARRETÉN
ALGUNHAS DAS CASAS DE ROSALÍA...
Moitos artistas musicaron os meus poemas, entre eles Amancio Prada, que incluso adicou todo un disco á miña obra! Preme nas fotografías e escoita, a ver se atopas o nome dalgún dos lugares da miña vida...
Estes lugares tan importantes para Rosalía, se nos fixamos, están presentes nas súas obras...
Preme aquí
PERO...OLLO AO PIOLLO!
A Teresa preocupáballe moito que Rosalía tivera unha boa educación e que aprendera moitas cousas. Por iso, xa se encargou de que estudara cando vivían en Padrón, aínda que en Santiago foi onde espertou a interese de Rosalía pola arte grazas, sobre todo, ás actividades organizadas polo Liceo de Santo Agostiño; unha sociedade recreativa chea de xente nova que quería adicarse á escritura, pintura, teatro…
EN 1850 ROSALÍA E A SÚA NAI TRASLÁDANSE A SANTIAGO...
¡Sófrese tanto n'esta querida terra gallega!Libros enteiros poideran escribirse falando d'o eterno infortunio que afrixe aos nosos aldeáns e mariñeiros [...] Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas.
PRÓLOGO DA OBRA "FOLLAS NOVAS"
Foi coñecido coma o Ano da fame , xa que o mal tempo estragou as colleitas en gran parte de Galicia. A xente das aldeas achegábase ás cidades pedindo esmola, xa que non tiñan nada para comer. Rosalía era unha rapaza moi sensible, e sufría moito polas circunstancias que atormentaban ao seu pobo. Por iso, falou moito nos seus poemas do sufrimento dos galegos e galegas da súa época; quería ser a súa voz.
MAIS, EN 1853, PASOU ALGO QUE IMPRESONOU MOITO A ROSALÍA...
Preme aquí
Alí publica o seu primeiro libro de poemas, pero... ¿sabedes en que idioma o publicou?
...E VAISE PARA A CAPITAL!
CON 19 ANOS ROSALÍA DEIXA A SÚA QUERIDA GALICIA...
A que non sabedes cantos fiillos/as tiveron...? Descubrídeo premendo na foto!
Chamábase Manuel Murguía, e no ano 1858 casaron. Viviron en moitos lugares: Madrid, Santiago, A Coruña, Valladolid... e, ás veces, a causa do traballo de Murguía, separados.
...DUN ESCRITOR GALEGO!
EN MADRID, ROSALÍA NAMOROUSE...
NEGRA SOMBRA, 1880
Premendo aquí escoitarás este poema cantado pola artista galega Luz Casal
Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombra.s.
Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras ao pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa.
Dos versos máis tristes de Rosalía...
...DAS QUE, POR SUPOSTO, FALA NAS SÚAS POESÍAS. As que máis a marcaron foron a morte de dous dos seus fillos e o diagnóstico dunha grave enfermidade, que a acompañaría o resto da súa vida. Escribir poemas axudáballe a expresar o que sentía neses momentos difíciles, como cando morreu a súa nai, á que adicou toda unha obra.
PERO NA VIDA DE ROSALÍA HOUBO ALGUNHAS DESGRACIAS...
Foi a primeira vez que un libro escrito en galego tivo tanto éxito dentro e fóra de Galicia, e ademais escrito por unha muller! Recordade que naquel tempo todo eran escritores, e as poucas escritoras que se daban a coñecer utilizaban nomes masculinos.
Foi o primeiro libro que publicou completamente en galego, e grazas a el a nosa lingua volveuse empregar na literatura. Por iso hoxe celebramos o día das letras galegas o 17 de maio.
SABEDES POR QUE?
Preme aquí
...A PUBLICACIÓN DA OBRA "CANTARES GALLEGOS", O 17 DE MAIO DO ANO 1863.