Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A Voz de Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Xaneiro 2024

5º curso de primaria convértese en escritores por un día

Neste mes de xaneiro o alumando de 5º creamos as nosas propias historias e fixemos unha valoración do primeiro trimestre do curso.

Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade

Programa especial de Radio "Mes da Ciencia en Galego"

O alumnado gravou en Radio Marquiños as súas experiencias durante o mes da ciencia en galego.

Celebramos a Cerimonia Inaugural dos nosos Xogos Olímpicos San Marcos 2024

Gran éxito na primeira sesión de Cine Marquiños organizada polo alumnado de 6º curso

O obxectivo é inculcar na Comunidade Educativa unha conciencia co Medio Ambiente.

Non vos podedes perder o noso vídeo das Olimpíadas pola Paz

A Voz de Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Xaneiro 2024

PLAN PROXECTA PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

O CEIP Plurilingüe San Marcos conta un ano máis co equipo de Paisaxe e Sustentabilidade, enmarcado dentro do Plan Proxecta que leva o mesmo nome, mantendo as mesmas liñas directrices do proxecto levado a cabo en cursos anteriores. O obxectivo xeral é dotar ao alumnado dunha educación comprometida co medio ambiente, espertando unha conciencia de sustentabilidade nas alumnas e alumnos en temas relacionados coa redución do lixo non orgánico, reciclaxe, reutilización, aforro enerxético, a auga e as plantas como fonte de vida, a compostaxe, etc.

Elaboramos e colocamos cartelería de separación de residuos para as papeleiras nos patios, zonas comúns no centro e unificamos as papeleiras coas cores axeitadas. Tamén, elaboramos material escolar utilizando material de refugallo.

A Voz de Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Xaneiro 2024

PLAN PROXECTA PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

Entre as actividades que fixemos destacamos a Semana Europea de 0 residuos coas “Merendas 0 residuos”. Foi dada a cada aula cartelería con alternativas, táboas de rexistro e información e tamén ás familias para informalas sobre este tema dándolles opcións. Para iso, en cada aula puxemos un semáforo clasificando os alimentos segundo foron máis ou menos saudables e unhas gráficas para anotar o tipo de residuos que xeraban as nosas merendas.

A Voz de Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Xaneiro 2024

OS DE 5º SOMOS ESCRITORES

Durante o mes de xaneiro o alumnado de 5º de primaria creamos historias na aula para poder compartir cos nosos compañeiros e compañeiras, aquí poderedes ver un exemplo.

A Voz de Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Xaneiro 2024

OS DE 5º SOMOS ESCRITORES

Tamén fixemos recomendacións lectoras e valoramos o primeiro trimestre do curso, deixamos aquí unha mostra.

A Voz de Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Xaneiro 2024

OS DE 5º TRABALLAMOS CON XORNAIS

Por último, queremos contarvos que para facer estas historias e valoracións para este xornal, traballamos previamente o que é un xornal, partes das noticias, etc.

A Voz de Marquiños

Xaneiro 2024

Programa especial do mes da ciencia en galego 2023

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Fai clic no reproductor para escoitar o programa especial dos experimentos levados a cabo polas clases na conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, explicados como non, polo alumnado.

A Voz de Marquiños

Xaneiro 2024

Cerimonia Inaugural das Olimpíadas San Marcos, Abegondo 2024

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

A Voz de Marquiños

Xaneiro 2024

30 DE XANEIRO - OLIMPÍADAS POLA PAZ

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

Cada aula traballou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz relacionándoo co Deporte. Aquí podedes ver o resultado.

A Voz de Marquiños

Xaneiro 2024

Primeira Sesión de Cine Marquiños

https://ceipsanmarcos.es/biblioteca/

O alumando de 6º de Educación Primaria organizou a primeira sesión de cine para recuadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. O resultado, éxito rotundo!