Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Xaneiro 24

REVISTA HORTOCOLIÑA

3 ANOS B
NON VOS ASUSTEDES!O QUE PASOU FOI QUE EN 3 ANOS B ESTABAN TRABALLANDO NO COMO SE DI AS PALABRAS RELACIONADAS COA NEVE E APROVEITARON PARA FACER NEVE NA AULA. BEN QUE O PASARON!

NEVOU EN 3 ANOS!

Martín 5ºA.

O alumnado de 5º, o 10 de Xaneiro, visitou o Parlamento de Galicia. Foron en autobús ata alí. O primeiro que fixeron foi pasar un control de seguridade, por se tiñan algo metálico. Logo foron a sala dos Reis, onde había cadros dos Reis, e das antigas provincias de Galicia. Despois foron ver fotos dos 75 deputados e deputadas, do PP, PSOE, BNG. Na seguinte sala viron un vídeo no que se explicaba que é o Parlamento, que poderes exerce... De alí foron á sala das Letras Galegas, onde hai cadros dos autores homenaxeados, como Rosalía de Castro. Para rematar visitaron o hemiciclo.Ao rematar a visita marcharon para a Xunta de Galicia.

SAÍDA AO PARLAMENTO E XUNTA DE GALICIA

Alba 5 ºA
Fai uns días no colexio fixemos un proxecto chamado “Muro das Emocións” con Clara Colorines, coa que estivemos traballando as cores, formas e emocións.Con isto fixemos unhas obras de arte inspirados nas emocións, saíron unhas obras xeniais cheas de cores. Este traballo despois remataría pintando o muro dianteiro do colexio.

UN POUCO DE MAXIA

5ºA

No colexio celebramos o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Queremos fomentar no alumnado valores como a tolerancia e o respecto mutuo entre persoas. Somos defensores da paz e o entendemento entre as persoas! E para demostralo bailamos no patio o Baile da Paz de Mamá Cabra. Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz...

DÍA DA PAZ

5ºA
O alumnado do Proxecto Competencial de 6º foi á hortaa limpar os bancais para plantar allos, cebolas e porros.Tamén limparon as camelias, que tiñan moitas herbas.Seguiremos a próxima semana.

TRABALLOS NA HORTA

5ºA
Un ano máis participamos no concurso Pilabot, de reciclado de pilas. Non só podemos levar un premio se somos dos catro centros que máis pilas recollen, o verdadeiro premio é axudar a coidar o medio ambiente. Estamos moi contentos pola boa acollida por parte das familias.

PILABOT

3 ANOS B
As nenas e nenos de 3 anos B plantamos castañas no mes de outubro pero só nos naceu un castiñeiro.Seguiremos agardando, ao mellor saen máis.

TEMOS TRES CASTIÑEIROS NOVOS!

4ºC
Os alumnos e alumnas de 4º C, elaboraron unha receita de biscoito. Con esta actividade aprenderon a calcular as cantidades para facer dous biscoitos, en canto anacos había que repartilo. E para celebrar o ben que lles saíu comérono!

COAS MANS NA MASA