Want to make creations as awesome as this one?

Breve percorrido por algunhas das paisaxes máis características

Transcript

Paisaxes agrarias españolas

Con base nunha enquisa do INE de 2018, represéntanse neste diagrama de sectores os usos agrícolas da auga en España. Máis de 15.000 millóns de metros cúbicos de auga se distribúen cada ano nas explotacións agrícolas do noso Estado. Contribúen a mellorar a produtividade dos cultivos. Máis da metade da auga consumida destínase a cultivos herbáceos anuais, isto é, cereais (millo, trigo, cebada,...) que melloran o seu rendemento co rego artificial. En proporción descendente, un terzo do rego vai parar á horticultura mediterránea e a superficies de cultivos leñosos plurianuais que son típicos do secaño mediterráneo (vide, oliveira), mais aos que tamén se aplica o rego para incrementar produtividade. Un 10% restante é consumido por cultivos industriais como o tabaco, algodón ou remolacha azucareira. Coa finalidade de mellorar a eficiencia do rego, exténdese a modalidade de "pinga a pinga" (60% do total), fronte aos métodos de gravidade e aspersión, que representan o 40% restante.

Mapa de coropletas que reflicte a concentración da SAU en distintos tipos de explotacións segundo os datos do Censo Agrario 2020, publicados polo INE. O mapa, publicado por @eldiarioes, reflicte a progresiva concentración da propiedade, especialmente nas terras de secaño do interior peninsular.

Dehesa salmantina
Viticultura heroica(río Sil)
Viñedos de Valdepeñas
Regadíos de cultivos industriais (León)
Oliveiras de Xaén
Paisaxe cerealista de secaño da submeseta Norte
Gandería ovina en Aragón
Cítricos na horta valenciana
O "mar de plástico" de Almería
Fresón de Palos (Huelva)
Viñedos de La Geria (Lanzarote)
Plataneiras de La Palma
Gandería bovina estabulada (Cantabria)
Gandería caprina extensiva en Canarias
Gandería bovina para carne (Pireneo)