Want to make creations as awesome as this one?

Breve presentación acerca do tema

Transcript

Migracións en España

"O Grande Trauma (así, con maiúsculas) consiste en que o país se urbanizou nun intre. En menos de vinte anos, as cidades doblaron e triplicaron o seu tamaño, mentres enormes extensións do interior que nunca estiveron moi poboadas remataron de baleirarse e entraron no que os xeógrafos chaman o ciclo do declive rural. Entre 1950 e 1970 producíuse o éxodo. Aínda que a finais do século XIX a emigración do campo á cidade (e da Península a Latinoamérica) foi constante, nesas dúas décadas, millóns de persoas fixeron a viaxe de ida. As capitais colapsaron e os construtores non deron abasto para levantar bloques de casas baratas nas periferias, que se encheron de chabolas. En moi pouco tempo, o campo mudou abandoado. Milleiros de aldeas desapareceron e outros milleiros quedaron como residencia de anciáns, sen nengunha actividade económica e sen os servizos máis elementais. Outros milleiros de persoas foron expulsadas das súas casas a punta de pistola pola garda civil para honrar unha política hidráulica que inundaba vales con pobos enteiros dentro. E non conto aos millóns de españois que, neses mesmos vinte anos, emigraron a Europa e Latinoamérica, a meirande parte desde pobos e viliñas arruinados. A paisaxe que pintou ese Grande Trauma define o país e deixou unha pegada enorme nos seus habitantes. Hai unha España na que vive unha poutada de españois, mais hai outra España baleira que vive na mente e na memoria de millóns de españois." Sergio del Molino: "La España vacía."

"Quizás conveña cartografiar e pór números a ese país que chamo a España baleira. O primeiro que chama a atención é que é un país sen mar. Correspóndese, a grandes trazos, co que xeograficamente é a meseta peninsular máis a depresión do Ebro. (...) Un territorio enorme para os estándares europeos. Se non semella máis grande débese á proxección Mercator dos mapamundi, que distorsiona o tamaño dos países e represéntaos máis grandes do que en verdade son canto máis perto dos polos se atopan. (...) A España baleira é un territorio extenso que, ademáis, non ten cidades. Excluín Madrid dela. Madrid sería un burato negro en torno ao que orbita un grande baleiro. En total, a España baleira na súa versión máis restritiva exténdese por 268.083 quilómetros cadrados sen costa e cunha notable elevación sobre o nivel do mar. Ocupa máis da metade do total de España, o 53% do territorio. Nela viven 7.317.420 persoas, o que supón o 15,8% da poboación española (46,7 millóns). Só hai unha cidade que supera o medio millón de persoas, Zaragoza. A segunda máis importante, Valladolid, ten 300.000. O resto vive en núcleos de menos de 100.000 habitantes. Se contamos só aos empadroados en pobos (excluíndo capitais de provincia e autonómicas), saen 4.636.050. É dicir, un de cada dez españois. Isto significa que, en algo máis da metade do territorio (o 53%) vive o 15,6% da poboación, ou o 9,9% se descontamos os centros administrativos. Dito doutro xeito, que o 84,8% dos españois viven apretados no 48% do territorio." Sergio del Molino: "La España vacía."

"Os xeógrafos coñecen este fenómeno como declive rural, e está expresado nun modelo con formas de círculo vizoso. O sector agrario, ao mecanizarse, require moita menos man de obra. Os xoves que non poden empregarse no campo emigran á cidade, o que repercute nunha redución dos servizos e infraestruturas e unha caída da taxa de creación de novas empresas. Polo tanto, os postos de traballo, non só os agrícolas, senón todos os demáis, minguan e máis xente ten que emigrar, espeicalmente os xoves. Ao final, só quedan os anciáns, que rematan por irse á cidade tamén se non se lles dota de servizos básicos como unha boa atención sanitaria. Se non se rompe este círculo do declive rural, é cuestión de tempo que a zona quede deserta." Sergio del Molino: "La España vacía."

"O campo baleirouse de pronto, mentres Madrid, Barcelona e Bilbao doblaron e triplicaron o seu tamaño. Outras cidades, como Valencia, Zaragoza, Sevilla ou Málaga, tamén medraron moito no mesmo período, chegando mesmo a doblar a súa superficie, mais sen os problemas de compresión, chabolismo e pobreza que houbo nas tres primeiras urbes. Asimesmo, todas as capitais de provincia medraron. Os campesiños fuxían primeiro á cidade máis próxima. Cando esta se saturaba, porque o seu mercado de traballo non podía absorber máis man de obra, buscaban unha cidade máis grande. A comezos do século XXI houbo outra febre do tixolo, mais relacionada coa especulación de terreos urbáns e a corrupción política. Eran edificios que non atendían a unha demanda de aloxamento. Pode dicirse que as cidades españolas son en realidade moi recentes. Os seus cascos históricos, estables durante séculos, reducíronse a un bairro pintoresco e a cotío arruinado, poboado por xente miserábel e marxinal. (...) Hai dous estilos urbanísticos que dominan as urbes españolas: o desarrollista dos anos 50 e 60, e o residencialista (termo que invento) dos anos 1990 e 2000." Sergio del Molino: "La España vacía."

"Nengún ditador maltratou tanto e tan persistentemente a España rural coma Franco. Non só propiciou o éxodo que causou o Grande Trauma e que fixo insalvábeis e irreversíbeis os desequilibrios entre campo e cidade, sen que ata a data os milleiros de millóns gastados en axudas e todos os planos de desenvolvemento e as políticas agrarias europeas teñan podido revertilo, senón que machacou con crueldade o seu xeito de vida, facéndoa imposíbel. É coñecida a súa febre por construir encoros que servían para abastecer de auga e electricidade ás grandes vilas que non paraban de medrar. Moitos asulagaron vales habitados, nos que os viciños foron desaloxados forzosamente sen dereito a réplica. Quen non aceptaba a expropiación, saía da súa casa arrastrado pola garda civil. As súas políticas económicas, coa súa ansia por industrializar o país a toda presa, arruinaron moitas comarcas fráxiles, que precisaban investimentos para modernizar os seus cultivos e infraestruturas e que, diante da perspectiva de esmorecer nun mercado de subsistencia, emigraron á cidade. Todos os sectores agrarios que non foron quen de orientarse cara á produción masiva e a exportación, como os cítricos ou o arroz, desapareceron en poucos anos. Moitos destes costumes seguiron trala morte do ditador, ata ben entrada a década de 1980, cando a Política Agraria Común europea cambiou o panorama, intensificando moitos destes trazos." Sergio del Molino: "La España vacía."

Emigración española a Europa no período final do franquismo

O inmigrante-tipo correspóndese cun varón (aínda que no caso da inmigración centro e sudamericana predominan as mulleres) de 32 anos (se ben na inmigración procedente da UE hai un grupo considerable de persoas xubiladas) que traballa no sector servizos e procede, preferentemente, de Iberoamérica. Sen embargo, a situación xeográfica de España ás portas de África ofrece unha vía de entrada significativa para a inmigración subsahariana de cara ao espazo Schengen, moitas veces a traverso de rutas irregulares.