Want to make creations as awesome as this one?

Recomendacións de lecturas para o Nadal

Transcript

1º - 2º ESO

El principito, Antoine de Saint-Éxupery

Le petit Nicolas, Goscinny Sempé

La isla negra, Hergé

1º - 2º ESO

Xestas olímpicas, Héctor Cajaraville

O moucho voa, Miguel Vázquez

Da Carapuchiña ao señor Lamote, Miguel Vázquez

1º - 2º ESO

Irene. A porteira, Xulia Pizón e Óscar Losada

El papiro del César, Goscinny,Urdezo et Ferry

Chiens et chats, Dominique Renaud

1º - 2º ESO

O xardín dos deuses

Os raspiñeiros, de Mary Norton

O rei Cuu, de Adam Stower

Arrietty, unha rapaza diminuta, vive coa súa familia baixo o chan dunha casa que non lles pertence. Todos eles son raspiñeiros, que viven decote a aventura de ir buscar provisións de toda clase, tentando non ser “vistos” polos seus xigantescos veciños humanos. Pero un día Arrietty coñece un rapaz humano, e todo cambia.

Ben Pole está escapando do seu arquiinimigo Monty Grabbe cando descobre un bosque con tirolinas, tobogáns de auga, Herbert o wombat e, o mellor de todo, o REI CUU. Pero coidado! Monty e os seus secuaces teñen un plan ruín, así que Ben e mais Cuu deberán usar todo o seu enxeño para estragalo. Esta obra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución e/ou edición do ano 2019.

Este é o terceiro libro que escribo sobre unha estancia de toda a miña familia na illa de Corfú, antes da última guerra mundial. A algúns estrañaralles que aínda atope material para escribir sobre esa época da miña vida. Permítaseme sinalar que naqueles tempos eramos relativamente podentes, ricos sen ningunha dúbida para o nivel de Grecia; ningún de nós traballaba no sentido habitual da palabra, e polo tanto dedicabamos a maior parte do tempo a pasalo ben.

1º - 2º ESO

Sherlock, Lupin y yo, vols. 1, 2 e 3.

Alma de elefante, de Andrea Maceiras

Ronia, de Astrid Lindgren

Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. A Suy parécelle imposible: o é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta dás outras meniñas: cústalle expresar vos seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas.

A noite na que Ronia, a filla do bandoleiro, veu ó mundo, houbo unha tronada tan forte sobre as montañas que o castelo de Mattis quedou dividido en dúas partes, separadas por un precipicio. A súa vida transcorre nunha delas, coa única compaña do clan que lidera o seu pai. Cando se fai maior, comeza a explorar o mundo fóra do castelo e a marabillarse coa natureza. Un día, o clan rival múdase á outra parte do castelo, e deste xeito Ronia coñece a Birk, o fillo do xefe, e buscarán superar os conflitos entre os dous grupos para salvar a súa amizade.

1º - 2º ESO

La chica del andén de enfrente, de Jorge Gómez Soto

Sin filtros, de Maria Carme Roca

La luna en el agua, de Celia Domínguez Luis

Una historia de intriga, enredos, malentendidos y mucho humor. Sin filtros.

La vida a los trece años puede ser complicada pero compartir los problemas con un amigo la hace más fácil.

3º - 4º ESO

Persépolis , Marjane Satrapi

La vuelta al mundo en 80 días, Jules Verne

Valerosas, Pénélope Bagieu

3º - 4º ESO

Persépolis , Marjane Satrapi

Elisa e Marcela. Amigas e amantes, Narciso de Gabriel

Manuel María, buscando un país, Manuel Veiga Taboada

3º - 4º ESO

As rapazas non saben pegar, T.S. Easton

O equipo Chascadentes, Eduard Bass

A flor perdida do Xamán de K, Davide Morosinotto

3º - 4º ESO

Astérix nos xogos olímpicos, R.Goscinny e A.Uderzo

A proba de auga,

Estrelas galegas da ciencia, Maite Vence

3º - 4º ESO

El rastro brillante del caracol, de Gemma Lienas

El arte de ser nosotros, de Inma Rubiales

La cuenta atrás para el verano de La Vecina Rubia

3º - 4º ESO

Los niños del muelle, de Mónica Rodríguez

Donde vuelan las cometas, de Miquel Rayó

El almacén de las palabras terribles, de Elia Barceló

Premio Fundación Cuatrogatos 2021Selección OEPLI, 2020Destino significa «lugar de llegada», pero también «encadenamiento fatal de sucesos». Algunos piensan que nuestras acciones pueden modificar ese destino. Quién sabe. Desde luego Rodrigo, el hijo único de la familia Morales, no lo sabía ni le interesaba lo más mínimo. Quizá, si lo hubiese pensado, no hubiera sido expulsado de su tiempo, perdiéndolo todo. Un Santander de principios del siglo XIX y una vieja tuerta e inquietante le recibirán con toda su dureza.

Talia no quería decirle a su madre esas terribles palabras, pero lo hizo y ahora es imposible borrarlas. Es demasiado tarde. Su madre se ha marchado de casa y sus padres no se reconciliarán nunca. Sin embargo, quizás no todo esté perdido. Existe un lugar, un lugar que está oculto y al que Talia deberá ir sola: el almacén de las palabras terribles. Allí descubrirá la importancia de las palabras y conocerá a Pablo, que, como ella, busca también una solución a su problema.

3º - 4º ESO

Furia, María Reimóndez

Lo encontré bajo el sofá, Eloy Moreno

3º - 4º ESO

Arsène Lupin - Le bouchon de cristal, Maurice Leblanc

Titeuf - Así es la vida chaval, Zep Zep

3º - 4º ESO

Que no se olvide, de Marina Velasco Marta

Síbaris, de Domingo Villar

XVI Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Salamandra Graphic 2023 Que non se esqueza é un recordatorio da importancia de dar voz a narrativas silenciadas e unha celebración da diferenza, pero é tamén unha advertencia do moito que queda por facer na loita polos dereitos deste colectivo.

Domingo Villar deixou rematada esta obra de teatro e entregouna á Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza protagonizada por un escritor que se atopa nun bloqueo creativo dende hai anos. Sobre todo é unha obra moi divertida. Así, desfilan pola escena as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria, que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias dos que se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces despiadada, mais sempre lúcida, arredor da literatura e de todo o que a rodea.

3º - 4º ESO

Ninfa rota, de Alfredo Gómez Cerdá

Biografía de un cuerpo, de Mónica Rodríguez

El rostro de la sombra, de Alfredo Gómez Cerdá

3º - 4º ESO

O pacto do letargo, de Miguelanxo Prado

Café Budapest, de Alfonso Zapico

Dublinés, de Alfonso Zapico

3º - 4º ESO

La ciudad de los prodigios, de Eduardo Mendoza

Patria, de Fernando Aramburu

Misuk, la chica del año

No período comprendido entre as dúas Exposicións Universais de Barcelona de 1888 e 1929, co pano de fondo dunha cidade tumultuosa, axitada e pintoresca, real e ficticia, asistimos ás andanzas de Onofre Bouvila, inmigrante paupérrimo, repartidor de propaganda anarquista e vendedor ambulante de crecepelo, e a súa ascensión á cima do poder financeiro e delituoso. Mendoza, na novela orixinal, proponnos un singularísimo avatar da novela picaresca e un brillante carrusel imaxinativo dos mitos e fastos locais. Unha fantasía satírica e lúdica cuxo sólido soporte realista inicial non exclúe a fabulación libérrima.

O día en que ETA anuncia o abandono das armas, Bittori diríxese ao cemiterio para contarlle á tumba do seu marido o Txato, asasinado os terroristas, que decidiu volver á casa onde viviron. Poderá convivir con quen a acosaron antes e despois do atentado que trastornou a súa vida e a da súa familia? Poderá saber quen foi o encapuchado que un día chuvioso matou o seu marido, cando volvía da súa empresa de transportes?

O ritmo único, os poderosos diálogos e un orixinal estilo de debuxo que resalta as paisaxes, dan como resultado un manwha exquisito que provoca emocións únicas. Esta é a historia de Misuk. Un relato sobre a soidade que se pode sentir vivindo en familia e sobre o dano que nos provocan os seres queridos. Pero tamén é unha historia de autodescubrimiento, do difícil camiño cara á madurez, da necesidade que temos de querer e sentirnos queridos, e das cicatrices que o paso do tempo deixa no corpo e na alma. El chámase Ayumu e no seu novo instituto ve que un compañeiro sofre acoso escolar. Ayumu será incapaz de mirar para outro lado...

Familias e público adulto

La trenza , Laëtitia Colombani

Rojo y negro, Sthendal

Los trozos de madera de dios, Ousmane Sembène

Primera sangre, Amélie Nothomb

Recursos inhumanos, Pierre Lemaitre

Familias e público adulto

Familias e público adulto

Azucre, de Bibiana Candia

Lúa nova, de Irene Montero

O que me quedaba por dicirche, de Alberto Mancebo

Galiza, mediados do século xix. O país está asolado pola fame e a enfermidade. A única saída para os mozos como Orestes Veiga pasa por buscar un futuro mellor en Cuba. Inxenuos pero cargados de ilusión, acabarán traballando nos campos de azucre de Urbano Feijóo de Sotomayor. Pero este empresario non espera traballadores, senón escravos . E é que o seu obxectivo é substituír os escravos africanos por compatriotas novos. Será entón cando descubran que «con sangue se fai o azucre». “Azucre” unha novela breve que Bibiana Candia converte nunha epopea impoñente coa forza e concisión da súa prosa. Unha viaxe hipnótica, baseada en feitos reais, que recupera un período escuro da nosa historia, marcada por un colonialismo desapiadado como o que reflectía Joseph Conrad no seu “O corazón do negror”.

Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada tropezo coa axuda imprescindible de quen a rodea. Mais chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas, do seu futuro... Os cambios sempre asustan, tamén a Lúa, que ata agora se atreveu con todo.

A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver. En «O que me quedaba por dicirche» Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.

Familias e público adulto

As alumnas, de Paula Carballeira.

Río Miño, de Xesús Fraga

Xa vemos palmeiras, de Ana Cabaleiro

Premio Follas Novas 2023 á mellor Obra de teatro Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.

XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes Nesta viaxe natural e contemplativa, narrada con concisión e enxeño, o narrador convídanos a acompañalo polo fluxo dos regatos do río primordial de Galicia, pero tamén polas terras que o abranguen, como a Terra Chá, Lugo, Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo de Miño.

Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha excursión ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha travesía singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.

Familias e público adulto

A parte fácil, de Ismael Ramos

A ferida imaxinaria, de Berta Dávila

Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijoo

A ferida imaxinaria conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acuario e unha casa de cristal, a vida corrente e a vida de artista, a amizade entre persoas descoñecidas, as identidades duplas e a viaxe como única maneira de permanencia son algúns dos elementos dunha novela que fala da busca de consolo e en cuxas páxinas xorde unha melodía inesperada que dá conta das feridas da existencia. Berta Dávila crea personaxes, situacións e paisaxes nunca antes vistas e, así e todo, absolutamente próximas e familiares; concibe unha fabulación ateigada de imprevistos, consonancias simbólicas e paralelismos temáticos capaz de producir, coma nos movementos dun ballet, unha sutileza narrativa onde nada carece de senso, e onde todo flúe para provocar o asombro.

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas...

Familias e público adultoPoesía

Antoloxía Pensar é escuro, de Luísa Villalta

Os días adiados, de Correa Corredoira

Ensayo de una despedida, de Francisco Brines

Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.

Sinopsis

Persépolis nos cuenta la revolución islámica iraní vista desde los ojos de una niña que asiste atónita al cambio profundo que experimentan su país y su familia, mientras ella debe aprender a llevar el velo. Intensamente personal y profundamente político, el relato autobiográfico de Marjane Satrapi examina qué significa crecer en un ambiente de guerra y represión política.

Sinopsis

Viví así, solo, sin nadie con quien hablar verdaderamente, hasta que tuve una avería en el desierto del Sahara, hace seis años. Algo se había roto en mi motor. Y como no tenía conmigo ni mecánico ni pasajeros, me dispuse a realizar, solo, una reparación difícil. Era, para mí, cuestión de vida o muerte. Tenía agua apenas para ocho días. La primera noche dormí sobre la arena a mil millas de toda tierra habitada. Estaba más aislado que un náufrago sobre una balsa en medio del océano. Imaginaos, pues, mi sorpresa cuando, al romper el día, me despertó una extraña vocecita que decía: Por favor..., ¡dibújame un cordero!

Sinopsis

¿Puede el paro convertirnos en una bomba de relojería? Con humor, crudeza y un realismo brutal, Lemaitre explora el lado más inmoral del mundo empresarial y los efectos perversos que el desempleo puede llegar a tener en cualquiera de nosotros.

Sinopsis

Amélie Nothomb narra la historia de su padre antes de que naciera ella. Una vida llena de peripecias que la autora convierte en gran literatura.

Sinopsis

L.Colombani aborda las historias de tres mujeres que, nacidas en continentes muy dispares, comparten unas ideas y sentimientos que las unen en un poderoso anhelo de libertad. Smita, Giulia y Sarah no se conocen, pero tienen en común el empuje y el tesón de las mujeres que rechazan lo que el destino les ha reservado y se rebelan contra las circunstancias que las oprimen. Como hilos invisibles, sus caminos se entrelazan, formando una trenza que simboliza la voluntad inquebrantable de vivir con esperanza e ilusión.

Sinopse

Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil. Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña? Era Alicia unha nena burguesa? Contra a absurda concepción de opoñer unha cultura «elevada» fronte á literatura infantil e xuvenil. Un libro para coñecer a literatura galega universal.

Sinopse

Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a das súas figuras e descubertas científicas máis significativas.

Sinopsis

Théo habite un quartier tranquille. Mais un jour, ses parents et ses voisins reçoivent un courrier étrange où il est écrit: je n'aime pas les chiens. Ici, tout le monde aime les chiens. Mais alors, qui a écrit ces lettres?Théo vive en un barrio tranquilo. Pero un día, sus padres y sus vecinos reciben un correo extraño donde está escrito: no me gustan los perros. Aquí, a todo el mundo le gustan los perros. Pero entonces, ¿quién a escrito estas cartas?

Sinopse

Fleur ten dezaseis anos, dous bos amigos (Blossom e Pip) e un mozo maior ca ela, que os seus pais adoran.

Sinopsis

Rojo y Negro narra la historia de Julien Sorel, que está convencido de que su educación le permitirá ascender de categoría social. Amores y ambiciones se entremezclarán en su vida, urdiendo los hilos de una trama que desembocará en tragedia.

Sinopse

O cómic rescata a historia de Irene González Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos vinte do pasado século, Tal e como sinala Óscar Losada o de Irene González é un caso único no mundo. Na década dos vinte do século pasado foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu nome: o Irene F.C. As crónicas deportivas da época destácana como boa porteira e sinalan que os penaltis sempre os tiraba ela.

Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e he-roínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles.

Sinopse

Sinopse

Perú, 1986. Cando Laila ingresa na clínica neurolóxica de Lima non pasa desapercibida: a filla dun diplomático finlandés e o seu cabelo moi louro intrigan os xoves pacientes do Departamento de Pediatría. Especialmente a El Rato, o rapaz coa lingua máis longa que Laila coñeceu. Os dous atopan accidentalmente un estraño diario, escrito en 1941 por un tal doutor Clarke, e quedan fascinados polo debuxo dunha flor rara utilizada polos xamáns da tribo de K., que segundo as notas de Clarke ten un gran poder curativo. Xusto nese momento chega o diagnóstico para Laila: os médicos por fin conseguiron darlle un nome á súa enfermidade, un nome que non deixa esperanzas. Ou talvez si.

Sinopsis

Valerosas es el retrato de quince mujeres que reinventaron su destino pese a las circunstancias adversas de la vida. Desde científicas, actrices o activistas, estas mujeres son valerosas, atrevidas, decididas y lucharon por conseguir sus sueños y salir adelante en sus respectivos periodos históricos. Muchas de ellas saltaron por los aires los prejuicios sociales y nos demostraron que echarle valor y perseverancia no es cosa solo de hombres.

Sinopse

Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. "Furia" non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.

Sinopsis

Verán de 1870, Sherlock Holmes, Arsène Lupin e Irene Adler coñécense en Saint-Malo. O tres deberían estar a gozar das súas vacacións, pero o destino reservoulles algo distinto. Os mozos vense envoltos nun bulebule criminal...

Sinopsis

La mirada de un preadolescente genial sobre la vida, los adultos, el amor y el sexo. Recopilatorio de los álbumes 2, 3 y 4 de la serie sobre Titeuf, que harán las delicias de sus lectores con las aventuras cotidianas de este chaval de 10 años, ingenuo y alborotado a partes iguales. Un personaje top que ha conquistado el corazón de sus lectores, tanto en Francia como en España.

Sinopse

O moucho voa é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da filosofía política. A filosofía ocúpase dos asuntos que nos preocupan a todas as persoas e proporciónanos instrumentos para pensar con maior rigor, para facer das nosas vidas unhas vidas plenas. Porque as grandes ideas filosóficas tamén interesan ao común da xente.

Sinopse

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano.

Sinopse

Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva. Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta. Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu.

Sinopsis

Tintín emprende esta vez un viaje a Escocia siguiendo la pista de unos malhechores. Descubrirá el secreto que encierran los muros del castillo de Ben More, en la isla Negra, y a su misterioso monstruo.

Sinopsis

La maestra está preocupada, el fotógrafo se seca la frente, el Bouillon se pone rojo, las mamás se ven mal, y el inspector se fue tan rápido como llegó. ¡Sin embargo Geoffroy, Agnan, Eudes, Rufus, Clotaire, Maixent, Alceste, Joachim y el Pequeño Nicolás son siempre tan sabios! En esta primera colección Goscinny y Sempé se inspiran en sus recuerdos de infancia para hacernos descubrir al Pequeño Nicolás y a su grupo de amigos.

Sinopsis

En 1873, el Imperio británico abarcaba medio mundo y los avances tecnológicos hacían posible que un millonario como Phileas Fogg, uno de los grandes personajes de Verne, diera la vuelta al mundo en ochenta días valiéndose de todos los medios de transporte imaginables. Exotismo, persecuciones, erudición y una ingeniosa vuelta de tuerca final se unen en un clásico imperecedero de la novela de aventuras que sigue maravillando más de un siglo después de su publicación.

Sinopsis

Una noche, un tapón de cristal llega al bolsillo de Arsène Lupin y desaparece misteriosamente... ¿Por qué este objeto es tan buscado? ¿Y por quién? Una vez más, Arsène Lupin se encontrará con personajes intrigantes y se encontrará en situaciones asombrosas. Cómplice de un robo, ¿va a escapar a la policía? ¿Va a aclarar el misterio del tapón de cristal?

Sinopsis

El 10 de octubre de 1947, los 20.000 ferroviarios de la línea Dakar (Senegal)-Bamako (Malí), autodenominados "trozos de madera de Dios", se declararon en huelga. Un durísimo enfrentamiento, crisol de diferentes y variadas luchas -anticolonial, obrera, feministaà- que durará cinco meses y que marcará un punto de inflexión en las relaciones entre la población y la administración colonial.

Sinopse

Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido.