Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Quiz de actualidade

COMEZAR ➛

QUIZ ACTUALIDADE

Resolvede este quiz no que que se formulan seis preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes reflexionar sobre cal é a resposta máis acertada.Podedes xogar como xogo cooperativo entre toda a clase, ou formar equipos que compitan entre si para ver quen acerta antes a pregunta formulada. Neste último caso, gañará o grupo que teña máis acertos ao final do xogo.

Débese interpretar como un posible delito de odio no que se ataca a unha persoa por pertencer a un determinado grupo social (como a súa procedencia, xénero, raza ou relixión).

É unha resposta racista, pero debida a actitudes de chularía do xogador. Non se pode provocar a xente e despois dicir que te atacan polas túas características persoais.

Foto de Africa Mayi Reyes en Flickr.com

É un caso de racismo no fútbol.

Aínda que é grave, é un caso illado e tense que pór no contexto do xogo.

Como describirías o caso Vinicius?

Pregunta 1 de 6

Ver créditos

O caso Vinicius é un posible delito de odio e así o denunciou LaLiga. Os insultos con base racista son tan habituais na nosa sociedade que nos afixemos a eles e, ás veces, non os percibimos ou non lles damos importancia. O feito de que se produzan nun contexto de xogo e entretemento fai que sexan especialmente perigosos porque quedan asociados á diversión e camúflanse como brincadeiras. Os insultos racistas son unha manifestación de violencia, unha vulneración dos dereitos fundamentais e non poden xustificarse pola maneira de ser ou a actitude da persoa que os recibe.

- Débese interpretar como un posible delito de odio -

continuar ➛

Resposta correcta!

Pregunta 1 de 6

Ver créditos

O odio é un sentimento que pode manifestarse ou non. En caso de facelo, pode orixinar malentendidos, que non se considerarán delito se non existe unha agresión física por unha das partes. Non se pode castigar a ninguén polo simple feito de odiar.

É unha expresión que se utiliza para definir actitudes reprobables cara a determinados colectivos, como os insultos. Aínda que estas actitudes se consideran faltas graves segundo a lei, en ningún caso hai consecuencias punitivas máis aló dunha amoestación.

CRÉDITOS

É unha expresión que agrupa varios delitos tipificados no Código Penal español e que poden supor penas de cárcere para as persoas adultas e outro tipo de sancións legais para os menores de idade ou as súas familias.

Que é un delito de odio?

Pregunta 2 de 6

Ver créditos

Aínda que o odio é un sentimento, existe ademais unha figura legal chamada “delito de odio” que se refire aos delitos cometidos contra as persoas ou bens materiais baseándose nos prexuízos cara a un colectivo ou determinadas persoas por pertencer a un grupo social (pode ter que ver coa idade, a relixión, a orixe, a orientación sexual, etc.). As persoas acusadas de delitos de odio poden ser xulgadas e, se se demostra a súa culpabilidade, castigadas.

- É unha expresión que agrupa varios delitos tipificados no Código Penal español -

continuar ➛

Resposta correcta!

Pregunta 2 de 6

Ver créditos

Se non hai denuncia previa, a policía non pode iniciar unha investigación: sería difícil determinar se todo o que aparece nas redes sociais é real ou non.

Pescudar sen que haxa unha denuncia previa é una vulneración do dereito á intimidade tanto de quen gravou o vídeo como das persoas que saen nel.

É unha maneira necesaria de protexer os dereitos de persoas que, por medo, descoñecemento, ameazas ou outras razóns, non poden denunciar a súa situación.

Que che parece que a policía poida investigar de oficio (sen denuncia previa) algo que viu en vídeos nas redes sociais? Por exemplo, unha agresión transfóbica gravada no metro.

Pregunta 3 de 6

Ver créditos

Unha investigación de oficio é a que realiza a policía cando ten coñecemento dun feito delituoso (sen necesidade de que ninguén o denunciase) e decide iniciar unha pescuda. Por exemplo, faino por mor duns vídeos ou de comentarios que aparecen nas redes sociais. En primeiro lugar, comeza por analizar a información para asegurarse de que non é unha montaxe e realmente hai delito. Moitos delitos moi graves (como a pornografía infantil) descóbrense por investigacións da policía sen que haxa denuncia previa.

- É unha maneira necesaria de protexer os dereitos de persoas -

continuar ➛

Resposta correcta!

Pregunta 3 de 6

Ver créditos

Un grupo de rap dos anos 90 de Minnesota (Estados Unidos). As súas letras abordan temas sociais e de loita contra a discriminación racial.

Unha asociación pro dereitos civís fundada en 1960 en Estados Unidos por Martin Luther King.

Un movemento social xurdido en Estados Unidos en 2013 para darlle visibilidade á violencia racista exercida hoxe en día contra as persoas negras en Estados Unidos.

Que é "Black Lives Matter" (BLM)?

Pregunta 4 de 6

Ver créditos

O movemento Black Lives Matter naceu en 2013, cando un tribunal absolveu o vixilante veciñal que matou dun disparo a Trayvon Martin, de 17 anos, que ía desarmado. Moitas persoas acharon que tanto o crime como a sentenza son racistas e que ese racismo contribúe a que as persoas negras de Estados Unidos sufran un maior risco de violencia, así como outras vulneracións de dereitos.

- Un movemento social xurdido en Estados Unidos en 2013 -

continuar ➛

Resposta correcta!

Pregunta 4 de 6

Ver créditos

É unha maneira de falar dos medios para referirse a asasinatos que se cometen nas guerras. É obvio que nas guerras hai “crimes” porque se trata de abater o inimigo por tódolos medios.

Refírense aos actos terroristas das bandas armadas rebeldes e dos mercenarios de guerra. Os exércitos dos países non cometen crimes de guerra porque son militares e a súa profesión é loitar.

Son infraccións do Dereito Internacional Humanitario que ás veces se producen nos conflitos. Pode cometelas calquera bando e xúlgaas un tribunal internacional nos Países Baixos.

Nas noticias, cando se informa sobre conflitos armados, ás veces fálase de "crimes de guerra". A que se refiren?

Pregunta 5 de 6

Ver créditos

As guerras tamén teñen regras e están recollidas en varias leis internacionais, incluída a convención de Xenebra. Considéranse crimes de guerra o maltrato a prisioneiros, o xenocidio, a toma e execución de reféns, a pillaxe, a devastación inxustificada, as violacións, as torturas, o ataque a hospitais e escolas, e o uso de armas químicas, entre outros.

- Son infraccións do Dereito Internacional Humanitario que ás veces se producen nos conflitos -

Resposta correcta!

continuar ➛

Pregunta 5 de 6

Ver créditos

As redes son o mellor lugar para atopar información independente, actualizada e completa sobre cuestións moi polémicas, como as guerras e os actos violentos.

Non podemos fiarnos de absolutamente nada do que se diga en redes sociais: todo é mentira.

As redes sociais poden axudarnos a saber que temas están de actualidade, pero moita xente opina sen saber ou con mala intención e non todo o que se di nelas é certo.

Como adoitan tratar as redes sociais as novas sobre violencia que vimos nos exemplos anteriores?

Pregunta 6 de 6

Ver créditos

As redes sociais tiveron un papel positivo na mobilización da sociedade arredor de causas sociais importantes. Porén, as redes permiten que algunhas persoas manipulen a información lanzando loiadas e fake news. As redes tamén poden ser un medio de violencia e contribuír aos delitos de odio. Para protexer o noso dereito á información, é importante contrastar as novas que aparecen nas redes sociais, aprender a recoñecer as fontes fiables e desconfiar das mensaxes moi polarizadas.

- As redes sociais poden axudarnos a saber que temas están de actualidade -

Resposta correcta!

continuar ➛

Pregunta 6 de 6

Ver créditos

Parabén! Finalizaches o quiz!

Benfeito :)

Inicio

Créditos

www.unicef.es/educa

Conceptualización e produción:Eduxarxa, sccl Decembro de 2023 Financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orde DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Terceiro Sector -Exp.77/22FINANCIA:

Os materiais educativos, recursos e actividades sobre dereitos da infancia, desenvolvemento sostible e cidadanía global forman parte do traballo en Educación en Dereitos da Infancia de UNICEF Comité Español.

Inicio

Queres tentalo de novo?

Oh, non!

QUIZ actualidade

volver ↵