4.2 ABRE A PORTA CORRECTA
EducaDerechos UNICEF
Created on December 1, 2023
Over 30 million people create interactive content in Genially
Check out what others have designed:
MODALS 1 BACH MARIO GAME
Quizzes
ANIMALS BY CATEGORY
Quizzes
DRACULA ESL
Quizzes
TRUE FALSE GEOGRAPHY
Quizzes
ENGLISH SCHOOL VOCABULARY
Quizzes
PARTS OF SPEECH REVIEW
Quizzes
RECYCLING SORTING GAME
Quizzes
Transcript
Abre a porta correcta
COMEZAR
Abride tódalas portas resolvendo cada unha das preguntas. En cada pantalla aparece unha pregunta e varias portas cunha resposta sobre o fomento do respecto e a non violencia. Só unha desas portas conduce á resposta correcta. Para poder chegar ao final, deberedes abrir as cinco portas.
Non, é unha calidade innata que algunhas persoas posúen porque están máis seguras de si mesmas ou teñen máis capacidade de introspección. Ademais, é algo que só se pode valorar na idade adulta, porque os nenos, nenas e adolescentes son moi inmaturos para desenvolvelo.
Si, tanto o autorrespecto como o respecto polos demais son actitudes educables, xa sexa en familia, na escola ou noutros ámbitos próximos ao neno / á nena. Ademais, é unha calidade que evoluciona ao longo do desenvolvemento infantil.
CRÉDITOS
O autorrespecto e o respecto cara aos demais son esenciais para entender e protexer os nosos dereitos e os dereitos doutras persoas, así como para construír relacións respectuosas e un ambiente de concordia e paz. Cres que o autorrespecto é educable?
Si, porque a asertividade é a capacidade de expresar qué sentimos e opinamos en cada intre, con tranquilidade e serenidade, pero con firmeza, sen necesidade de imporlle nada a ninguén e respectando os demais.
Non, porque é unha calidade estreitamente relacionada coa capacidade de liderado na idade adulta; se se fomenta moi cedo, os nenos e as nenas pódense volver respondóns e aprender a saír sempre coa súa.
CRÉDITOS
A asertividade é fundamental para acadar unha relación de respecto cun mesmo / cunha mesma e cos demais. Débese fomentar a asertividade en nenos, nenas e adolescentes?
Os nenos, nenas e adolescentes deben sentirse libres de rexeitar enérxica e rotundamente calquera petición que non lles apeteza; ninguén debe dicirlles que facer, como ou cando. O autorrespecto esixe impor a propia opinión fronte a dos demais.
Os nenos, nenas e adolescentes precisan saber que poden rexeitar as peticións doutras persoas que claramente os prexudican sen sentir vergoña ou medo ao “que pensarán”, nin ceder para quedar ben. Ademais, poden ser firmes na súa negativa, pero expresándoa con tranquilidade, sen necesidade de anoxarse.
Os nenos, nenas e adolescentes deben seguir sempre as indicacións das persoas adultas ou doutros nenos / doutras nenas de maior idade, ser confiados/confiadas e non levarlles a contraria porque, aínda que algunhas cousas non lles gusten, hai que respectar a xerarquía.
CRÉDITOS
Saber dicir que non, marcar límites, é unha parte importante da asertividade e, ademais, axuda os nenos, nenas e adolescentes a autoprotexerse fronte a abusos, humillacións e outros maltratos. Como abordarías isto educativamente?
É importante axudalos a aprender a escoitar dende a primeira infancia, controlando a súa impulsividade e fomentando a empatía. Escoitar de xeito activo cando nos contan cousas é tamén importante, para que poidan aprender co exemplo.
É moi difícil que os nenos e as nenas poidan practicar a escoita activa, a súa mente non está preparada para isto. É mellor agardar á adolescencia, cando se comeza a madurar neste sentido.
Se a escoita activa non se practica dende a máis tenra infancia, dificilmente se acada en estadios máis tardíos. O uso de móbiles e outros dispositivos entorpece esta práctica ao chegar a adolescencia.
CRÉDITOS
A escoita activa é unha habilidade que consiste en conversar con conciencia plena coa persoa interlocutora, prestando atención ao que di, sen interromper, sen xulgar... facéndolle ver que nos importa o que conta. Como podemos motivar a nenos, nenas e adolescentes para que a practiquen?
Non pode usarse ata a adolescencia porque os nenos e nenas máis pequenos non entenden as normas de tráfico e non poden facer a axeitada transferencia de aprendizaxes. Por esta mesma razón, é especialmente efectiva en persoas que xa teñen idade de conducir.
É unha metáfora que funciona moi ben con nenos e nenas pequenos, pero de difícil aplicación en persoas de máis de dez ou once anos. Os/as adolescentes adoitan considerala moi infantil e raramente a aplican.
Para o alumnado de tódolos niveis e idades, mesmo persoas adultas, e en diferentes contextos educativos (formais, non formais e informais).
CRÉDITOS
A técnica do semáforo das emocións serve para traballar educativamente a xestión de emocións como a ira, a rabia, o medo... Para que tipo de alumnado coidas que pode serlle útil?
Conseguiches sair!
Parabén!
CRÉDITOS
Os materiais educativos, recursos e actividades sobre dereitos da infancia, desenvolvemento sostible e cidadanía global forman parte do traballo en Educación en Dereitos da Infancia de UNICEF Comité Español.
Conceptualización e produción: Eduxarxa, sccl Decembro de 2023 Financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orde DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Terceiro Sector -Exp.77/22 FINANCIA:
www.unicef.es/educa
Nunc eget elit ultrices, gravida dolor vitae, congue sapien. Maecenas quis pretium ante. Phasellus felis velit, volutpat pretium eros in, posuere ornare urna.