Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

COMEZAR

TRIVIAL

Resolvede as preguntas deste trivial no que as preguntas están relacionadas co tema da non violencia.

PREGUNTA 1: ESPECTÁCULOS

En que película quedan os protagonistas á marxe dos prexuízos e a violencia instalados na sociedade que os rodea?

A

Cabalo de batalla

B

O neno co pixama de raias

C

A vida é bela

CRÉDITOS

Explicación

O neno do pixama de raias (Mark Herman, 2008), baseada no libro homónimo de John Boyne, amosa a amizade franca e sen prexuízos entre dous nenos: o fillo dun oficial nazi e un xudeu pechado nun campo de concentración durante a Segunda Guerra Mundial.

CRÉDITOS

PREGUNTA 2: XEOGRAFIA

Onde está e por que é coñecida actualmente a illa de Lesbos?

C

Está en Grecia e é famosa por acoller campos de refuxiados, que chegaron a aloxar milleiros de persoas.

B

A

Está en Grecia e, durante un tempo, xestáronse alí diversas reivindicacións relacionadas cos dereitos humanos, lideradas por ONG europeas.

Está en Grecia e actualmente volveuse falar dela porque algúns escritores relacionados coa defensa dos dereitos humanos celebraron neste lugar congresos de carácter internacional.

D

Está en Turquía e actualmente fálase dela porque recibe moitos migrantes procedentes das costas africanas e Oriente Próximo.

CRÉDITOS

Explicación

A illa grega de Lesbos, no mar Exeo, acollía o maior campo de refuxiados de Europa (o de Moria), que chegou a reunir máis de 20.000 persoas vivindo en condicións moi precarias. Este campo quedou destruído en 2020 a causa dun incendio. Actualmente, Lesbos segue a acoller outros campos de refuxiados procedentes de Oriente Próximo e África.

CRÉDITOS

PREGUNTA 3: historia

Unha destas guerras está acaecendo ao mesmo tempo cá de Ucraína. Porén, case non oímos falar dela...

B

A

Guerra de Crimea

B

Guerra civilangolana

C

Guerra civil iemení

D

Guerra de secesión americana

CRÉDITOS

Explicación

A guerra civil iemení (Iemen, península arábiga) estalou en 2015 a causa dun golpe de Estado en contra do presidente Al-Hadi, e aínda está activa (2023). Calcúlase que causou o desprazamento interno de 4,5 millóns de persoas e a morte de máis de 233.000 persoas.

CRÉDITOS

PREGUNTA 4: CIENCIAS

A auga é un ben necesario para manter a paz. A falta de recursos tan necesarios como a auga leva a desigualdades sociais, situacións de emerxencia e mesmo a conflitos armados.

B

VERDADEIRO

FALSO

CRÉDITOS

Explicación

O acceso á auga potable é fundamental para o crecemento e o desenvolvemento sostible das comunidades humanas. É necesario para garantir a alimentación, a saúde física e emocional das persoas, así como a igualdade. Ademais, o dominio de recursos tan valiosos como a auga pode levar a enfrontamentos entre comunidades.

CRÉDITOS

PREGUNTA 5: deportes

Que é a tradición grega da ekecheiria?

C

Unha lei da antiga Grecia que obrigaba os mellores atletas dos Xogos Olímpicos a participar nas guerras, sobre todo en accións que requirían grandes corredores ou persoas especialmente adoitas no lanzamento de pesos.

B

A

Na antiga Grecia, parábanse as guerras temporalmente para que os guerreiros puidesen participar nos Xogos Olímpicos.

Un deporte que practicaban algúns atletas baseado nos principios da loita libre e do cal facíanse grandes exhibicións nas Olimpíadas, tentando cambiar a perspectiva bélica desta práctica para achegala ao espírito deportivo.

CRÉDITOS

Explicación

Na antiga Grecia instábase a deter tódolos conflitos bélicos para que se puidesen celebrar os Xogos Olímpicos, tradición chamada ekecheiria. En 1992, o Comité Olímpico Internacional propuxo recuperar esta tradición e instar os países participantes nas Olimpíadas a respectar unha "tregua olímpica", parando tódolos conflitos bélicos.

CRÉDITOS

PREGUNTA 6: arte E literatura

Cal destes cadros se pintou como denuncia das consecuencias dos conflitos bélicos?

B

A

O berro, de Edvard Munch.

B

C

Guernica, de Pablo Picasso.

O triunfo da morte, de Pieter Brueghel el Viejo.

CRÉDITOS

Explicación

Pablo Picasso pintou o seu cadro Guernica en 1937, querendo reflectir o arrepío da guerra civil española e o bombardeo sobre a cidade vasca que lle dá título ao cadro. O berro, de Edvard Munch, que data de 1893, expresa a anguria existencial do artista. O triunfo da morte, de Brueghel, pintado entre 1562 e 1563, fala do triunfo da morte sobre todas as cousas terreas, máis que da guerra en si.

CRÉDITOS

Quiz REMATADO!

CRÉDITOS

www.unicef.es/educa

Conceptualización e produción:Eduxarxa, sccl Decembro de 2023 Financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orde DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Terceiro Sector -Exp.77/22FINANCIA:

Os materiais educativos, recursos e actividades sobre dereitos da infancia, desenvolvemento sostible e cidadanía global forman parte do traballo en Educación en Dereitos da Infancia de UNICEF Comité Español.

TÍTULO