Want to make creations as awesome as this one?

Dá a coñecer as regras dalgúns xogos populares.

Transcript

comezar

Departamento de Educación Física

Aprende as regras dos xogos

IES San Paio

preme na foto

Aprende a xogar. Pasa o cursor por riba para saber o nome do xogo e preme para saber as regras

MOURÓN REDONDO

MOURÓN DOS PARES

CAIXA DE OVOS

LABIRINTO CON TRES BOLAS

PESCAR BOTELLAS

QUEBRACABEZAS DA L INVERTIDA

RAPOSA E GANSOS

XOGO DA CHOCA

XOGO DO MOVEMENTO

XOGO DAS CURVAS

XOGO DAS FRECHAS

XOGO DAS PARELLAS

XOGO DAS RODELAS

XOGO DE ALBA

XOGO DO BOLICHE

XOGO DO CANDELABRO

XOGO DO COLGADOIRO

XOGO DO REMO

XOGO DOS CANANGAS

XOGO DOS HÚSARES

XOGO DOS VENTURIÑAS

ZANCOS DE CORDA

ZOCA VERTICAL

XOGO DOS PITINTOLOS

XOGO DOS PASMÓNS

Hai que tirar cinco discos de madeira para tentar metelos no oco do pé da zoca de madeira.Os lanzamentos fanse desde unha marca no chan, que non se pode pisar.A puntuación acadada é a suma dos discos que entran na zoca.

Zoca vertical

Pode xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.Pode xogarse de xeito individual, por parellas ou equipos.

Xogo cooperativo no que poden participar até oito persoas, que teñen que coller un dos tiradores que están unidos por unha corda á peza de madeira da que colga unha argola.No chan hai colocados oito tapóns de cortiza que teñen unha alcaiata na parte de arriba.O obxectivo do xogo é enganchar os tapóns e encaixalos nos buratos que teñen os brazos do candelabro.No caso de cair algún tapón, hai que colocalo na posición inicial.

Xogo do candelabro

Compiten dous xogadores que dispoñen de cadanseu disco de madeira.Alternativamente os participantes teñen que golpear cun dedo o seu disco, na procura de metelo no burato do campo contrario.A posición do seguinte disparo é aquela na que remata o disco, e gaña quen chega primeiro aos cinco tantos. Antes sortéase o xogador que inicia o xogo.Ao comezar a partida e despois de cada tanto, hai que facer os lanzamentos desde o campo propio.

Xogo dos pitintolos

Consta de unha choca, que está colgada e 5 discos de ferro.Hai que tirar os pellos desde unha marca do chan, que non se pode pisar, procurando que batan na choca e a fagan soar.Súmase un punto por cada pello que lle toque.Pode xogarse a un número de puntos ou de lanzamentos acordado previamente.Particípase de xeito individual.

Xogo da choca

Compiten dous xogadores, un cunha bola branca (raposa) e outro con trece bolas verdes (gansos). Os gansos gañan se inmobilizan á raposa e a raposa gaña se elimina dez gansos.O xogo comeza na posición que se ve na foto e os gansos fan o primiero movimento. Os gansos móvense sempre en horizontal ou vertical, nunca en diagonal. A raposa pode moverse en todoas as direccións a unha casiña adxacenteA raposa pode eliminar os gansos saltando por riba deles e pode comer vários nuha xogada.Os gansos comidos saen do taboleiro.

Raposa e gansos

Cada xogador ten que lanzar cinco estrobos, na procura de que queden nos ganchos numerados que hai no remo.Os lanzamentos fanse desde unha marca do chan que non se pode pisar.A puntuación acadada é a suma dos puntos dos estrobos que quedan enganchados.

Xogo do remo

Pode xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.Pode xogarse de xeito individual, por parellas ou equipos.

Quebracabezas de metal que consta de dúas pezas iguais que están engarzadas.O obxectivo do xogoé separar unha peza da outra, sen forzalas, e unha vez feito voltar a unilas.É unha versión popular deste tipo de enredos, e os xogadores con pouca experiancia adoitan resolvelo facilmente.Para conseguilo hai que ir probando as distintas opcións posíbeis.

Quebracabezas da L invertida

Hai que lanzar cinco argolas de corda desde a marca feita no chan, que non se pode pisar. A puntuación acadada é a suma dos puntos das argolas que acaben rodeando as figuras numeradas.As partidas poden xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.Pódese xogar de xeito individual, por parellas ou por equipos.

Mourón dos pares

Participan catro xogadores que teñen en cada campo cinco discos de madeira.O xogo consiste en pasar o máis rápido posíbel os discos ao campo contrario.Hai que deslizalos contra as gomas, sempre coas xemas dos dedos, para que saian disparados cara adiante e se metan polo burato.Gaña quen primeiro pasa os cinco discos.Non se deben coller os discos cos dedos para evitar os golpes dos do contrario.Xógase a un número de partidas previamente acordado.

Xogo de Alba

Cada xogador ten que facer rodar sobre o taboleiro cinco rodelas de madeira, na procura de metlas nas caixas numeradas.A puntuación acadada é a suma das que entran totalmente nas caixas.

Xogo das rodelas

Pode xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.Pode xogarse de xeito individual, por parellas ou equipos.

Temos que coller o labirinto de madeira nas mans e colocar as tres bolas de aceiro no canal exterior do mesmoO obxectivo do xogo é conseguir meter as tres bolas de aceiro no círculo central do labirinto. Hai que mover o taboleiro a modo para que as bolas se deslicen até o centro do mesmo.

Labirinto con tres bolas

Hai que lanzar cinco discos de madeira na procura de que queden dentro das flaneiras.Lánzase desde a marca que hai no chan, que non se pode pisar.A puntuación acadada é a suma do valor onde rematan os discos.Pode xogarse a unha puntuación previamente acordada ou por númerode lanzamentos.Pode xogarse de xeito individual, por parellas ou por equipos.

Xogo dos venturiñas

Hai que lanzar contra o colgadoiro de madeira cinco argolas de corda desde a marca do chan, que non se pode pisar.Súmase un punto por cada unha das argolas que terminan enganchadas nel.Pode xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.Pode xogarse de xeito individual, por parellas ou equipos.

Xogo do colgadoiro

Cada xogador ten que lanzar cinco discos de madeira, tentando metelos nas casiñas numeradas do taboleiro que está no chan.Lánzase desde a marca, que non se pode pisar.A puntuación acadada é a suma dos que rematan dentro das casiñas.As partidas poden xogarse a unha puntuación acordada previamente ou a un número determinado de lanzamentos.Pode xogarse individualmente, por parellas ou equipos.

Caixa de ovos

Neste xogo compiten duas persoas que teñen que coller o taboleiro polas andas e movelo na procura de que a bóla de madeira entre nun dos oito buratos de catro cores que ten o taboleiro.Hai que xogara mod, e non facer movementos bruscos, para evitar lesións nos pulsos.As andas están pintadas coas cores de cada xogador e súmase un punto cada vez que a bóla entra nun burato.Adoita xogarse a cinco partidas gañadas.

Xogo dos húsares

Hai que lanzar contra o mourón as cinco argolas de corda, desde a marca que hai no chan que non se pode pisar.Súmase un punto por cada unha das argolas que acaben rodeando calquera dos espigos.As partidas poden xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos. Pódese xogar de xeito invividual, por parellas ou por equipos.

Mourón Redondo

Os participantes tñen que lanzar cinco frechas de madeira desde a marca feita no chan, que non se pode pisar.O obxectivo do xogo é que as frechas rematen dentro do froreiro de metal que hai no chan.A puntuación acadada é a suma das frechas que rematen dentro del.Pode xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.Pode xogarse individualmente, por parellas ou equipos.

Xogo das frechas

O boliche, tamén coñecido como balero, é un xogo de malabraes que ten moitas variantes.Trátase dun simple mango de madeira unido por unha fina corda a unha peza, que pode ser: unha argola, unha bola ou unha cunca,O obxectivo do xogo é balancear a corda, na procura de que a peza que colga dela chegue a introducirse no mango.

Xogo do boliche

Cada un dos participantes dispón dunha cana de madeira con tanza e anzol, coa que ten que conseguir pescar pola alcaiata, as tres pezas de madeira que hai no taboleiro, pousado no chan, e cambialas aos espazos libres que ten.Pódese xogar polo simple pracer de conseguir pescar as pezas ou competir con outros xogadores por ser o máis rápido en facelo.Xógase de xeito individual.

Xogo dos pasmóns

Cada unha das persoas participantes dispón dunha cana de madeira con tanza e unha argola de corda.O xogo consiste en meter a argola pola boca da botella de madeira que está pousada no chan.Pódese xogar polo pracer de meter a argola ou competir con outros participantes para ser o primeiro en facelo.Xógase de xeito individual.

Pescar botellas

O xogo consta de cinco bolas de madeira e un taboleiro numerado do cero ao dez.Os xogadores teñen que ir colocando as bolas na táboa con curvas do taboleiro co obxectivo de que estas cheguen o máis lonxe posíbel, movendo o mando redondo do xogo.A puntuación acadada é a suma das casiñas onde rematan as bolas.

Xogo das curvas

Sentamos na cadeira que hai diante do xogo que está no chan e hai que colocar os pés enriba da táboa redonda pequena.Para xogar hai que mover suavemente os pés para transmitir o movemento á táboa redonda grande, na procura de meter cada unha das catro bólas nun burato.

Xogo da transmisión do movemento

Xogo cooperativo no que participan dous xogadores que teñen que coller polas andas o taboleiro onde hai catro bólas de cristal. O obxectivo do xogo é mover o taboleiro, a modo, na procura de que cada unha das bólas remate dentro dun dos buratos que hai.É imprescindíbel a coordenación entre os dous xogadores.Haioutra modalidade na que participa un só xogador apoiando o taboleiro enriba dunha mesa.

Xogo dos canangas

Participan dous xogadores, que alternativamente deben levantar na sua quenda dúas tapas das caixas, na procura de atopar as parellas ocultas.Cando se atopan as parellas hai que deixar as caixas destapadas e, de non conseguilo, hai que poñelas no seu sitio.Gaña quen consigue encontrar máis parellas. Cada xogador debe colocar as tapas das suas parellas ao lado para saber despois cantas fixo.

Xogo das parellas

Os xogadores teñen que subirse aos zancos e, despois de agarrar as cordas, andar sobre eles.É un xogo pensado para nenos pequenos mais tamén pode ser xogado por adultos.Pode xogarse para pasalo bem ou facer carreiras entre participantes, vendo quen fai un determinado percorrido en menos tempo.

Zancos de corda