Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

BEYONCÉ

Horizontal infographics

ONE MINUTE ON THE INTERNET

Horizontal infographics

Transcript

Observa_Acción

IES A Cachada

IES Sofía Casanova

Descrición

Descrición obxectiva da visita e das observacións de aula

Valoración

Valoración das sesión(s) de reflexión

Proposta

Confluencia

Difusión

MEMORIA DA FASE II

Confluencia na realización da memoria co outro centro educativo

Proposta de colaboración

Participantes

Confluencia Dada a boa sintonía establecida entre os equipos da Cachada e o Sofía Casanova, decidimos realizar a memoria da Fase II da Observa-Acción de xeito conxunto. A elaboración da memoria colaborativa veu a reforzar as sesións de reflexión, permitíndonos afondar conxuntamente nas ideas tratadas na observación dos compañeiros e compañeiras do outro centro. A memoria conxunta propiciou o establecementeo dunha relación máis estreita que tamén repercitíu nas propostas de colaboración futura.

Participantes Nesta segunda fase II, só poidemos facer a mobilidade 5 profesoras/es por cada centro, isto provocou que moito profesorado que participou na primeira fase non puidera viaxar. Con todo, o profesorado que non puido observar quixo seguir colaborando co proxecto sendo observados e participando na visita do outro centro. No IES Sofía Casanova os participantes foron: Sixto Sanjosé, Marta Varela Caínzos, Paula Saldaña Lourido, Emilio Sebio Puñal, María Teresa Somoza Rodríguez, María Teresa Observados e observadoresLeira Bouzamayor, EvaCrespo Esteban, RaquelRodríguez Bergara, José AndrésVilasánchez Seoane, JoséObservados

Teresa Somoza Son docente de Francés. A miña pasión é a aprendizaxe e o ensino das linguas estranxeiras, impartín tamén Alemán. Posúo o nivel B2 de Inglés, Italiano e Alemán. Penso que a aprendizaxe das linguas estranxeiras abre un camiño necesario e indispensable para o alumnado. Mediante o seu estudo e práctica adquiren competencias básicas para todos os ámbitos da súa traxectoria profesional e vital. Sempre é positivo observar outras metodoloxías, outras prácticas docentes, os profesores temos a obriga de estar continuamente investigando e descubrindo novas técnicas adaptadas á diversidade da aula. É por iso a miña participación no programa Observa – Acción, tendo xa participado en Proxectos Erasmus sobre integración e diversidade de alumnado en Alemaña e Irlanda.

Marta Sixto A miña vocación, dende nena, era ser profe de Mates, pero a vida levoume por outros camiños... Despois de máis de 25 anos traballando coma enxeñeira na empresa privada, decidín dar un paso adiante, preparei as oposicións e este ano conseguín, por fin, cumprir o meu soño. Estou feliz!!

  • Nesta etapa inicial coma docente, ter a posibilidade de observar a outras compañeiras con máis experiencia e bagaxe, resúltame moi enriquecedor e necesario.
  • Góstame ser observada para poder detectar posibilidades de mellora e tamén para poder amosar como intento trasladar á docencia as competencias que acadei durante a miña experiencia profesional previa.

Teresa Sebio Puñal Son profesora de Tecnoloxía desde o 2002 e directora do IES Sofía Casanova desde o 2015. Teño paixón polas novas tecnoloxías e a súa integración no proceso de ensino e aprendizaxe. Creo firmemente que a tecnoloxía pode ser unha ferramenta poderosa para empoderar aos nosos estudantes e preparalos para enfrontar os desafíos do mundo actual. Sempre estou a buscar novas formas de utilizar as tecnoloxías na aula e encántame explorar as últimas tendencias e ferramentas dixitais. Tamén son curiosa por natureza. Encántame aprender e creo que a aprendizaxe continua é fundamental para estar ao día nun mundo en constante evolución. Como directora do centro, estou comprometida co desenvolvemento profesional do persoal docente e apoio a implementación de novas estratexias pedagóxicas baseadas na investigación e as mellores prácticas. A participación nesta convocatoria permítenos seguir mellorando as nosas competencias profesionais a través da observación, reflexión e da colaboración.

Paula Varela Nacín cun balón debaixo do brazo, por iso tiven claro qué estudar e a que adicarme. Encántame ver á rapazada implicada nas diversas actividades físicas propostas e que leven un estilo de vida saudable. Para iso, tento basearme no seus gustos, ser orixinal diseñando as diferentes sesións e, cando teño tempo, argallo novas actividades motivadoras, sen quedarme na miña zona de confort. • Gústame observar a outro profesorado para aprender técnicas e metodoloxías motivadoras, estratexias de control do grupo-clase e competencias inclusivas de toda a diversidade de alumnado que temos na aula. • Ser observada é motivante para min xa que é a mostra do traballo realizado a diario no pavillón, e para o meu alumnado porque son capaces de mostrar todo o que aprenden e a motivación que teñen cara a materia.

Emilio Saldaña Ola, son Emilio, profesor de filosofía e de valores. Levo toda a vida no Sofía, con decirvos que cando entrei, os departamentos chamábanse seminarios….Teño pasado por tantos cambios de plans de estudos e de contidos nas diversas materias que xa só sei que non sei nada. Ultimamente ademais fago de secretario, o que me converteu nun claustral moi popular porque son quen anda a dar os cartos. O que, igual que no consello escolar, nesto tamén teño voz (e man) pero non voto, polo menos non decisivo. Ando por riba metido nalgunha cousa extracurricular, como un obradoiro de microescritura que este ano contratou a un profesional para facer unhas cantas sesións. Gustaron moito. Tamén pertenzo ao club de lectura de novela gráfica, asunto moi moderno no que convivimos con zombies, mulleres iranianas, superhéroes vingativos e louridas románticas inglesas. Hai máis cousas no ceo e na terra das que se soñan na filosofía.

Gloria Santos Molinos Descubrín a miña vocación nada mais comezar a carreira de Bioloxía na USC. Dende ben cativa me sentín atraída polo mundo natural, en todas as súas dimensións, e disfruto cada día transmitindo eses sentimentos ao meu alumnado. Para min, cada día na clase é un reto e, sobre todo, conseguir atopar novas formas de achegar a materia alumnado para obter así unha maior rendabilidade.

  • Creo que é moi enriquecedor ter a posibilidade de ver, dende dentro, outra forma de xestionar a aula, de empregar dinámicas de aula ás que cada docente soe empregar. Ademáis, paréceme fundamental a búsqueda de motivación, que nos obrigue a saír da zona de confort.
  • Ao docente que me observe na aula podería aportarlle o emprego das TAC como ferramenta de aprendizaxe do alumnado.

Ana Moreiras Boas! Eu son Ana, luguesa de vocación e profe de Tecno de oficio. Quixera ter estudado Artes, pero estudei Física de Partículas para finalmente adicarme a ser profe Tecnoloxía, que como di Silvio, no es lo mismo pero es igual que ter estudado Artes :) Por que? Porque a Tecnoloxía é unha materia moi creativa e que fomenta a partir de proxectos conectados coa realidade próxima a aprendizaxe significativa. Creo que o alumnado ten que manipular para comprender e tamén que hai que prender nel a semente da curiosidade, do esforzo por superarse, da gana de xogar e resolver situacións cun sorriso. Colaboro no proxecto de cine e aulas Olloboi (olloboi.com) e noutras andainas que lían ecoloxía, ciencia e compromiso.

  • Gústame observar outras prácticas educativas para non caer na autocomplacencia e así seguir aprendendo.
  • Que me observen sácame da miña zona de confort e motívame para mellorar. Supoño que o que podo ofrecer é a perspectiva de quen leva anos ensaiando metodoloxías e, pouco a pouco, vai chegando ó simple, á esencia.

Luísa Rodríguez Queiruga Aos 14 anos decidín ser profe de castelá, aínda que botei un bo puñado deles dando clase individuais de todas as materias que existían daquela no currículo da ESO. Sempre fun un pouco autodidacta, mais agora preciso reciclaxe con urxencia. Son a actual Directora do IES A Cachada.

  • Quero observar porque teño a necesidade urxente de actualizar as ferramentas docentes para unhas xeracións que usan moitas apps para pseudocomunicarse.
  • Se me observan podo demostrar que o tradicional tamén ensina de xeito efectivo. Falo da palabra e o razoamento.

Alba Pérez Argibay Dende que teño uso de razón sinto unha especial paixón pola Arqueoloxía e pola Historia. A ensinanza foi algo totalmente vocacional. Non dou nada por sentado e son moi crítica comigo mesma; sempre estou pensando novas formas de aprendizaxe para o alumnado e encántame aprender dos meus compañeiros e compañeiras.

  • Gústame aprender de forma práctica e ver in situ a aplicación de teorías educativas, xa que é moito máis efectivo ca calquera formación teórica.
  • O que podo aportar como profesora observada é a constatación de que un clima distendido e creativo pode axudar a implicar o alumnado dunha forma práctica nunha materia tradicionalmente teórica.

Digna Lampón Levo 11 anos dando clase regrada e algún máis en clases particulares, e desde o primeiro momento comprendín que para ensinar cómpre ir ao gran: reducir os conceptos teóricos e fomentar unha aprendizaxe máis manipulativa. Na miña experiencia, é fundamental que o alumnado pase horas nos laboratorios tradicionais. Gustaríame incorporalos de forma mais frecuente nas clases así como aprender a guiar proxectos de investigación. Actualmente, son a Secretaria do IES A Cachada.

  • Quero observar para buscar novos enfoques no ensino das ciencias e fuxir da lección tradicional, onde as fórmulas e os problemas parece que son o núcleo desta materia. Tamén me gustaría aprender estratexias de adaptación da materia ao alumnado NEAE, algo que me resulta moi complicado.
  • Podo ser observada nas prácticas: como o alumnado interacciona nun grupo de traballo e cómo son capaces de formular e contrastar ideas dun xeito moi natural.

Galeríade Fotos

compartindo, colaborando, reflexionando e formándonos mutuamente

IES Sofía Casanova coñece o IES A Cachada

Resumo dos aspectos salientados polo equipo de profesores do IES Sofía Casanova con respecto á súa observación do 30 de maio en Boiro.

Esquema da visita

Presentación sobre o IES A Cachada

1

Percorrido por aulas e actividades

2

Reflexións

3

Aspectos globais do centro

Organización e xestión do centro

Observacións na aula

Colaboracións, proxectos, actividades

Atención á diversidade

Lorem ipsum dolor sit amet Consectetur adipiscing elit. Nulla nulla mi, suscipit eget justo ac, posuere porta nulla. Etiam quis commodo lorem. Integer maximus eu neque eget efficitur. Nullam dictum hendrerit urna, sed auctor lorem mattis a. Nullam tempus eros ut sagittis faucibus. Quisque sem nisl, suscipit ac dignissim ut, suscipit sed massa. Quisque elementum magna id nunc dapibus mattis non et ante. DATA 20XXDATA 20XX+1ITEM 123%+5%ITEM 221%+4%ITEM 317%+8%

Material de benvida do IES A Cachada

Entregado na recepción do profesorado do IES Sofía Casanova o 30 de maio en Boiro.

Aspectos globais e plano do centro

Contextualización didáctica das sesións observadas

Observación do programa de acollida a alumnado de Primaria

Folleto descritivo do centro, curso actual

Ver

Organización e xestión do centro A Cachada

  • Organización das aulas por materia (aulas-materia).
  • Aulas amplas e personalizadas polo profesorado.
  • Xestión da biblioteca baseada na participación do alumnado voluntario.
  • Uso de taquillas individuais para material do alumnado.
  • Alta participación do alumnado nas actividades coma o Stargal ou a merenda para a visita dos centros de primaria (preparada polos alumnos).
  • Recordatorio das NOF en cartelería do centro.
  • Identificación das faltas de conductas segundo cores (amarelo, laranxa, vermello) en función da súa gravidade.

Aspectos globais de A Cachada

  • O é utilizado recibidor coma espazo de reunión.
  • Profesorado moi implicado no cumprimento das NOF.
  • Uso de tarxetas individuais para ir ao baño cando o alumnado está castigado por algún motivo.
  • Boa coordinación do equipo directivo.
  • Uso habitual dos espazos exteriores nas actividades académicas: casiña dos maios, xardín da biblioteca…
  • Sinaléctica do centro utilizando pictogramas.
  • Sistema de reciclaxe implantado nas aulas.
  • Pouco uso dos departamentos, concentrando as relacións na sala de profesorado, o que favorece as relacións.
  • Hora de lectura implantada en tódolos niveis.
  • Bo funcionamento da biblioteca con numerosas actividades.
  • Falta de sala de usos múltiples e de salón de actos no centro.

Observacións nas aulas deA Cachada

  • Amplo uso da gamificación (Bioloxía)
  • Traballo colaborativo entre o alumnado na realización de exercicios.
  • Moitas dinámicas de traballo en grupo.
  • Disposición do mobiliario nas aulas (mesas en grupo), que favorece a comunicación.
  • Alumnado con moita autonomía no desenvolvemento dos traballos (Tecnoloxía).
  • Pouco número de alumnos, o que favorece o traballo e o proceso de aprendizaxe.
  • Recurso da Alfombra de respirar para a xestión emocional do alumnado.

Atención á diversidade enA Cachada

  • Uso da biblioteca coma espazo de encontro e lecer, favorece a integración do alumnado con máis dificultades de socialización.
  • Bo traballo de Orientación coordinado coa Dirección.
  • Atención dentro da aula do profesorado de apoio e PT.
  • Actividades na aula atendendo ás intelixencias múltiples (gamificación).
  • Traballo colaborativo por parte do alumnado que favorece a integración.

Colaboracións, proxectos, actividades en A Cachada

  • Boa relación con institucións da contorna cun amplo número de colaboracións co Concello, asociación Amicos, etc.
  • Posibilidades da contorna en canto a uso de espazos (piscina, parque, praia, skate park...).
  • Convenio co Consorcio Galego para procedementos correctores no Centro de Día.
  • Moitas actividades e proxectos do Departamento de Orientación.
  • Numerosos clubes (club do antifás, club de ciencia, club Brigada Verde, club de lectura, apoio ao colectivo LGTBIQ+, etc.)

IES A Cachada coñece o IES Sofía Casanova

Resumo dos aspectos salientados polo equipo de profesoras do IES A Cachada con respecto á súa observación do 6 de xuño en Ferrol.

Aspectos globais do centro

Organización e xestión do centro

Esquema da visita

Observacións na aula

Presentación sobre o Sofía Casanova

1

Percorrido por aulas e actividades

2

Reflexións

3

Colaboracións, proxectos, actividades

Atención á diversidade

Material de benvida do IES Sofía Casanova

Presentado ao profesorado do IES A Cachada na súa visita do 6 de xuño.

Características do centro

Plans e proxectos

Espazos educativos inclusivos

Presentación para o centro visitante

Ver

Organización e xestión do centro Sofía Casanova

  • Descentralización dos espazos de traballo do Equipo Directivo, a súa cohesión e a forma de compartir información entre os seus membros.
  • Organización de actividades con alumnado implicado como os recreos activos. Nota: é necesario profesorado de garda para o bo funcionamento.
  • Existe STEMbac e ten bos resultados: denota traballo en equipo.
  • Permanente revisión e renovación dos espazos comúns do centro.
  • Xestión económica do centro: non existe o presuposto dos departamentos.
  • Dinámicas e programas de innovación variados. PROA, Inclúe, Innova, Edixgal, Erasmus, eTwinning, Observa-Acción, Plan Director, Proxecta, Biblioteca, Make it open, Talentos inclusivos...
  • Desdobramentos na materia de Tecnoloxía e nos laboratorios.

Aspectos globais do Sofía Casanova

  • Limpeza e coidado de espazos e materiais: denota moita educación, civismo e respecto por parte do alumnado
  • Adecuación dos espazos ás dinámicas de traballo: pavillón con equipamento para baile e distintas competicións; Sala profes remozada; Biblioteca con división interna por paneis corredeiros. Gústanos especialmente como se organiza o mobiliario e material nas aulas de informática (e hai 3!), nos dous laboratorios e nos dous talleres.
  • Espazos verdes para alumnado: mesas do xardín exterior para usos variados.
  • Dispoñen (e empregan para dinamizar o centro) dun salón de actos-teatro.
  • Inclusión de actividades do alumnado na cafetería, como os concertos que dan e que amenizan os recreos e horas libres.
  • Alto grao de implicación e participación do alumnado: a contorna promove a convivencia.

Observacións nas aulas do Sofía Casanova

  • Aulas limpas e ordenadas (mesas limpas, mochilas ben colocadas) transmiten unha predisposición axeitada á aprendizaxe.
  • Dinámica da clase de Física: traballo autónomo e uso de folla de cálculo para a autocorrección.
  • Grupos de alumnos e alumnas previamente elexidos polo seu perfil emocional.
  • Bo ratio de alumnado na aula de Francés pero excesiva na aula de Valores: difícil de xestionar de cara a unha atención mais individualizada así como a atención ao alumnado NEAE.
  • Prácticas e proxectos dentro da aula de Tecnoloxía (Microbit, First Lego League)
  • Xestión de espazos e materiais nos talleres e laboratorios: orde, limpeza, bo uso.
  • Disposición de equipos nas aulas de informática: por parellas e enfrontados.
  • Iniciativa saudable de baile e deporte nos recreos e a mostra das habilidades do alumnado, elaborando traballos que todos/as poden disfrutar.

Atención á diversidade no Sofía Casanova

  • Enfoque do plan de benestar emocional á maior diversidade que existe no Sofía Casanova. Elabóranse plans de adquisición de linguas a causa da alta porcentaxe de alumnado inmigrante. Non se manifiestan problemas de integración deste alumnado.
  • O correcto funcionamento da aula de convivencia precisaría dunha maior implicación do profesorado. A xestión de partes de conduta e da aula de convivencia é semellante á do centro de Boiro. Mellorable, pero: como, sen recursos humanos?
  • Reparto de recursos docentes en áreas non só instrumentais (apoio laboratorios e desdobramento en talleres para atención á diversidade).
  • Funcionamento dunha escola de nais/pais.
  • Valoración resultados plan PROA, Inclúe e Innova.
  • Téntase diminuír a ratio na aula con medidas como os desdobramentos.

Colaboracións, proxectos, actividades no Sofía Casanova

  • Un PFPP plural e con alta implicación do centro: síntoma dun Claustro vivo, profesional e participativo.
  • Alta implicación do profesorado no desenvolvemento de actividades.
  • Moi interesantes proxectos educativos que inclúen á comunidade: veciñanza, colectivos desfavorecidos, persoal non docente...
  • Impresionante traballo en proxectos STEAM interdisciplinares (parten da Tecnoloxía): Make it open, Talentos inclusivos...
  • Colaboración produtiva co CFR, coa Universidade Coruña, ASPACE, CITIC e outros organismos.
  • Actividades interesantes para o alumnado, extraescolares e puntuais, como Taller de escritura creativa.

Propostas para seguir traballando xuntas

  • Equipo de traballo para compartir boas prácticas.
  • Intercambios deportivos (diversas competicións deportivas), ben visitando cada un dos centros, ben en forma de retos deportivos (envío de vídeos), para motivar ao alumnado.
  • Intercambio de alumnos tomando como base un proxecto común.
  • Deseño de propostas de aprendizaxe para que o alumnado dos dous centros traballe en común.
  • Colaboración nun proxecto intercentro a nivel de cdc, ou de algunhas materias, onde fixeramos unha análise da contorna con intercambio de datos das investigacións para sacar conclusións en común.
  • Encontros de clubs de lectura ou escritura.
  • Intercambios literarios entre Bibliotecas
  • Mostra mutua de proxectos tecnolóxicos: un convite á feira STARgal e un convite voso ó evento exhibitivo que consideredes. Grupo de alumnado reducido a partir dun CP Innova.
  • Espazo común en eTwinning.
  • Viaxe con alumnado para que, entre eles, tamén se conten todas as actividades realizadas e realizar algunha en común con algún produto final que quedara para a posteridade.
  • Compartir recursos e documentación de xestión e organización interna.
  • Colaborar en proxectos do club de ciencias e implementación de novas tecnoloxías, promocionando as competencias stem desde o inicio da etapa de secundaria.

Todos os contidos visuais, incluíndo imaxes e vídeos, presentes neste proxecto,cumpren coas leis de propiedade intelectual e os dereitos dos creadores. Comprometémonos a utilizar unicamente aqueles elementos gráficos para os cales contamos cos permisos necesarios ou que están baixo licenzas libres de dereitos. Valoramos profundamente a creatividade e o traballo dos artistas, fotógrafos e creadores de contidos, e esforzámonos por recoñecer e respectar os seus dereitos.

Dereitos de autor