Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Comezar

Coñeces a Cidade Vella?

Que hai no seu interior?

Unha estatua de Hércules

Unha estatua da virxe embarazada

Unha estatua de Xesucristo

1/12

A igrexa de Santiago é unha das igrexas máis importantes da nosa cidade, o templo coruñés principal e máis antigo.

Seguinte

1/12

Correcto!! No seu interior alberga dúas tallas da Virxe, embarazada e dando de mamar, de alto valor artístico. Tamén inclúe unhas aras romanas procedentes da Torre de Hércules do século II d. C.

Saberías de que estilo arquitectónico é?

Románico

Greco

Gótico

2/12

A Igrexa de Santiago, nas súas orixes, estaba dedicada aos peregrinos que viñan a Compostela por mar.

Seguinte

2/12

Correcto!! A Igrexa de Santiago foi contruida no século XII aínda que posúe elementos oxivais dos S.XIV e XV e reconstrucións de varias épocas por sufrir varios incendios.

Que outro monumento podemos observar?

Un cruceiro

Unha estatua

Un busto

3/12

Praza da Constitución, presidida polo edificio da Capitanía Xeral e adxacente á praza de Azcárraga, recibía a mesma denominación histórica ata que tras a guerra civil recibiu a súa propia denominación. Nesta praza ademais dunha fonte e dous canóns....

Seguinte

3/12

Correcto!! Nesta praza atopamos unha fonte, un cruceiro e dous canóns apuntando á Capitanía Xeral.

Que Real Académia se atopa agora na Casa-Museo de Emilia Pardo Barzán?

Real Academia Coruñesa

Real Academia Española

Real Academia Galega

4/12

A Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán sitúase na Rúa Tabernas, dentro da Cidade Vella na Coruña.

Seguinte

4/12

Correcto!! Ao longo da súa historia, a Real Academia Galega foi ocupando diversas localizacións sempre dentro da cidade da Coruña. No ano 1978, mudouse o actual edificio, a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

En que ano Emilia Pardo Bazán empezou a residir nesta casa?

1851

1854

1855

5/12

Emilia Pardo Bazán naceu o 19 de setembro do 1851 en A Coruña e aos seus curtos 4 anos foise vivir á casa que abandonou en 1869 aos 18 anos.

Seguinte

5/12

Correcto!! Emilia Pardo Bazán era filla dunha familia nobre e adiñeirada. Ademais desta casa na Coruña, tiñan outra cerca de Sanxenxo e outra nas aforas da Coruña (O pazo de Meirás).

Que persoa morreu na batalla de Elviña e agora está nunha tumba nos Xardíns?

Mike Anderson Tower

William Coler

6/12

O xardín de San Carlos foi construído no século XIV como castelo defensivo fora das murallas, e uniuse á cidade vella no século XVI. Posteriormente foi declarado ‘ Conxunto Histórico-Artístico’ xunto coas murallas defensivas.

Sir John Moore

Seguinte

6/12

Correcto!! No transcurso da Batalla de Elviña de 1809, en plena Guerra da Independencia. En nome dos ingleses, aliados dos españois, Moore intentou frear o avance das tropas francesas mentres gañaba tempo para reembarcar. O xardín, de deseño romántico, está ordenado en torno á tumba do heroe.

De todas as árbores que hai, cal é a que máis destaca?

Acacia

Olmo centiario

Álamo Branco

7/12

Nos Xardíns de San Carlos hai numerosas especies diferentes de árbores. Agora moitas persoas considérano unha das atraccións turísticas máis importantes da Coruña.

Seguinte

7/12

Correcto!! Numerosas especies de árbores tanto autóctonas coma exóticas están presentes no xardín, das que destacan dous xigantescos olmos centearios.

Onde está situada?

Rúa Herrerías, 14, 15404 A Coruña

Rúa Herrerías, 28, 15001 A Coruña

Av. de Peruleiro, 30, 15011 A Coruña

8/12

A Casa Museo de Maria Pita está destinada a difundir a figura da heroína coruñesa. María Pita loitou contra a Armada Inglesa en 1589 capitaneada por Francis Drake e a súa xesta liberou á cidade da invasión.

Seguinte

8/12

Correcto!! Ademais de coñecer de primeira man a vida da heroína coruñesa, nesta casa museo ofrécese un repaso da realidade histórica dos séculos XVI e XVII na Coruña, así como exposicións temporais.

Antigamente era coñecida por outro nome. Sabes cal era?

Praza da comida

Praza do desexo

Praza da Fariña

9/12

A praza de Azcárraga foi durante algúns séculos a praza principal da cidade, e hoxe en día unha das favoritas dos Coruñeses e coruñesas.

Seguinte

9//12

Correcto!! Para os naturais da Cidade Vella foi sempre a praza da Fariña, xa que neste lugar efectuábase o tradicional mercado no que se vendía tan prezado produto.

Como se chama?

Fonte dos desexos

Fonte da Alegría

Fonte de Azcárraga

10/12

Actualmente no centro da praza hai unha fonte.

Seguinte

10/12

Correcto!! A fonte está coroada por unha escultura de muller tallada en bronce que representa ao desexo, e que porta na súa man dereita un farol.

En que está escrito o seu nome?

Nunha placa

Nun taboleiro de madeira

Non hai nada

11/12

Na rúa Principe, 3 está a casa que foi residencia da poetisa Galega Rosalía de Castro e o seu esposo Manuel Murguía entre 1870 e 1879. Na actualidade hai un momumento que recorda que viviu aquí pero...

Seguinte

11/12

Correcto! Neste edificio do século XVIII, de cinco plantas, ocuparon unha delas. Aquí foi onde naceu a sua quinta filla, Amara.

Sabes con que outro nome é coñecida?

Santa María do Prado

Santa María do Mar

Santa María das Flores

12/12

A Colexiata Santa María do Campo é unha igrexa de estilo románico-oxival, construída entre os séculos XII ao XIV. Situábase fóra das antigas murallas da cidade, de aí provén o seu nome.

Seguinte

12/12

Correcto!! Tamén é coñecida co nome Santa María do Mar, por ser a antiga igrexa do gremio dos mareantes. Durante longo tempo mantívose o costume entre os mariñeiros e navegantes de efectuar a súa primeira visita a esta igrexa, en canto regresaban do mar, en sinal de agradecemento por arribar felizmente a porto.

Volve a intentalo

Comezar de novo

Parabéns!