Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Arcebispo Xelmírez II

Descrición obxectiva da visita e descrición das aulas

Aspectos globais O IES de Vilamarín é un centro de FP situado nun medio rural. A súa oferta educativa inclúe CB Cociña e restauración, CB Actividades de Panadaría e Pastelaría; CS e CM de cociña e servizos de restauración, CS de xestión de aloxamentos O seu pequeno tamaño, con ao redor de 200 alumnos/as e uns 50 docentes , facilita unha relación moi próxima entre o profesorado e o alumnado e minimiza os problemas de convivencia, limitados practicamente a FPB. Sumado todo isto ao feito de seguir estudos prácticos acordes coas súas expectativas laborais , garante a motivación do alumnado e un notable éxito académico.Percibimos que é un centro innovador , en transformación e evolución, que tenta mellorar os seus procesos e resultados, a oferta educativa e incrementar o alumnado, ofrecendo un deseño de proxectos innovadores e participación en convocatorias da Consellería .A súa oferta está en continua mellora e adaptación ás necesidades da contorna , o mercado laboral e novas tipoloxías de formación profesional .Ten o hándicap de que parte do seu alumnado ten que desprazarse dende outras localidades.

1 Estrutura

2 Actividades

5 Xestión e coordinación

3 Atención á diversidade

4 Observación

O centro conta con varios edificios de moita antigüidade (1989) ou reformados recentemente. Son luminosos , amplos para o volume de alumnado, e en xeral ben equipados. Tamén conta con invernadoiros, talleres, almacéns e outras dependencias.Hai unha residencia mixta con 36 estudantes en habitacións dobres , a un precio asequible, que pode verse reducido se o alumnado participa en determinadas tarefas

Chamounos a atención a cantidade de proxectos en que están involucrados , tanto da Consellería como con axentes económicos e sociais externos. A xestión e desenvolvemento de todos eles é moi meritorio pois sabemos da dificultade que conlevan. Estes proxectos significan tamén unha fonte de financiamento e de mellora de recursos e instalacións

Actividades

Un elemento que nos pareceu moi positivo foi que moitos proxectos están comprometidos coa sustentabilidade , a través da reciclaxe e a economía circular. Porén consideramos que sería interesante se é que non o fan xa , unha maior implicación dos proxectos na contorna inmediata.

Atención á diversidade

Como se comentou noutros apartados o reducido volumen de alumnado, a estreita convivencia e o propio caracter práctico das aprendisaxes reduce os potenciais problemas de convivencia.

Só en FPB nos comentaron que hai algún problema deste tipo. Chamounos de feito a atención que consideren habilitar unha aula de convivenza similar á nosa , aínda que nos alegramos de que a nosa experiencia lles teña parecido algo a poñer en práctica.Foi moi interesante ver como alumnado que non está en disposición de rematar con éxito estudos ordinarios de ESO, poden acadar os obxectivos da FPB e continuar despois a súa formación en ciclos medios ou mesmo nalgún caso superior. Alén do estrictamente académico, o que isto significa en termos de autoestima emocionounos.

Observacións

Pola data da nosa visita, non foi posible facer unha observación nunha aula convencional, porque as clases teóricas remataran e o único grupo que tiña unha materia deste tipo estaba en exame. Porén si vimos o espazo físico das aulas , que nos resultaron limpas, despexadas e cunha boa dotación tecnolóxica.

A observación docente centrouse nos talleres de cociña, onde se estaba preparando o xantar para o propio alumnado, para clientes e para nós; na cafetería onde estaban formándose para o concurso de de cañas, e no comedor, onde se formaba ao alumnado para o servizo.Resultounos envexable a proporción alumnado - profesorado, xa que o claustro e case similar ao noso con tres veces menos alumnado.

Foi interesante ver como no mesmo espazo - a inmensa cociña e obradoiros de panadería e pastelaría- varios docentes imparten formación simultaneamente, algo que no noso caso só sucede cando o profesorado de PT atende en aula ao alumnado con problemas de aprendisaxe.En contraste coa nosa práctica docente , na que o pensamento abstracto, a comprensión lectora e a expresión escrita teñen protagonismo, observamos que a actividade docente centrábase en ordes moi concretas, precisas, non suxeitas a interpretación e qu non requiren de reflexión por parte do alumnado.

Son dúas formas de ensino distinto que dificulta a transferencia do observados nas nosas aulas , pero nos indica un camiño de traballo con certo tipo de alumnado.Se consideramos o xantar como unha práctica de aula , teríanos agradado que os estudiantes se tivesen dirixido a nós na lingua na que lles estábamos falando, o galego

Xestión e coordinación

O feito de ter cafetería e restaurante aberto ao público algúns días á semana , como parte tamén da actividades formativa cara o alumnado , é algo que valoramos por canto significa colocar o alumnado nun contexto de actividades real. De feito , fomos testemuñas de como atenderon o servizo de comedorA xestión lectiva no centro é complexa en canto que hai ensinanzas en horario ordinario e nocturno, prácticas en empresas ( FCT), curso para desempregados e proxectos con socios externos.A xestión do internado, do restaurante , do economato e os recursos é igualmente complexa e moi afastada da nosa realidade profesional.Observamos un bo clima entre o profesorado, e deste coa dirección, o que facilita a proposta de proxectos e o seu desenvolvemento. Os desprazamentos conxuntos do profesorado e os momentos partillados no restaurante e na cafetería , favorecen sen dúbida este bo ambiente de traballo.

A biblioteca Pareceunos positivo o feito de que a biblioteca sexa un elemento central de coordinación entre distintos departamentos e módulos . Na mesma liña os grupos de whatsapp entre docentes e de docentes con delegados de grupo, tamén son canles efectivas de comunicación e coordinación. Neste punto xurdiu o debate sobre a pertinencia de compartir números persoais co alumnado. A diferenza de idade entre o alumnado dun e outro centro, e o tipo de ensino de que se trata, marca as distintas posturas ao respecto

Descrición obxectiva da visita e descrición das aulas

Aspectos globais O centro conta cun grupo de alumnado moi heteroxéneo de ao redor de 600 estudantes, de nivel económico medio e cunha porcentaxe alta de alumnado con necesidades especiais de apoio educativo , así e todo, veñen observando que pouco a pouco vai aumentando o número de alumnos e alumnas con altas expectativas académicas. As aulas contan con 30 persoas en ESO e 34 en BAC de media. O desdobre de aulas parécelles prioritario para a súa correcta evolución académica.O claustro conta con 50 docentes e dous PT que non son suficientes para a atención do alumnado que o precisa. Tampouco teñen AL, pero hai estudantes que requiren da súa atención.EstruturaO centro ten unha estrutura ben definida e clara á hora de situar as aulas . Estas son espazosas e grandes , aínda que teñen amplos ventanais que aínda así non son moi luminosas.A estrutura do edificio é antiga e as novas aulas hai que dar bastantes voltas para atopalas. Notouse certo olor a humidade nalgunha das aulas..

1 Estrutura

2 Actividades

5 Xestión e coordinación

3 Atención á diversidade

4 Observación

Actividades

Sorprendéronnos gratamente os proxectos de ciencias que se desenvolven, para atallar as inquedanzas do alumnado con máis interese.Desenvolven dous contratos programas co seu alumnado CP Inclúe (Queda T, Inclue T e Convive T) e CP Innova (edu Saúde e Edu - Excelencia)

Na presentación do centro destacan na nosa opinión a cantidade de porogramas nos que se involucran co alumnado e onde destaca que posúen un claustro moi receptivo e participativo.Teñen club de lectura e club de ciencias , co seu proxecto de augas sobre o río Corgo, na contorna do centro e o proxecto NOSA , a primeira axencia espacial escolar de Galicia, que se creou en Ordes o 20 de xaneiro de 2017O centro, ademais de estar acreditado en Erasmus+, participa tamén nun KA2 coordinado pola universidade de CracoviaTeñen continuidade anual en todos aqueles proxectos que dan bos resultados e melloran a capacidade cognitiva do alumnado.

Atención á diversidade

Para ser moito alumnado están ben atallados os problemas de comportamento.No desenvolvemento das observacións, víronse actuacións concretas para o alumnado co NEAEResultounos de interese, a valorar para o noso centro a aula de convivencia, onde se dirixen os alumnos de maneira autónoma cando teñen por mal comportamento

Os protocolos de actuación están ben definidos e onde se atopa a aula de convivencia , está a carón da aula de orientación e a aula PT.A inclusión está presente nas aulas , nótase a vontade do profesorado e a falta de ferramentas á hora de atallar certas problemáticas; por outra banda as ratios son tan altas que resulta difícil unha inclusión efectiva na aula ; só teñen dous PT para todo o centro e ningún AL.

Observacións

No noso caso, puidemos facer varias observacións de aula , fixémolas en parellas , de maneira que as diferentes observacións que reflectimos son o consenso de dous observadores. Mira cada unha delas nas seguintes ventás:

  • LITERATURA - 4º ESO B, con Loaira Sánchez - A docente desta aula é unha profesora nova polo que aplica unha didáctica innovadora en varios aspectos. A súa aula comeza cun círculo restaurativo, que é unha forma de intervención didáctica e de aprendizaxe a través da participación grupal e colectiva. A intención coa que Loaira aplica esta metodoloxía é a de reducir os problemas de relación entre o alumnado e mellorar as súas relacións colectivas. A docente vén de comprobar que, dende o comezo do curso, esta técnica axudou ó estudantado a falar, comunicarse e abrir as súas emocións aos demais. Son un grupo grande de vintedous rapaces/zas de máis ou menos 15 anos e nesta idade élles difícil xestionar as súas interaccións.
  • Cando chegamos á observación, están todos sentados en círculo e a docente fai preguntas abertas para que respondan moi brevemente e de xeito libre sobre as cousas que lles gustan, como se describen, como pensan que é a imaxe que proxectan cara os demais, etc…
  • Esta actividade inicial dura dez minutos e unha vez rematada, teñen que traballar en grupo para a confección dun texto segundo as indicacións e exemplos que propón a docente. A estrutura do texto a elaborar e o exercicio aparecen proxectados na pizarra dixital.
  • Os grupos de traballo están organizados polo propio alumnado pero a docente controla que sexan equilibrados e que todo o mundo traballe proporcionalmente. O traballo é autónomo e valórase tanto o resultado da entrega como a axeitada colaboración de todos os integrantes do grupo.
  • Outro aspecto interesante desta observación é que a literatura non se traballa de xeito independente, senón que vai paralela ás aulas de historia, para poder darlles un contexto aos contidos e unha maior comprensión dos mesmos. Ambas as dúas docentes verificaron os bos resultados desta práctica conxunta por parte do alumnado.

LINGUA GALEGA 2º ESO- estaba formada nese intre por 16 alumnos ( 10 nenas e 6 nenos, 1 deles con sindrome de down).é unha das clases con desdobre. Sorprendeunos atopar o encerado con xiz, que se emprega axeitadamente na explicación de gramática que imparte o docente. Á vez que explica, proxecta a tarefa na aula virtual, facilitando o visionado e entendemento da tarefa que teñen que desenvolver nos vindeiros dias. O docente móvese pola aula mentres explica e interactúa coas mans mentres explica.Foi unha clase dinámica, ainda que o alumnado estivo pouco participativo.

  • FISICA E QUIMICA A/B-2º ESO. Nesta sesión de aula, compartimos clase con auxiliar de conversa de lingua inglesa.(ainda que non participou moito)
Observamos fluidez e rapidez dos alumnos para contestar as preguntas do docente, quen ten un bo nivel de inglés e o que vemos é que os rapaces entenden de maneira sorprendente. Interactúa con eles, mais nalgunha ocasión precisa volver ao galego para que algún alumno/a poida entender o que está a explicar. O docente apóiase con imaxes en movemento nas súas explicacións e emprega exemplos comúns para a comprensión da materia que hoxe imparte.

INGLÉS 4º ESO- Aula de 23 alumnos. É unha clase de revisión de vocabulario,o docente vese extrovertido, emprega tecnoloxia como ferramenta para visualizar os exercicios. Foi unha clase rápida, onde case non había oco para precisar unha explicación de dúbidas. O alumnado tiña facilidade de lectura e comprensión en lingua inglesa ainda que algunha vez tiña que botar man do galego para que o entendesen.

  • TECNOLOXÍA 2º ESO A- Esta tamén forma parte das aulas con desdobre. Impartida na aula de tecnoloxía, onde se percibe cheiro a humidade e que resulta algo incómodo estar aí sentados para escoitar o docente. Pasamos logo á aula anexa onde se atopa o taller, no que os alumnos/as están a realizar unha maqueta de circuito cerrado. Última hora de venres, clase práctica e liberdade para desenvolver a tarefa polo que a actitude do alumnado é a de boa disposición a acatar as pautas do docente, aínda que tamén se atopa algún alumn@ frustad@ por non conseguir algo da tarefa.
O docente delega a axuda en casos puntuais en alumn@ que está máis avanzad@

  • XEOGRAFÍA E HISTORIA con Cristina Brión. Nesta observación, os compañeiros/as do IES de Vilamarín asistimos á revisión do derradeiro exame de historia que fixeron estes alumnos. Cristina corrixe o exame con moita dedicación e mesmo se ofrece para facer una segunda revisión do mesmo e recuperación para todos aqueles que o precisen. Detectamos entre o alumnado un moi baixo nivel de expresión e pouca corrección no discurso escrito. Cristina insiste en que é preciso empregar a linguaxe específica, o que amosa unha falta de estudo e de conceptualización de termos.
  • Tamén observamos que o alumnado non toma apuntes nin notas en clase, o mesmo que sucede nas nosas propias aulas, polo que sentimos que se trata dun mal xeneralizado e non soamente propio da Formación Profesional.

  • PLÁSTICA 1º ESO C con Alejandro Fernández - Nesta observación, asistimos a unha aula de plástica na que o alumnado ten que traballar de xeito autónomo na elaboración da figura dun corpo humano facendo un collage. Esta aula ten varias propostas que nos resultan interesantes. En primeiro lugar, o docente amosa na pantalla dixital o resultado ao que pretende que chegue o alumnado co seu traballo individual, polo que en todo momento saben o que se espera que sexa o resultado do seu traballo. Esta técnica de exemplificación ten moito que ver co que nós facemos nas aulas expositivas de formación profesional. Alejandro indica que esta forma de traballo libre e creativo é un pouco máis descontrolado e en contra do que se podería pensar, o alumnado agradece un traballo máis guiado e estruturado.
  • Por outra banda, o collage ten que elaborarse con recortes de folletos de alimentación para que coñezan os alimentos procesados e non procesados, polo que a inclusión transversal deste coñecementos parécenos moi interesantes.

TECNOLOXÍA 2º ESO A - A docente está impartindo unha aula sobre o tempo e o clima a 18 estudantes de 2º ESO. Emprega o proxector e o Edubook. A clase comeza con preguntas abertas sobre o tema e un vídeo sobre a acción polo clima para que o alumnado comece a falar e familiarizarse coa materia, o que fai a clase máis dinámica. Tamén teñen que resolver exercicios en parellas. Neste grupo hai un alumno de etnia xitana que non segue o ritmo da aula, non ten libro, nin nada para tomar notas, polo que a súa implicación no desenvolvemento da clase é nula, intenta desestabilizar un pouco aos compañeiros falando e cantando, pero a docente é capaz de manexalo. Comentamos coa docente que aquí hai un problema sen resolver, porque nesta situación o rapaz non aproveita nada a súa estadía na escola.

Xestión e coordinación

Os desdobramentos para reducir a ratio de alumnado por aula, parécenos de moita efectividade. De feito, as aulas observadas con desdobramento, reflectían mellor comportamento e máis avance no desenvolvemento da clase.

Cabe destacar que estes desdobramentos supoñen un traballo moito máis arduo e complexo, en canto á organización das aulas e dos horarios. Valoramos moito o seu esforzo, e aínda así , non é suficiente porque co aumento progresivo de alumnado no centro, os desdobramentos aplícanse a case todas as materias de primeiro e segundo da ESO. Esta metodoloxía mellora os resultados pero os rapaces notan un baixón nos seguintes cursos e botan en falta ese reforzo ( que non é máis que, un pouco máis de atención por parte do profesorado na explicación diaria)Como se mencionou , teñen moi ben xestionado o comportamento e a convivencia, todo isto axudado por un claustro participativo e involucrado.

Procedemento das visitas

En ambas as dúas , o primeiro foi unha visita guiada para dar a coñecer as instalación do centro

Procedemento das visitas

Logo da visita houbo unha pequena xuntanza almorzo , na que se aclaraban dúbidas aos visitantes , referente ao observado durante a visita ás instalacións do centro educativo.

Procedemento das visitas

Unha vez establecido no almorzo a distribución de aulas para observar e coñecer o protocolo para as observación , pasamos ás aulas . No IES de Vilamarín houbo que poñer o EPI para evitar posibles contaminacións nas aulas taller.

Valoración das sesións de reflexión

As reflexións fixéronse con todos os participantes xuntos. Fíxose reflexión na comida da primeira visita , pero na que se fixo ao IES de Vilamarín aproveitamos para reunirnos antes do xantar e durante a comida seguimos reflexionando sobre todo o observado e ver as colaboración máis axeitadas.

Propostas de colaboración

Como liñas de colaboración destacamos:Como ambos os dous centros contan con seccións bilingües faranse actividades conxuntas , que poden mesmo ser:* Conversas a distancia ( coma se fose un e -Twinning) e incluír parellas de conversación online; no que o alumnado da ESO fale co seu correspondente de nivel en FPB básicas ou ciclos medios (farase unha proba de nivel para axeitar as parellas)* Concurso de receitas, actividade xa desenvolvida no Xelmirez , pero que poden levar a práctica no IES de Vilamarín e compartir o resultado nunha canle de youtube.No seguinte link tedes o acceso ao canal de youtube do Xelmírez II sobre cociña nas clases de galego

https://www.youtube.com/playlistlist=PLzUgAGljyCjw8ND4baS1r8Qhk7VNU97oc

  • Facer intercambios de formación a través do club de ciencias para traballar os módulos transversais cos alumnos de FPB
Aínda que o alumnado de FPB está moi motivado nos ciclos de formación profesional, a realidade é que teñen, en xeral, un nivel baixo nos módulos de contidos de obrigado cumprimento para obter a ESO , e pensamos que esta actividade experimental podería mellorar esa necesidade na FPB e melloraría a autoestima e capacidade de comunicación do alumnado da ESO.

Compartimos información sobre diferentes proxectos e experiencias desenvolvidas en cada centro: No IES Arcebispo Xelmírez II como se organizan o STEMbach, os premios Ofelia Devesa, os contratos programa , plan proxecta, PLAMBE..... e no IES de Vilamarín como organizan as convocatoria de FP Innova , a fabricación de viño, horto escolar, economía circular e a fabricación de xabróns e cosméticos. Recollemos comentarios sobre as observacións coma :

  • Organización dos espazos nas aulas para facelas máis dinámicas e facilitar a atención e seguimento do alumnado.
  • A facilidade de perderse nun centro con varios edificios sen señalar as aulas.
  • Constatamos diferenzas importantes nas ratios de alumnado e na motivación do alumnado que está a formarse no oficio da sua elección, frente á situación na que se deben aprender contidos curriculares, que lles resultan abstractos e de escasa aplicación inmediata.
  • O bo funcionamento e organización da aula de convivencia do Xelmírez II

Resultados das observacións

Aplicación directa das observación

  • * Tendo en conta a suxerencia da facilidade de perderse no IES de Vilamarín , tomouse no centro a medida de poñer indicacións para ubicar os espacios e evitar que se perda o alumnado e profesorado de nova incorporación.
  • Reubicouse algunha aula para experimentar o cambio de atención do alumnado e implantalo en próximos cursos.
  • Previsión no plan de convivencia e no PEM (Plan estratéxico de mellora) a incorporación dun aula de acollida para o alumnado que teña o mesmo funcionamento que a que xa está establecida no Xelmírez
Estas son as medidas máis inmediatas e xa aplicadas , tendo en conta algunhas das reflexións expostas en cada un dos edificios anexos.