Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

BEYONCÉ

Horizontal infographics

ALEX MORGAN

Horizontal infographics

GOOGLE - SEARCH TIPS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

VIOLA DAVIS

Horizontal infographics

Transcript

ABAU 2023

A ABAU estrutúrase en 2 partes denominadas, parte obrigatoria e parte voluntaria

Estrutura da Proba

MAtrícula

Datas e horarios

presentación e normas

publicación e tarxetas de cualificación

revisión das cualificacións

A prematrícula debe realizarse entre o 18-22 de maio

Os exames ordinarios terán lugar os días 6, 7 e 8 de xuño. Os exames extraordinarios o 11, 12 e 13 xullo.

Todo alumno/a debe acudir ao acto de presentación ás 9:00 h.

As cualificacións obtidas faránse públicas no Nerta o día 15 xuño a partir 20:00h

Neste proceso de revisión as modiciacións das cualificacións poden ser tanto á alza como á baixa.

+ info

A ABAU estrutúrase en dúas partes denominadas, respectivamente, parte obrigatoria e parte voluntaria.

  • Parte Obrigatoria. Está formada polas catro materias xerais do bloque de materias troncais e a materia troncal da modalidade correspondente:
    • Lingua Galega e Literatura II,
    • Lingua Castelá e Literatura II,
    • Historia de España II
    • Primeira Lingua Estranxeira II
    • Fundamentos da Arte II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Latín II
  • Parte Voluntaria. O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias que elixirá de entre o resto de materias das que non se examinou na parte obrigatoria, é dicir, poderá elixir 4 de entre as 18 materias seguintes: Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas CC.SS, Fundamentos da Arte II, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Química, Grego II, Debuxo Técnico II, Artes Escénicas, Segunda Lingua Estranxeira II (Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués; a materia elixida debe ser sempre dunha lingua distinta da que se examinaron como materia xeral do bloque de materias troncais da parte obrigatoria), Bioloxía, Historia da Arte, Xeoloxía, Historia da Filosofía, Economía da empresa, Deseño.
A materia troncal de modalidade é unha materia da parte obrigatoria pero tamén conta como unha materia mais da parte voluntaria

+ info

A matrícula anticipada realizarase Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) e, de non ser posible, enviarase a documentación por correo electrónico ao correspondente Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) que procederá a súa matrícula. Só excepcionalmente poderá facerse in situ, previa cita, nos LERD habilitados en cada un dos sete campus de Galicia. ALUMNADO CON CONTA EN NERTA: O alumnado dos Centros de Galicia que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación Nertae con conta de usuario, fará a súa matrícula a través da mesma. Coa realización da matrícula en Nerta, xerarase o impreso de liquidación para o ingreso dos prezos públicos. O alumnado pode acceder á súa conta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante. Se decide realizar o pagamento nunha oficina bancaria, debe imprimir o impreso de liquidación. Unha vez aboados os prezos deberá entregar o xustificante de pago na secretería do centro. O alumnado con dereito a exencións tamén debe enviar copia da xustificación por correo electrónico ao LERD correspondente, dentro do prazo de matrícula. ALUMNADO SEN CONTA EN NERTA: O Alumnado que non ten conta de usuario en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente a seguinte documentación: - Fotocopia do DNI - Impreso de Matrícula na ABAU - Resgardo de ter aboados os prezos públicos, e selados pola entidade bancaria MATRÍCULA EXTRAORDINARIA Poderá matricularse no prazo de Matrícula Extraordinaria, o alumnado que obteña resolución favorable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato ante a Xefatura territorial. Este alumnado poderá matricularse na aplicación NERTA das 9.00 ás 14.00h., do día seguinte a comunicación da resolución. MATRÍCULA NA CONVOCATORIA DE XULLO O alumnado que vaia a convocatoria de xullo as ABAU deberá facer a prematricula os días 27-28 de xuño.

+ info

OS EXAMES ORDINARIOS TERÁN LUGAR OS DÍAS 6,7, E 8 DE XUÑO ABAU 2023 - HORARIO DA CONVOCATORIA ORDINARIA DÍA PROBAS ALUMNADO MATERIAS ALUMNADO NEAE Martes 6 xuño Mañá 9:00 h.-10:00 h PRESENTACIÓN 9:00 h-9:30 h 10:00 h-11:30 h 03 Historia de España 9.30 h-11:30 h 11:30 h-12:00 h DESCANSO 11:30 h-12:00 h 12:00 h-13:30 h 01 Lingua Castelá e Literatura II 12:00 h-14:00 h 13:30 h FIN DE SESIÓN 14:00 h Tarde 16:00 h-17:30 h 20 30 Matemáticas II Latín II 15:30 h-17:30 h 17:30 h-18:00 h DESCANSO 17:30 h-18:00 h 18:00 h-19:30 h 31 53 Economía da Empresa Deseño 18:00 h-20:00 h 19:30 h FIN DE SESIÓN 20:00 h Mércores 7 xuño Mañá 9:00 h-10:30 h 02 Lingua Galega e Literatura II 8:30 h-10:30 h 10:30 h-11:00 h DESCANSO 10:30 h-11:00 h 11:00 h-12:30 h 11 12 13 14 15 Lingua estranxeira Inglés Francés Alemán Portugués Italiano 11:00 h-13:00 h 12:30 h-13:00 h DESCANSO 13:00 h-13:30 h (Entrarán na aula ás 13:20) 13:00 h-14:30 h 40 50 Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Fundamentos da Arte II 13:30 h-15:30 h 14:30 h FIN DE SESIÓN 15:30 h Tarde 16:30 h-18:00 h 24 32 Química Grego II 16:00 h-18:00 h 18:00 h-18:30 h DESCANSO 18:00 h-18:30 h 18:30 h-20:00 h 22 51 61 62 63 64 65 Debuxo Técnico II Artes Escénicas 2ª Lingua estranxeira Inglés Francés Alemán Portugués Italiano 18:30 h-20:30 h 20:00 h FIN DE SESIÓN 20:30 h Xoves 8 xuño Mañá 9:00 h-10:30 h 21 33 Bioloxía Historia da Arte 8:30 h-10:30 h 10:30 h-11:00 h DESCANSO 10:30 h-11:00 h 11:00 h-12:30 h 23 35 52 Física Xeografía Cultura audiovisual II 11:00 h-13:00 h 12:30 h-13:00 h DESCANSO * 13:00-14:30 h 25 34 Xeoloxía Historia da Filosofía 13:00 h-15:00 h 14:30 h FIN DAS PROBAS 15:00 h OS EXAMES EXTRAORDINARIOS TERÁN LUGAR OS DÍAS 11,12, E 13 DE XULLO

+ info

PRESENTACIÓN Se deberá acudir o acto o primer día (6 de xuño) as 9:00 h. Para realizar os exames, o alumnado deberá levar consigo:

  • DNI ou Documento identificativo.
  • Resgardo de Matrícula e xustificante de pagamento
  • Bolígrafo ou pluma de tinta negra ou azul
  • Material para poder realizar os exercicios (material axeitado para á materia de Debuxo Técnico II e Deseño, diciionario de latín-español e calculadora.
No momento da presentación, o tribunal asignaralle o posto de exame a cada alumno/a. CANDO O ALUMNADO DETECTE ALGÚN ERRO NA MATRÍCULA DEBERÁ COMUNICARLLO AO PRESIDENTE NA HORA DA PRESENTACIÓN (9:00- 10:00). Unha vez finalizada dita hora non se poderá facer ningún cambio na matrícula. IDENTIFICACIÓN Cada alumno recibirá unhas pegatinas adhesivas de código de barras, que será a súa identificación, e SON PERSOAIS E INTRASFERIBLES Os exames son anónimos e non deben ter marcas de ningún tipo CADERNO DE EXAMES En cada proba se entrega un caderno formado por 2 follas A3 (unha páxina de portada e sete páxinas A4 en branco), e unha cabeceira adhesiva En cada proba só se pode utilizar un único caderno de exame, ao que NON se lle poderán arrincar nin engadir follas. No enunciado de cada proba indicaráse o número "N" de preguntas que se DEBEN responder. Se respondedes a máis preguntas das indicadas, só se corrixirá o número "N" de preguntas respondidas en primero lugar. NON se poderá abandonar a aula ata transcorrer media hora dende o comezo de cada exercicio. O acceso o examen implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de examen debidamente etiquetado. Es exames deberán entregárselles a un membro do tribunal para que comprobe que cumpren as condicións debidas. MATERIAL ESPECÍFICO PERMITIDO Diccionarios
  • Examen de Latín II: PODERASE utilizar o diccionario de latín-español/galego, permitirase o uso dos seus apéndices gramaticais, sempre que formen parte orixinal e inseparable dos diccionarios. NON se permitirán as páxinas interiores (ou apéndices) con contidos literarios
  • Exame de Grego II : PODERASE utilizar o diccionario de grego-español/galego, incluíndo o apéndice gramatical que poida levar anexo ese diccionario como parte orixinal e inseparable.
Calculadoras PODERASE utilizar calculadora exclusivamente nos exercicios de Matemáticas II, Matematicas aplicadas ás ciencias sociais II; Física; Química e Economía da empresa.
  • Permitirase usar calculadoras non programables e que non teñan capacidad gráfica
  • NON poderá haber nada escrito na calculadora ou nas súas fundas.
  • O tribunal en caso de duda poderá solicitar a calculadora para volarar as carterísticas.
MATERIAL NON PERMITIDO - Non está permitido o uso de reloxos intelixentes, teléfonos móbiles ou calquera otro dispositivo eléctrónico. - Todo o alumnado deberá manteer os pavillóns auditivos despexados.

+ info

As cualificacións farense públicas en NERTA o día 15 de xuño, a partir das 20:00h. O día 22 de xuño faranse públicas as cualificación DEFINITIVAS despois das solicitudes de revisión. TARXETA DE CUALIFICACIÓNS O día 16 de Xuño, recibiredes por correro electrónico a tarxeta de cualificación Provisional da Abau. Finalmente, o día 23 de xuño, recibiredes a tarxeta de cualificación Provisional da Abau Para poder recibir a Tarxeta de Cualificación é necesario ter rexistrado un correo electrónico en Nerta. Aínda que os teus datos estén gravados no sistema, é convinte que gardes a tarxaeta, xa que a vas necesitar para realizar diversas xestións, como por exemplo, para solicitar praza na universidade fora de Galicia, ou incluso para residencias universitarias. En canto a ABAU extraordinaria As cualificacións faranse públicas en NERTA o día 19 de xullo, a partir das 20:00h. O día 26 de xullo faranse públicas as cualificacións DEFINITIVAS, despois das solicitudes de revisión.

+ info

Poderedes solicitar a revisión da cualificación obtiva nun ou en varios exames no prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións : 16 a 20 de xuño (ata as 14:00h) Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poden ser tanto á alza como á baixa. As solicitudes de revisión poderanse facer a través da aplicación Nerta. A reclamación ás cualificacións da ABAU consiste nun proceso único de revisión que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira (P) e segunda (S) corrección e, en función do resultado, pasará a unha terceira (T) revisión. Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso único de reclamación:1º PASO: Primeira revisión (P)Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sen corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”. Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.2º PASO: Segunda corrección (S)A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distinto ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.3º PASO: Terceira corrección (T)No suposto de que existise unha difereza de dous ou mais puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3.Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir do día en que remata o prazo para solicitar a revisión. O prazo para solicitar a revisión da ABAU 2023 será:

  • Para os que se presentaron en xuño: As notas publícanse o 15 de xuño, así que a revisión será do 16 ó 20 de xuño (ata as 14:00 h.).
  • Para os que se presentaron en xullo: As notas publícanse o 19 de xullo, así que a revisión sera do 20 ó 26 de xullo (ata as 14:00 h.)
VER EXAMESO estudante ten dereito, previa solicitude, a ver os exames corrixidos na data e lugar indicados, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisión.Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xuño, poderá facerse a solicitude entre o 23 e o 26 de xuño (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD. Os exames revisados poderanse consultarse o 29 de xuño as 10:00h, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CiUG)

IES Pedra Da Auga

2

4

1

5

3

6