Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

A SOLUCIÓN É A RÍA DE AROUSA, pois conta cunha superficie de 230 km2.

Queres saber máis sobre a súa localización? Pincha na imaxe para entrar no mapa

Queres saber máis sobre esta ría?

Para máis información

Queres saber máis sobre os accidentes xeográficos costeiros (como son as rías)?

A ría de Arousa, non é só a ría máis grande de Galicia, senón que tamén de España. A súa lonxitude é de 33 quilómetros e a súa anchura de 4,5 qm na boca sur e de 3.5 qm na norte. A súa profundidade máxima é de 69 metros e o seu principal achega fluvial procede do río Ulla, sen desmerecer o papel do Umia.A entrada da ría está caracterizada pola illa de Sálvora e distintos illotes que actúan como rompeondas para defender as augas da ría do mar aberto.As costas que rodean esta ría son accidentas e con alturas destacables, as cales rematan en numerosas praias.Na súa beira, encóntranse numerosas poboacións de marcado carácter mariñeiro.

RÍA DE AROUSA

ACCIDENTES XEOGRÁFICOS COSTEIROS

http://www.geohistoarteducativa.net/archivos/geografia/relieveespana/relievepeninsulaIberica/los_relieves_costeros_e_insulares.html

ACCIDENTES XEOGRÁFICOS COSTEIROS

  • RÍA. Val fluvial que, na súa desembocadura, é inundado polo mar debido ao fundimento da liña de costa.
  • CABO. Saínte profundo da costa ao mar.
  • GOLFO. Entrante profundo do mar na costa.
  • BAHÍA. Golfo de pequeno tamaño.
  • CANTIL. Escarpe de pedra cunha forte pendente.
  • PRAIA. Extensión lisa e de pouca pendente de area ou grava a nivel da costa.
  • MARISMA. Terreo baixo e pantanoso que inundan as augas do mar.

ACCIDENTES XEOGRÁFICOS COSTEIROS

  • DELTA. Zona de acumulación de sedimentos que traen os ríos ata a súa desembocadura.
  • DUNA. Montículo de area típico das costas areosas.
  • PENÍNSULA. Porción de terra rodeada de auga excepto por unha parte que conecta coa costa.
  • ISTMO. Franxa alongada e estreita de terreo que une dúas porcións de terra (dous continentes, unha península e un continente,...).
  • ILLA. Porción de terra rodeada toda ela por auga.
  • ARQUIPÉLAGO. Conxunto de illas.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: