Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

O misterioso salouco de Don Paco...

Unha historia sobre Francisco Fernández del Riego, homenaxeado das Letras Galegas 2023

Pasar páxina

  • 1000
  • 55
  • 3
  • 500

Esta é a historia dun home ao que todos chamaban don Paco.

Un ilustre cabaleiro de letras, sempre con libros e carpetas…

Don Paco nacera alá polo norte de Galicia, nunha vila chamada Lourenzá… Pero esa vila, en que provincia está?

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Pontevedra

Ourense

Lugo

A Coruña

Lourenzá

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Don Paco comezou os seus estudos en Madrid, pero el prefería estar en Galicia para coidar unha das cousas que máis lle apaixonaban, a súa lingua, a lingua galega.

Don Paco traballaba e estudaba e, canda unha chea de amigos, enredouse no estudo e na defensa da cultura galega.

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Click!

Anxel Casal

Camilo Díaz Baliño

Álvaro Cunqueiro

Valentín Andrade

Carballo Calero

Luis Seoane

Castelao

  • 1000
  • 70
  • 3
  • 500

(Poñemos tres opcións: será coma una estación de bombeiros, unha pastelería ou o lugar onde os políticos deciden as cousas sobre un país. ILUSTRACIÓN PARLAMENTO.)

Despois de moitos faladoiros, estudos e esperanzas, don Paco e os seus amigos propuxeron un parlamento para Galicia… Si, nada máis e nada menos ca un parlamento!

Estación de bombeiros

Pero que será iso dun parlamento?!

Lugar onde os políticos deciden as cousas sobre un país

Unha pastelería

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Que marabilla, pensaba don Paco, que o pobo galego poida decidir as súas cousas para poder facer de Galicia un lugar mellor.

O parlamento era un lugar onde os galegos e galegas decidían sobre cousas de Galicia, defendendo a súa música, lingua, tradicións e costumes.

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Don Paco estaba moi ilusionado, non parou de traballar nin un intre. Don Paco escribía, don Paco participaba en difundir as cousas da lingua, don Paco estudaba, don Paco nin descansaba…

E é que había moita xente a favor desa defensa de Galicia, pero había outra tanta xente que lles levaba a contra…

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

E que pasou? Que estalou unha horrorosa guerra. Cando se trata de mandar e gobernar… Ás veces, a xente non está por dialogar.

Contan, quen saben de historia, que uns soldados vestidos de gris anegaron todo… tomaron vilas, cidades, colexios e universidades.

ILUSTRACIÓN DE DON PACO EXPULSADO DUN PUNTAPÉ

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Don Paco, que era profesor na universidade, foi expulsado…

Contan que, desde entón, non só os uniformes dos soldados eran grises… todo se volveu gris, e o gris tornouse tan escuro e pegañento que mesmo se apegou a algún dos amigos de don Paco e fíxoos desaparecer para sempre.

ILUSTRACIÓN COA SILUETA DE ANXEL CASAL E DÍAZ BALIÑO EN GRIS

  • 1000
  • 50
  • 3
  • 500

  • 1000
  • 70
  • 3
  • 500

Outros, escurecidos, partiron lonxe, moi lonxe, converténdose en EXILIADOS.

Mentres, don Paco, escapando dese gris, estivo agochado e ben agochadiño por un tempo. Pero o gris avanzaba a grande velocidade… As rúas, as casas, as vilas, as cidades, todo, todiño, perdía a súa cor. E aínda que don Paco conservou as cores por un bo cacho, o gris deuno atrapado.

E foi nese preciso momento, que don Paco comezou a sufrir dun constante e curioso salouco…

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Pero este non era un salouco normal… Nin os médicos podían explicalo.

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

E é que este forte salaio víñalle do seu mesmísimo corazón e, ao saír da súa boca, convertíase nunha pompa de xabón… E non quedaba aí a cousa! No interior das pompas de xabón aparecían palabras. Si, si, palabras, auténticas mensaxes agochadas.

Xanela

Torboada

Cativo

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

―Incrible ―dicían os sabios.

―Imposible ―dicían os aínda máis sabios…

E contan que despois de analizalo e miralo con aparellos varios, os expertos concluíron que don Paco sufría dun mal único e descoñecido, o mal do dicionario.

  • 1000
  • 55
  • 3
  • 500

―Vaia! ―exclamaban os expertos. Don Paco leva dentro, nada máis e nada menos ca un libriño cheo, cheíño de palabras en galego… é dicir, un auténtico dicionario.

Rebuldar

  • 1000
  • 50
  • 3
  • 500

E é que o corazón de don Paco emitía palabras en lingua galega convertidas en fermosas pompas de xabón.

As palabras en galego, idioma no que estaba prohibido falar e que don Paco non podía pronunciar, a forza de as tragar íanselle atoando e…hip!

Pano

Casula

Colo

Colo

Cabelo

Cativo

Candea

Contan os que o coñeceron que os saloucos de don Paco tiñan un poder insospeitado, e é que as pompas, por arte de encantamento, tinxían de cores o mundo gris... Se unha pompa cargaba co termo anteollos, os lentes de todas as xentes ao redor, collían cor.

  • 1000
  • 70
  • 3
  • 500

CHairo

CHairo

Era algo máxico e feiticeiro, e provocaban grande emoción e alegría nas xentes que se cruzaban no seu camiño. Por exemplo, nunha ocasión o impo de don Paco botou para fóra unha enorme pompa coa palabra faragullas, e o camareiro dun bar contoulle a todos que de neno, na súa vila en Ourense, as migallas de pan non eran migallas senón faragullas.

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

Faragullas

  • 1000
  • 60
  • 3
  • 500

O caso máis tenro, quizais, foi o de Mariña, a afiadora, a muller á que lle saltaron un par de bágoas cando unha enorme pompa saíu dos beizos de don Paco coa palabra cadeira. E é que Mariña estudara nunha escola onde a mestra non lles deixaba falar como lles ensinaban na casa e obrigaba as raparigas a chamarlle ás cadeiras «sillas».

Cadeira

E así foi como don Paco, co seu mal do dicionario, contribuíu a devolver as cores ao seu país e as palabras galegas aos libros e ás escolas.

  • 1000
  • 65
  • 3
  • 500

A xogar!

Convidámoste a axudar a don Paco, colocando cada palabra no lugar que lle corresponde, e darlle vida e cor á nosa lingua.

Porque neste mundo, igual que moitas cores, hai moitas linguas. E un mundo sen linguas é un lugar sen cores.

Fiestra

Pano

Vasoirada

Chairo

Colo

Ben feito!Continúa...

Cunca

Marrancho

Latricar

Gabán

Cartafol

Ben feito!Continúa...

Xanela

Unlla

Torboada

Cabelo

Caxata

Ben feito!Continúa...

Rebuldar

Gravata

Candea

Cativo

Casula

Parabéns! Conseguíchelo!

Continuará...

Bo traballo, mozos e mozas, que orgulloso e pimpante estou! Ata as Letras do ano que vén! Non deixedes de aprender... Hip!

Apreixos