Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

ESTE PARQUE NACIONAL ESTÁ COMPOSTO POLAS ILLAS CÍES, ONS, SÁLVORA E CORTEGADA.

Queres saber máis sobre a súa localización? Pincha na imaxe para entrar no mapa

Queres saber máis sobre este parque?

Para máis información

Os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora, Cortegada e o mar que os rodean forman parte dunha contrastada paisaxe acompañada dunha gran riqueza biolóxica. En todas as illas, existen zonas de reserva para a cría de aviñas mariñas. Ademais, a vida vexetal está condicionada polos ventos cargados de salitre. A flora máis representativa está nos cantís e sistemas dunares. Abundan os toxos, as xestas e distintas flores como son as chamadas paxariños da Linaria arenaria. No referido á fauna, gran parte dos animais terrestres dependen do mar. Existen numerosas colonias de aves, principalmente de gaivota patiamarilla e cormorán moñudo. Baixo as súas augas, consérvanse ecosistemas mariños con gran variedade de especies. Nos fondos rocosos son importantes as comunidades dos bosques de algas pardas que serven de casa para unha gran variedade de seres vivos. Ademais, pódense observar cetáceos como os rorcuais comúns.

Que illas compoñen cada arquipélago?

ILLAS CÍES

O arquipélago das Cíes está conformado por tres illas que xogan a ser dúas:- A illa do norte denomínase do Monteagudo.- A illa do medio tamén se chama do Faro.- A illa do sur ou de San Martiño.Destacar que a illa do norte e a do medio únense polo areal de Rodas (considerado unha das mellores praias do mundo) e por un pequeno lago.A maiores destas tres illas, hai unha serie de illotes que se unen baixo a superficie do mar.

https://www.spain.info/es/imagenes/islas-cies-naturaleza-galicia/

ILLAS DE ONS

O arquipélago de Ons está formado pola illa principal co mesmo nome do arquipélago, xunto coa súa irmá Onza ou Onceta e o illote das Freitosas. Destacar que a illa de Ons é a única actualmente poboada do Parque Nacional.

https://campingisladeons.com/isla-de-ons/historia-de-la-isla-de-ons/

ILLA DE SÁLVORA

O arquipélago de Sálvora está composto pola illa do mesmo nome e por varios illotes situados ao seu redor: Vionta, Noro, Herbosa, Sagres, etc. Destacar que a illa principal foi refuxio de piratas e corsarios ata o século XIX e que é a única illa visitable de dito arquipélago.

https://www.piratasdenabia.com/como-visitar-isla-de-salvora/

ILLA DE CORTEGADA

Para rematar con estas illas, sinalar que Cortegada é unha única illa Cortegada, aínda que próxima a ela están as veciñas Malveiras.

https://elpais.com/ccaa/2016/10/19/galicia/1476903706_167174.html

ILLA DE CORTEGADA

Para rematar con estas illas, sinalar que Cortegada é unha única illa, aínda que próxima a ela están as veciñas Malveiras.

https://elpais.com/ccaa/2016/10/19/galicia/1476903706_167174.html

PARA MÁIS INFORMACIÓN: