Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

IES Indalecio Pérez Tizón

Biblioteca Aloia

presenta a

Guía para aelaboración detraballos académicos

GT Biblioteca Aloia

Guía para a elaboración de traballos académicos

Usa esta guía para realizar os teus traballos do instituto en dous pasos:

  • Paso 1: busca e tratamento da información.
  • Paso 2: deseño, redacción e presentación do traballo.

Paso 1: busca etratamentoda información

Neste paso debes prestar atención especial ás seguintes cuestións:

1.- O tema.

2.- O guión.

3.- Investigación e toma de da- tos.

Se o tema do traballo é aberto, escolle ti un que che guste. Se o tema é pechado, asegúrate de ter moi claro que é o que se che pide.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur

Chegou a hora de buscar e procesar a información:

Onde busco? En Internet, libros, enciclopedias, revistas, vídeos, podcasts, entrevistas, experimentos, prácticas de laboratorio, observacións, traballo de campo... Na casa, en bibliotecas públicas xerais ou especializadas, en centros culturais, en institucións...

1.

2.

GT Biblioteca Aloia

Como busco?

GT Biblioteca Aloia

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur

Como buscar información?

  • En libros: consulta os índices ou os glosarios.
  • En Internet: usa palabras clave, non escribas oracións enteiras. Lembra que existen diferentes buscadores: Google , Bing , Yahoo , Ecosia , DuckDuckGo ...
  • Fontes variadas: consulta polo menos tres fontes diferentes e contrasta a información que ofrecen.
  • Fontes fiables: investiga as fontes, non só a información. Consellos para saber se unha fonte é fiable, especialmente para recursos dixitais:
  • Calma e atención: le a información das fontes con calma e atención, e selecciona o que convén ó teu tema.
  • Orde:
  • Xa podes ir ó PASO 2 de elaboración do traballo:

Vai organizando a información seleccionada en ideas principais e secundarias. Procura distribuír as ideas e as súas argumentacións por parágrafos. Podes ir usando frechas e números para ir organizando e relacionando a información. Inclúe datos, fotos, gráficas, citas literais, argumentos de expertos... que sustenten as túas ideas. Lembra realizar sempre a citación.

01

03

04

05

06

07

08

URL/Dominio

Actualidade

Ligazóns

Obxectividade

Credibilidadee citación

Redacción

Consulta

02

A autoría

Consellos para saber se unha fonte (especialmente dixital) é fiable

Comproba que estás nunha páxina web segura (o enderezo web comeza por https) e que o dominio (a parte final do enderezo web) non parece raro, por exemplo, .com.co. Dominios fiables:

  • .info: páxinas informativas.
  • .edu: páxinas con recursos educativos.
  • .museum: páxinas de museos.
  • .gob: páxinas gobernamentais.
  • .org: organizacións non comerciais.
  • .com: é o máis común.

Está indicado quen elabora a información? É un nome real ou inventado? Hai uns datos de contacto? Aparece unha sección about us, quen somos ou similar?

Comproba a data de publicación da información e que esta sexa recente e actualizada.

Ábrense as ligazóns coas que conta a fonte?

Le todo o contido e non te deixes levar por un título rechamante. Hai argumentos que sustenten as afirmacións? A información é obxectiva ou está condicionada por motivos ideolóxicos, relixiosos, políticos ou doutro tipo? Unha fonte debe procurar informar e non convencer dunha idea.

Quen avala a información ofrecida? Cítanse as fontes que se consultaron para elaborala?

Os contidos están expostos con claridade e en orde, sen un uso excesivo de maiúsculas, signos de interrogación e exclamación ou outros signos "estraños"?

Se tes dúbidas sobre algunha fonte, consúltaas coa túa familia ou o profesorado.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur

Como buscar información?

  • En libros: consulta os índices ou os glosarios.
  • En Internet: usa palabras clave, non escribas oracións enteiras. Lembra que existen diferentes buscadores: Google , Bing , Yahoo , Ecosia , DuckDuckGo ...
  • Fontes variadas: consulta polo menos tres fontes diferentes e contrasta a información que ofrecen.
  • Fontes fiables: investiga as fontes, non só a información. Consellos para saber se unha fonte é fiable, especialmente para recursos dixitais:
  • Calma e atención: le a información das fontes con calma e atención, e selecciona o que convén ó teu tema.
  • Orde:
  • Xa podes ir ó PASO 2 de elaboración do traballo:

GT Biblioteca Aloia

Vai organizando a información seleccionada en ideas principais e secundarias. Procura distribuír as ideas e as súas argumentacións por parágrafos. Podes ir usando frechas e números para ir organizando e relacionando a información. Inclúe datos, fotos, gráficas, citas literais, argumentos de expertos... que sustenten as túas ideas. Lembra realizar sempre a citación.

Guía para a elaboración de traballos académicos

Usa esta guía para realizar os teus traballos do instituto en dous pasos:

  • Paso 1: busca e tratamento da información.
  • Paso 2: deseño, redacción e presentación do traballo.

followme

REVISIÓN

BIBLIO-GRAFÍA

GT Biblioteca Aloia

TRABALLO

ÍNDICE

5

4

3

2

PORTADA

Un bo traballo académico debe contar coas seguintes partes:

1

Como facer a portada?

  • Na parte superior pon o título cun tamaño de letra máis grande.
  • Máis abaixo indica:
  • Podes enriquecer creativamente a portada con imaxes, debuxos, tipos de letra especiais..., pero non abuses.

- A materia para a que é o traballo. - O curso da materia (1º, 2º, 3º ou 4º).- O nome do profesor da materia (Prof.:...).- O nome do instituto.- O curso académico.- O teu nome (Autor:...).- O teu curso.- A data de entrega.

Orfeo na mitoloxía grega

Cultura clásica (3º ESO)Prof.: Óscar Pedrido LópezIES Indalecio Pérez TizónCurso 2022-2023

Autor: Javier López Fernández3º A de ESO29 de marzo de 2023

continuar

REVISIÓN

BIBLIO-GRAFÍA

GT Biblioteca Aloia

TRABALLO

ÍNDICE

5

4

3

2

PORTADA

Seguinte parte do traballo:

1

No índice deben aparecer os distintos apartados e subapartados do traballo, co número de páxina en que comeza cada un. No caso dos subapartados deixa un poco máis de sangrado.

continuar

REVISIÓN

BIBLIO-GRAFÍA

GT Biblioteca Aloia

TRABALLO

ÍNDICE

5

4

3

2

PORTADA

Seguinte parte do traballo:

1

Como redactar o teu traballo?

  1. Paso previo.
  2. A información.
  3. Consellos para

a redacción.

Antes de darlle a redacción definitiva ó traballo, volve ler o guión que elaboraches no Paso 1. Fai a túa propia ordenación do traballo e decide cal é a estrutura que queres que teña. Iso si, procura que siga unha orde coherente que responda a un criterio.

Consellos para a redacción

continuar

5

1

2

3

4

6

7

8

Procesa a información recollida pola túa propia conta e elabora o teu texto, non copies literalmente das fontes (agás as citas literais).

Usa un vocabulario adecuado, variado e preciso, e propio da especialidade do traballo. Evita as expresións coloquiais e vulgares.

Coida a ortografía e a puntuación. Lembra que tes ó teu alcance moi bos dicionarios en liña para resolver as túas dúbidas: dicionario da RAG, dicionario da RAE, dicionarios de idiomas (Linguee e WordReference).

Emprega sempre folios en branco.

Respecta unha distancia mínima de marxe e de espazo entre liñas, igual en todo o traballo.

Se fas o traballo á man, esfórzate coa caligrafía e escribe en liñas rectas.

Presenta o traballo con limpeza: non pode conter manchas, borranchos, cinta/tinta correctora...

Tipografía (traballos a ordenador):

  • Fonte: usa o tipo de letra Arial ou Times New Roman, a mesma en todo o traballo.
  • Tamaño: emprega o tamaño 12, o mesmo en todo o traballo. Non obstante, podes empregar unha letra máis grande nos títulos dos apartados e subapartados, pero debe ser igual en todos os apartados e en todos os subapartados.
  • Espazo interlineal: deixa o mesmo espazo entre liñas, ben o sinxelo, ben o de 1,5 liñas. Deber ser igual en todo o traballo.
  • Resaltar: se queres resaltar palabras, sublíñaas ou ponas en letra grosa.

REVISIÓN

BIBLIO-GRAFÍA

GT Biblioteca Aloia

TRABALLO

ÍNDICE

5

4

3

2

PORTADA

Seguinte parte do traballo:

1

Cita sempre as fontes que consultaches para realizar o traballo. Deben aparecer en orde alfabética polos apelidos dos autores. No caso de citar varias obras dun mesmo autor, non é preciso repetir os seus apelidos e nome, pero si organizar cronoloxicamente as obras. Como facer as citas?

continuar

REVISIÓN

BIBLIO-GRAFÍA

GT Biblioteca Aloia

TRABALLO

ÍNDICE

5

4

3

2

PORTADA

Seguinte parte do traballo:

1

continuar

Revisión

  • Unha vez que remates o traballo, le con calma todo o que escribiches e comproba que non se repiten as ideas, que non hai faltas de ortografía e que a gramaticalidade é correcta.
  • Se fixeches o traballo a ordenador, pasa o corrector ortográfico.
  • Podes aproveitar este momento para introducir unha páxina de cortesía (folio en branco) entre a portada e o índice, e outra como contraportada.
  • Por último, lembra que o traballo debe estar paxinado: todas as páxinas, agás a portada, o índice e as páxinas de cortesía, teñen que contar co número de páxina.

Esta non é unha parte física do traballo, pero si é unha tarefa que debes realizar antes de dalo por terminado e entregalo. Presta atención a estas cuestións:

REVISIÓN

5

GT Biblioteca Aloia

BIBLIO-GRAFÍA

4

TRABALLO

3

ÍNDICE

2

10

Se usas esta guía, todo acabará nun...

PORTADA

1

IES Indalecio Pérez Tizón

E, por último, sequeres saber comopreparar unha boa exposición oraldos teus traballosacadémicos, faiclic na imaxe de abaixo.

GT Biblioteca Aloia