Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Francisco Fernández del Riego

Tecedor de redes

+ info

Este ano 2023 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas a este autor da Lourenzá polo seu labor de "editor, publicista, antólogo, memorialista, ensaísta, viaxeiro, narrador de ficcións, autor dunha inxente correspondencia coas personalidades máis sobranceiras da cultura galega do seu tempo, político cando puido selo, editorialista, orador brillante, crítico literario, xestor de empresas culturais…"Mais tamén por ser un dos artífices da celebración da literatura galega cada 17 de maio, e este ano hai xa sesenta que festexamos esta data.

Francisco Fernández del Riego

+ info

Desde os seus anos mozos en Santiago, participa das iniciativas culturais e políticas máis importantes de preguerra: Seminario de Estudos Galegos, Editorial Nós, Partido Galeguista... E despois da traumática experiencia da guerra e a posguerra, será unha das persoas que poña en marcha a editorial Galaxia, xunto con outras iniciativas para a recuperación do espazo público para a cultura galega.Ao longo da vida, teceu pontes entre os tempos de antes e despois da guerra, entre este e o outro lado do Atlántico, entre a nosa literatura e a lusofonía...E sobre todo teceu redes entre as persoas que habitaban eses espazos e traballaban por un soño común.

Tecedor de redes

Del Riego teceu todas esas redes no día a día, pero tamén a través da distancia grazas ao correo.Mantivo correspondencia ao longo da vida coas figuras máis importantes da cultura galega (e non só) do seu tempo: Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carvalho Calero, Valentín Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Antonio Fraguas, Luís Seoane, Xosé Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Lois Tobío, Carlos Casares, Rodrigues Lapa....

Por iso

traballamos coa correspondencia

+ info

+ info

Elabora un deseño orixinal a partir dunha carta escrita ou recibida por Fernández del Riego que resalte algún elemento da súa vida ou do seu labor. Podes inspirarte na arte-postal, na poesía blackout, ou simplemente animarte coa ilustración ou o collage

Elabora un retrato de Francisco Fernández del Riego. Podes inspirarte nunha foto súa de calquera idade e darlle o estilo que queiras (caricatura, manga, realista...) e coa técnica que prefiras (lapis, collage...).Podes buscar resaltar algún aspecto da súa vida ou traballo

Concurso 2

Concurso 1

Pero, antes de máis, deberías coñecer un pouco mellor a Francisco Fernández del Riego

Máis

Xogos

Vídeos

Cronoloxía

Vídeos I

Vídeos II

Xogos

Outros enlaces:

Escolma de textos (Seminario Galán)

- Real Academia Galega- Seminario Galán- Lingua.gal- Entrevista en Galicia Aberta

Máis