Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Día das Letras Galegas

17 maio

60º aniversario

Francisco Fernández del riego

Comezar

  • 1000
  • 50
  • 3
  • 500

Fernández del Riego. Do A ao Z

Quen me ía dicir a min, un dos creadores do Día das Letras Galegas, que case 13 anos despois do meu pasamento, o meu constante labor por difundir a cultura galega daría lugar a ser eu, precisamente, a persoa homenaxeada na 60ª edición de tan marabilloso evento.

Convídovos, con este xogo, a investigar e buscar sobre min para coñecer mellor a miña vida, a miña obra e a propia esencia desta data festiva.

A xogar!

S

E

A

Ñ

R

V

P

L

F

B

D

C

H

O

G

Q

Z

N

X

U

M

I

audioON

T

REINICIAR

  1. A
    1. País no que se publicou o meu primeiro libro Cos ollos do espírito en 1949.
    2. Arxentina
    3. https://drive.google.com/file/d/1c9GQcixPfCNk44pnhu7MvhrgOhz7HcRr/view?usp=sharing
  2. B
    1. Canle pública da radio británica na que coordinei unha serie de 83 programas semanais en galego.
    2. Bbc
    3. https://drive.google.com/file/d/1Rn5tDMfT0IMa-Ey7C0xs1LNj0EBjDQ0l/view?usp=sharing
  3. C
    1. Nome da medalla coa que fun conmemorado polos meus méritos na cultura galega e que leva o nome dun ilustre galeguista.
    2. Castelao
    3. https://drive.google.com/file/d/1fgcfPuK3PFvRY1XLSvSHmocxd2tIl3vG/view?usp=sharing
  4. D
    1. Carreira universitaria que rematei de estudar en Santiago de Compostela.
    2. Dereito
    3. https://drive.google.com/file/d/193s1ODY2aaRajoMM4Y8qLaAIHzEgqhCK/view?usp=sharing
  5. E
    1. Nome da muller valdeorresa coa que casei.
    2. Evelina
    3. https://drive.google.com/file/d/1AGxGTKIXaOuBI--JE7xIVmSnLaED9uwH/view?usp=sharing
  6. F
    1. Nome do escritor, protagonista do Día das Letras Galegas en 2022, que foi membro do Partido Galeguista que reactivei, desde a clandestinidade en 1943.
    2. Florencio, Florencio Delgado Gurriarán
    3. https://drive.google.com/file/d/1CnEeOObMPJjAilgiAMLO9TD-64fnMXlI/view?usp=sharing
  7. G
    1. Nome da revista que codirixín entre 1963 e 1988.
    2. Grial
    3. https://drive.google.com/file/d/1CPrPSfKTaPtFr9663ZyCLs9fesZ6oEnt/view?usp=sharing
  8. H
    1. Entre os meus libros destacan os ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como ..... de la Literatura Gallega.
    2. Historia
    3. https://drive.google.com/file/d/1ndh35l1p58EfYKVsLGhaXJ_anp0kg9f0/view?usp=sharing
  9. I
    1. Publicación deportiva coa que colaborei anonimamente.
    2. Imán, iman
    3. https://drive.google.com/file/d/1C3My-hX3UsEzzZlprsN4P6TS6CX6uDuz/view?usp=sharing
  10. L
    1. No 2004 recibín un Premio en recoñecemento polo meu labor a favor da cultura galega. A que sobranceiro pintor fai referencia o nome deste Premio?
    2. Laxeiro, laxeiro
    3. https://drive.google.com/file/d/1Z8KTtw1GFOMOtrms9lOBJLHRUbY37h5a/view?usp=sharing
  11. M
    1. Cidade española na que iniciei os meus estudos universitarios.
    2. Madrid
    3. https://drive.google.com/file/d/1T65_tpjJxZkd1RSe9fi1WOxYSDioIvIJ/view?usp=sharing
  12. N
    1. Nome do Grupo de intelectuais e escritores galegos, coetáneos das Irmandades da Fala, ao que pertencín.
    2. Nós, nos
    3. https://drive.google.com/file/d/16NmjIZvdNPCBN5uGM0vydmQA5xnDkzrL/view?usp=sharing
  13. Ñ
    1. Contén o Ñ: Apelido do intelectual e político co que codirixín a revista Grial entre 1963 e 1988.
    2. piÑeiro
    3. https://drive.google.com/file/d/19ebr2zqUOKxLvKe-IbEdrnFhmKiC2V8o/view?usp=sharing
  14. O
    1. Os meus pais tiveron unha familia moi prolífica. Eu fun o primeiro de todos os seus fillos. Sabes cantos irmáns eramos?
    2. Once, 11
    3. https://drive.google.com/file/d/1LQ-MlTPJfERYJ8tBp3Benot1LqYo23Bl/view?usp=sharing
  15. P
    1. Nome da rúa viguesa na que se atopaba o cárcere no que permanecín recluído durante dúas semanas en 1947.
    2. Príncipe, principe
    3. https://drive.google.com/file/d/1G0NND0ppFkL-QOGtO2woMVb38r_PdnN8/view?usp=sharing
  16. Q
    1. Contén o Q: Apelido do autor galego ao que me uniu unha grande amizade e a idea común do galeguismo. Publiquei un libro sobre a súa vida e obra.
    2. Cunqueiro
    3. https://drive.google.com/file/d/1vuwZLDWMykk_t5nAjOoheEtnYimu-HB6/view?usp=sharing
  17. R
    1. Fun un dos creadores do Día das Letras Galegas. Coñeces o nome da primeira autora á que se dedicou este día en 1963?
    2. Rosalía, rosalía, Rosalia, rosalia, Rosalía de Castro, Rosalia de Castro
    3. https://drive.google.com/file/d/1MitEYg6niBsosO46JEXswGLN9rKzlDiv/view?usp=sharing
  18. S
    1. Apelido do escritor, pintor e debuxante co que mantiven unha intensa relación epistolar que recollín nunha das miñas obras. Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 1994.
    2. Seoane
    3. https://drive.google.com/file/d/1Ij9owGNDPFp-ncebbQhToVU1jJoIRUmf/view?usp=sharing
  19. T
    1. A Nosa _ _ _ _ _ foi un periódico galego que se converteu, en 1932, no órgano de expresión do noso Partido Galeguista.
    2. Terra
    3. https://drive.google.com/file/d/13C7o4tq68N76iReu5J4vnHDkaL1fRrtZ/view?usp=sharing
  20. U
    1. Organización xuvenil na que colaborei coa intención de espallar a cultura, a lingua e a historia de Galicia.
    2. Ultreia
    3. https://drive.google.com/file/d/1Y4lbDxWuiCXpUA8dJ3BIybVA9VT8VQcj/view?usp=sharing
  21. V
    1. Nome do Concello que me outorgou a Medalla de Ouro en 1988 polo meu labor na defensa da súa cidade e área metropolitana.
    2. Vigo
    3. https://drive.google.com/file/d/1Ztyn7sRMRwjqsO-AF_TSZrBhVMXGc5Si/view?usp=sharing
  22. X
    1. Contén o X: Nome da recoñecida Editorial que fundei en 1950 xunto a outros destacados intelectuais, industriais e filántropos galegos.
    2. Galaxia
    3. https://drive.google.com/file/d/1tGTSLK9j6RFqm30GOdoAXnFzJB47Jnit/view?usp=sharing
  23. Z
    1. Contén o Z: Nome do municipio da provincia de Lugo no que nacín.
    2. Lourenzá, Lourenza, Vilanova de Lourenzá, Vilanova de Lourenza
    3. https://drive.google.com/file/d/1X1haNJtiCu-1D1y8z21AMiJ09HG-GjCd/view?usp=sharing

PASAPALABRA

N

Ben feito!Pero podes facelo mellor. Xoga de novo para completar o rosco sen erros

Erros

Acertos

SOLUCIÓNS

99

56

Ben feito, parabéns!

Continuar...

ARRIESGAR

Esto será la pregunta

Téntao de novo!

Solucións

A: País no que se publicou o meu primeiro libro Cos ollos do espírito en 1949. A ARXENTINA. O país suramericano foi o destino de moitos emigrantes galegos desde o inicio da Guerra Civil española. Fernández del Riego foi un importante interlocutor do exilio galego na Arxentina, mantendo o contacto coa comunidade emigrada, chegando a ser correspondente da revista Galicia, editada polo Centro Galego de Bos Aires. A editorial Alborada foi un selo editorial adscrito desde a súa creación á Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina e editou a ópera prima de Fernández del Riego. B: Canle pública da radio británica na que coordinei unha serie de 83 programas semanais en galego: BBC O 14 de xullo de 1947 emitiuse por primeira vez un programa gravado en galego na BBC, unha das canles de radio máis importantes do mundo. Galician Programme foi o primeiro espazo radiofónico dedicado a emitir en galego e difundir a cultura de Galicia en plena ditadura. Fernández del Riego foi protagonista deste fito, escribindo os guións desde Galicia. C: Nome da medalla coa que fun conmemorado polos meus méritos na cultura galega: CASTELAO A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou de calquera outra liña que as faga merecentes desta distinción. Foille outorgada a Fernández del Riego no ano 1985. D: Carreira universitaria que rematei de estudar en Santiago de Compostela: DEREITO Comezou a carreira de Dereito en 1930 en Madrid e continuouna na Universidade de Santiago de Compostela, alternando estes estudos cos de Filosofía e Letras. Intenso activista, dirixiu a revista Universitarios e desempeñou a secretaría da revista Alento. Tras obter a licenciatura en Dereito, incorporouse á docencia universitaria como profesor axudante, encargado de cátedra. Ao iniciarse a Guerra Civil de 1936, foi destituído como profesor universitario e inhabilitado para exercer a docencia. E: Nome da muller valdeorresa coa que casei: EVELINA Filla do avogado e notario Antonio Hervella, casou con Fernández del Riego en 1940. F: Nome do escritor, protagonista do Día das Letras Galegas en 2022, que foi membro do Partido Galeguista que reactivei desde a clandestinidade en 1943: FLORENCIO Florencio Delgado Gurriarán foi unha figura destacada da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. G: Nome da revista que codirixín entre 1963 e 1988: GRIAL A revista Grial é unha publicación trimestral en galego editada pola editorial Galaxia ininterrompidamente desde 1963. Malia que o primeiro numero foi editado en 1951, a forte censura do Ministerio de Cultura de España fixo que pronto deixara de publicarse. En 1963 recuperouse novamente a súa publicación para reivindicar a cultura galega con colaboradores como Vicente Risco, Domingo García Sabell ou Ricardo Carvalho Calero, a pesar das constantes ameazas de peche e de expedientes administrativos e xudiciais. Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galicia e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os seus directores foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. H: Entre os meus libros destacan os ensaios sobre a cultura e literatura galegas como ..... de la Literatura Gallega: HISTORIA Publicada no ano 1951 pola Editorial Galaxia, esta obra pertence á colección Manuais. Foi inicialmente sacada en castelán debido ás cuestións políticas da época, pero tivo posteriores edicións, xa en galego, nos anos 70 e 80. Trátase dun amplo estudo da historia da literatura galega desde as súas orixes ata finais do século XX, na súa edición máis actual. O libro conta cun limiar, dez capítulos, en que se atopan numerosas imaxes de cubertas de libros e fotografías de escritores e escritoras e, finalmente, presenta unha bibliografía xeral, unha especial e un índice de autores e autoras. I: Publicación deportiva coa que colaborei anonimamente: IMÁN Co obxectivo de procurar certa estabilidade económica nos anos da posguerra, Fernández del Riego colaborou e, nalgúns casos, dirixiu, aínda que anonimamente, publicacións tan variadas como a revista dos farmacéuticos de Vigo ou a publicación deportiva Imán, promovida pola imprenta Roel. L: No 2004 recibín un Premio en recoñecemento polo meu labor a favor da cultura galega. A que sobranceiro pintor fai referencia o nome deste Premio? LAXEIRO A Fundación Laxeiro concede cada ano este Premio, que leva o nome do pintor Xosé Otero Abeledo “Laxeiro”, a persoas e institucións que destacaron polo seu labor na difusión da cultura galega. Foi outorgado a Fernández del Riego no ano 2004. M: Cidade española na que iniciei os meus estudos universitarios: MADRID Ver pista D: Dereito N: Nome do Grupo de intelectuais e escritores galegos, coetáneos das Irmandades da Fala, ao que pertencín: NÓS Tamén coñecido como Xeración Nós, trátase dun conxunto de escritores e inelectuais galegos cuxo nome provén do título da revista que publicaron (Nós). Eran, entre outros, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas ou Castelao, o director artístico da revista. De rigorosa formación intelectual, estes homes realizaron un valioso traballo de estudo e fortalecemento da cultura e literatura galegas. Contén o Ñ: Apelido do intelectual e político co que codirixín a revista Grial entre 1963 e 1988: PIÑEIRO Ver pista G: Grial O: Os meus pais tiveron unha familia moi prolífica. Eu fun o primeiro de todos os seus fillos. Sabes cantos irmáns eramos? ONCE P: Nome da rúa viguesa na que se atopaba o cárcere no que permanecín recluído durante dúas semanas en 1947: PRÍNCIPE Fernández del Riego tentara a reconstrución do Partido Galeguista no ano 1942. Nese proceso desempeña un papel relevante como ponte cos exiliados aglutinados no denominado Consello de Galiza. Tendo presente a obrigada discreción no seo destas actividades políticas clandestinas, recibe a visita dunha persoa que quere poñer en marcha en Galicia a chamada Unión de Intelectuais Libres. Malia negarse a formar parte do proxecto, pasado un ano, é detido xunto con outras persoas acusado de presidir a UIL galega e é trasladado ao cárcere da rúa do Príncipe, onde permanecería recluído e incomunicado ao longo de dúas semanas. Contén o Q: Apelido do autor galego ao que me uniu unha grande amizade e a idea común do galeguismo. Publiquei un libro sobre a súa vida e obra: CUNQUEIRO O escritor nado en Mondoñedo foi homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1991. Autor polifacético, ademais de pola súa recoñecida obra literaria, asinou numerosos traballos xornalísticos, obras gastronómicas e mesmo libros de viaxes. R: Fun un dos creadores do Día das Letras Galegas. Coñeces o nome da primeira autora á que se dedicou este día en 1963?: ROSALÍA O Día das Letras Galegas celébrase cada ano no día 17 de maio, precisamente, porque nesa data de 1863 (xusto cen anos antes do primeiro Día das Letras Galegas) se publicou en Vigo o primeiro exemplar de Cantares Gallegos, a obra de Rosalía de Castro que marcaría o inicio do Rexurdimento cultural de Galicia. S: Apelido do escritor, pintor e debuxante co que mantiven unha intensa relación epistolar que recollín nunha das miñas obras. Foi homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 1994: SEOANE A obra Cartas a Luis Seoane desde o exilio recolle unha escolma das comunicacións entre Fernández del Riego e Luís Seoane, pintor, debuxante e escritor, fillo de emigrantes galegos na Arxentina, que dirixiu a revista Galicia e cuxa relación con Francisco é un claro expoñente do compromiso do autor lourenzán cos exiliados galegos na América do Sur. T: Contén o T A Nosa _ _ _ _ _ foi un periódico galego que se converteu, en 1932, no órgano de expresión do noso Partido Galeguista: TERRA Fundado en 1907 como voceiro da organización política rexionalista galega Solidaridad Gallega, o periódico a Nosa Terra foi o órgano de expresión das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). U: Organización xuvenil na que colaborei coa intención de espallar a cultura, a lingua e a historia de Galicia: ULTREIA O termo Ultreia é un saúdo entre peregrinos do Camiño de Santiago que, etimoloxicamente, podería traducirse como «Imos máis alá» ou «Seguimos adiante». V: Nome do Concello que me outorgou a Medalla de Ouro en 1988 polo meu labor na defensa da súa cidade e área metropolitana: VIGO En 1995, Fernández del Riego doou os seus fondos bibliográficos, documentais e artísticos á cidade de Vigo, na que viviu e traballou durante moitos anos. Contén o X: Nome da recoñecida Editorial que fundei en 1950 xunto a outros destacados intelectuais, industriais e filántropos galegos: GALAXIA Fundada en 1950 en Santiago de Compostela, é considerada a empresa editorial con máis significado histórico de cantas existen en Galicia, con máis de 2.800 volumes editados e un catálogo de máis de 1.000 títulos. Contén o Z: Nome do municipio da provincia de Lugo no que nacín: LOURENZÁ Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá, no Concello de Lourenzá, o 7 de xaneiro de 1913. http://galegos.galiciadigital.com https://wikipedia.org/ http://consellodacultura.gal/ www.abc.es https://www.teseopress.com/ https://academia.gal/ https://laxeiro.org/

Solucións

Aquí tes toda a información relacionada coas preguntas e respostas do xogo. Bota unha ollada!