Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

XELA ARIAS

Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 en Sarria (Lugo), e morreu o 2 de novembro de 2003 por un ataque ó corazón en Vigo (Pontevedra)

Xela Arias foi unha nena moi feliz que naceu nun lugar moi especial, nun ambiente moi distinto. Seus pais non vivían nunha casa normal, vivían nunha granxa escola en Barreiros, Lugo.

Nesta contorna, vivían Amparo Castaño e Valentín Arias que tiveron en 1962, a súa 1ª filla, Maria de los Ángeles, pero xa dende pequena lle chamaban Xela e, cando puido cambiou o nome do seu carné de identidade.

De pequena a Xela non lle gustaban moito as bonecas e os peluches, sempre andaba cunha tartaruga de goma que se chamaba Lula.

Os pais tiñan moitos amigos escritores que, ás veces, ían de visita pola casa e levaban agasallos para os nenos. Levábanlles contos en galego, en castelán e tamén en portugués. Xela quedaba abraiada porque dicían que o portugués era unha lingua estranxeira pero ela podía lelos facilmente. Na súa casa sempre falaron galego e Xela falaba e escribía moi ben en galego.

Aos 11 anos , seu pai convenceuna para que se presentara nun concurso de contos para nenos. Mándarona ao concurso da Asociación Cultural '' O Facho''. E....... cal sería a súa sorpresa, cando gañou o premio ao mellor conto escrito por unha rapaza ou un rapaz galego. O conto chámabase '' A fraga dos paxaros faladore e a fraga leopardicia''. Ninguén sabía que significaba '' Leopardicia''. Pois... era un invento de Xela, ela soñaba palabras, inventaabas. LEOPARDICIA ERA A FRAGA ONDE VIVÍAN OS LEOPARDOS.Sempre tivo esa facilidade de xogar coas palabras, inventar cousas novas. Este foi o seu 1º premio e fixéronlle unha entrevista no faro de Vigo

Foise a estudar ao instituto e, cando rematou, dixo que quería ter a súa propia vida e ser independente, ter un traballo, poder comprar unha moto e un montón de cousas máiQUE FIXO XELA?Un amigo do seu pai, montou unha editorial de libros en galego que se chamaba '' Edicións Xerais''. Acordáronse que a filla dos seus amigos, Valentín e Amparo ( Xela) falaba e escribía xenial galego e propuxéronlle facer parte do seu equipo e traballar na súa editorial.Con 18 anos estaba traballando na editorial ''Xerais''.

Xela repasaba os libros que enviaban outros escritores para que quedasen perfectos antes de saír publicados. Outro traballo que fixo Xela na editorial, foi traducir contos que viñan noutros idiomas. Como lera libros en castelán, galego e portugués, o que fixo foi traducir moitísimos contos, historias e novelas ao galego, a nosa lingua. Outra das moitísimas cousas que fixo, foi escribir poemas moi imaxinativos, modernos, transgresores, sempre aparecían moitos animais: tigres, cabalos..... Era unha poesía con xogos de palabras

TÓDOLOS BEBÉS SON TÚ E NINGÚN COMA TÍ TÓDOLOS NENOS SON TÚ E NINGÚN COMA TÍTÓDOLOS ADOLECSCENTES SON TÚ E NINGÚN COMA TÍ TÓDOLOS MOZOS SON TÚ E NINGÚN COMA TÍTÓDOLOS ANCIÁNS SON TÚ E NINGÚN COMA TÍTÓDALAS NAIS SON EU E TODAS, COMA MÍN, SABEN QUE ES ÚNICO

Un dos seus libros adicoullo ao seu fillo Darío, unha persoa moi especial para ela. Como lle gustaban moito os xogos de palbras titulouno '' Darío a Diario''. O protagonista era o seu amado fillo, que incluso aparecía na portada. Escribeulle poemas tan bonitos coma este:

Así se converteu nunha gran poetisa que lle gustaba dar recitáis. Sempre seguiu os seus propios soños e nunca quixo soportar imposicións, quixo ser libre, sen facer dano aos demáis e seguir os seus propios deseños e chegar a ser ela mesma.
LIBROS DE XELA

XELA

GRAZAS