Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

A2 - ABENTEUER AUTOBAHN

Horizontal infographics

STEVE JOBS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

BEYONCÉ

Horizontal infographics

Transcript

Memoria

Programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN

Documento final

Cronograma

Reunións entre o profesorado do centro

Memorias

Como foi a nosa experiencia

Recomendacións

Consellos para realizar unha práctica de observación

Reflexións

Impacto do programa na práctica educativa e/ou no centro

Memoria final

IES Sofía casanova

Memoria final O presente documento recolle a nosa experiencia durante a participación na primeira fase do Programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN publicado na RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional. O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais. A primeira fase deste programa realizouse entre docentes deste centro educativo e consistiu na observación da práctica docente e xestión da aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente. Profesores participantes

  1. Andrés Rodríguez Bergara
  2. Francisco Tenreiro Gavela
  3. Emilio Saldaña Lourido
  4. José Vilasánchez Seoane
  5. Eva Leira Bouzamayor
  6. Marta Sixto Sanjosé
  7. Paula Varela Caínzos
  8. Mª Olga Martínez Gómez
  9. Mª Teresa Somoza Rodríguez
  10. Mª Paz López Galego
  11. Mª Teresa Sebio Puñal
Adecuación da memoria ao proxecto inicial No proxecto inicial indicamos o noso interese en revisar diversas metodoloxías didácticas, seleccionar as máis axeitadas para o contexto segundo as evidencias, implementalas e avaliar a súa efectividade. Somos conscientes das necesidades que esixe a educación actual e o importante de integrar metodoloxías activas na practica diaria. Somos un centro de secundaria no que aínda na maioría das materias utilízase a metodoloxía tradicional. A participación neste programa deunos a posibilidade de observar de forma directa outras metodoloxías, xeitos de relación e comunicación. Permitiunos traballar en equipo profesores/as que temos intereses comúns (incluíndo a observación activa da práctica docente), intercambiar boas prácticas, reflexionar, e explorar unha nova vía de formación. Aplicar protocolos de observación de práctica docente. Accións de divulgación Para difundir a memoria decidiuse utilizar un formato web para facilitar a difusión entre a comunidade educativa e publicalo na web do centro. O proxecto inicial presentouse ao profesorado nunha sesión de Claustro realizada en xaneiro. A memoria final presentarase na próxima reunión de Claustro que terá lugar á volta de semana santa. Ademais, tamén se presentou o proxecto inicial aos integrantes do Consello escolar nunha reunión que houbo no mes de xaneiro e á volta de semana santa mostraremos a memoria final. Na web do centro infórmase á comunidade educativa que o centro está a participar na convocatoria OBSERVA_ACCIÓN en que consiste e se publica a memoria final. Aproveitase esta publicación para informar a ANPA e aos responsables do centro a través de AbalarMóbil http://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/node/1815 Accións realizadas
  • A primeiro que se fixo despois de sermos aceptados para participar na convocatoria foi realizar unha sesión de formación presencial (26 de xaneiro) en Santiago de Compostela á que acudiron a orientadora do centro e a directora. O día seguinte tivemos unha reunión na biblioteca do centro todo o profesorado participante onde se explicou brevemente o proxecto, déronse recursos e tomáronse acordos para realizar a reflexión inicial, a observación holística, os instrumentos de observación e o Plan de aula. Durante esa semana, segundo a dispoñibilidade do profesorado, comezáronse a realizar as practicas de reflexión e observación.
  • O 8 de marzo houbo unha sesión de formación online. Ao día seguinte, volvemos a reunirnos o grupo de profesorado para poñer en común reflexións e acordar pautas para realizar a observación focalizada, a reflexión final, a vinculación coas liñas do PFPP e a folla de observación focalizada. Durante esa semana, seguíronse realizando prácticas de reflexión e observación.
  • O 1 de marzo tivemos a última sesión de formación online. Seguindo a noso costume, ao día seguinte reunímonos para poñer en común en que punto estabamos da práctica, resolver dúbidas ou, que nos faltaba por realizar. A 15 de marzo tivemos a reunión final onde acordamos como debíamos realizar a presente memoria, que incluír, como difundir, cal era o impacto da práctica tanto no centro ou na aula como no profesorado e conclusións en forma de recomendación para realizar a practica de observación, en definitiva foi unha reunión para ter un proceso de diálogo reflexivo e toma de conciencia.
Achégase un cronograma das reunións de grupo realizadas Impacto Ningún de nós fixeramos antes unha práctica de observación, aínda que moitos estabamos afeitos a entrar nas clases dos compañeiros/as, pero a través desta experiencia fomos conscientes de que OBSERVAR non é só MIRAR, Tanto o material que se nos proporcionou como a formación permitiunos alcanzar moitos dos obxectivos propostos. Realizar as reunións grupais e redactar a memoria final permitiunos ter unha visión global de todo o proceso, extraer conclusións e realizar unha avaliación da nosa experiencia durante a practica de observación. Nesta ligazóns recóllense recomendacións para realizar unha práctica de observación ante, durante e despois da observación: ANTES https://drive.google.com/file/d/1jt2GbrSvv7i7fvORLUd-A3QRWs4HiCqa/view DURANTE https://drive.google.com/file/d/1L0pr-JYJxUH3QxfNXVSHmeONhB2O4eW5/view DESPOIS https://drive.google.com/file/d/13-Yi10to7IP7ln1YYPHNzPUCiXkjVymw/view Na seguinte ligazón https://padlet.com/iessofiacasanova/impacto-no-centro-bxu75lu96zwyqzbh recóllense as reflexións sobre o impacto da práctica de observación e propostas de cambios no propio centro, de colaboración con outros ou de continuidade alén do propio programa. A reflexión final desta primeira fase é moi positiva e anímanos a continuar traballando deste xeito. Gustaríanos tamén enriquecer a experiencia con compañeiros de profesión doutros centros.

O profesorado participante no programa reuniuse varias veces para intercambiar información e impresións

Resume das nosas experiencias durante a práctica da observación

Despois de observación

  • Propostas de cambio no propio centro
  • Propostas de colaboración con outros ou de continuidade alén do propio programa

Antes da observación

Durante a observación