Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

ESTE FARO ESTÁ SITUADO EN CABO HOME, CONCRETAMENTE, NOS CANTÍS COSTA DA VELA EN CANGAS (PONTEVEDRA).

Queres saber máis sobre a súa localización? Pincha na imaxe para entrar no mapa

Que función teñen?

OS FAROS TEÑEN COMO FUNCIÓN PERMITIR A LOCALIZACIÓN DA TERRA E AXUDARLLE AOS NAVEGANTES A SITUARSE EN QUE LUGAR SE ATOPAN, POIS CADA FARO EMITE UNHA SINAL LUMÍNICA ÚNICA.

Queres saber que partes ten?

Para máis información

Como funciona un faro?

PARTES DOS FAROS:

Creador: Bernard Dery Copyright: Copyright © 2005, 2008 - Bernard Déry.

  • Válvula solar: Sistema que captura os raios do sol.
  • Vidrieira: Parede de cristal.
  • Cuarto de servizo: Espazo adicado ao mantemento do faro.
  • Sala de control: Cuarto adicado ao funcionamento do faro.
  • Recámara: Espazo empregado para descansar.
  • Casa do torreiro: Lugar onde vive a persoa que coida do faro.
  • Balcón: Plataforma de observación.
  • Cúpula: Teito con forma esférica.

FUNCIONAMENTO DOS FAROS

Antiguamente, un faro marítimo non era máis que un lume colocado no alto dunha torre que vixiaba un fareiro. O faro máis famoso da Antigüidade foi o faro de Alejandría, o cal medía máis de 100 metros. Este, na actualidade, xa non existe debido a que sufriu fortes deterioros por varios terremotos e finalmente as súas pedras foron empregadas para crear un forte no ano 1480. Na actualidade, os faros son eléctricos e funcionan con grandes lámpadas que os mariñeiros poden ver dende grandes distancias. Na maioría dos casos, estes xa están totalmente automatizados, de forma que xa case non existe a figura do fareiro. Sinalar ademais que nos días de pouca visibilidade, os faros tamén emiten sinais acústicas.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: