Observa_acción_22-23
Virginia Woolf
Created on March 6, 2023
More creations to inspire you
ALEX MORGAN
Horizontal infographics
ZODIAC SUN SIGNS AND WHAT THEY MEAN
Horizontal infographics
OSCAR WILDE
Horizontal infographics
GOOGLE - SEARCH TIPS
Horizontal infographics
NORMANDY 1944
Horizontal infographics
VIOLA DAVIS
Horizontal infographics
LOGOS
Horizontal infographics
Transcript
Observa-acción
1
A Observación holística
+ info
3
As nosas ferramentas
+ info
5
Os produtos
+ info
6
A Difusión
+ info
4
As Evidencias
+ info
Algunhas reflexións-chave extraídas das grellas de observación
Abrimos as portas das nosas aulas a outras compañeiras, para observaren e observarmos a nosa práctica docente. Todas nós partimos para esta experiencia ben provistas das nosas respectivas mochilas: o noso propio concepto da práctica docente, as nosas estratexias, as nosas actividades preferidas, a nosa maneira de entender as relacións profesora-alumnas e alumnos, etc. Todas nós, sen excepción, estabámos expectantes, con ganas de ver outras clases, de aprendermos as unhas das outras, de compartir, de colaborar, de reflectirmos sobre a práctica docente en xeral e a nosa propia práctica docente, en concreto. E seguras e confiadas, porque esta experiencia era compartida entre iguais.
E, polo que se deduce dos testemuños incluídos no Portolio Reflexivo, a experiencia de observación tivo muitas recompensas:
- a reflexión conxunta e a autorreflexión sobre a práctica docente;
- a descuberta de actividades de aula e estratexias docentes orixinais, innovadoras, diferentes;
- os momentos "eureka", que nos axudaron xa a mellorar a nosa práctica docente, e que nos van guiar no camiño da mellora continua;
- o re-coñecemento das nosas compañeiras, como profesionais e, aínda máis importante, como compañeiras e camaradas, mulleres que se apoian para creceren xuntas.
Holística
A observación holística permitiunos:
- Visión abranxente da práctica docente.
- Coñecer outras estratexias e actividades.
- Coñecer outros modos de interacción: profesora-estudantes, intergrupo de estudantes, etc.
- Autorreflexión sobre a nosa práctica docente.
- Evitar os automatismos fosilizantes.
Observadas | Observadoras | |
---|---|---|
Alejandra Alonso | ||
Begoña Suárez | ||
Carmen Antolín | ||
Irene Sueiro | ||
Maria Fernández | ||
Maria Sola | ||
Paula Gómez |
Focalizada
Na observación focalizada observamos:
- A competencia dixital do profesorado e do alumnado.
- O uso dos espazos de maneira pedagóxica.
- A autonomía do alumnado.
- As dinámicas de grupo.
E iso permitiunos chegar a varias conclusións interesantes que serán o punto de partida para mellorarmos a nosa práctica docente a respecto de:
- Espazos. O mobiliario existente nas aulas e a súa propia disposición afecta negativamente a metodoloxia. O noso mobiliario é o tradicional, resistente, certo, mais pesado e difícil de mover. Pensado para o traballo individual -segundo as metodoloxías docentes máis antigas-, na actualidade dificulta ou directamente impide outro tipo de actividades de aula colaborativas, de investigación, etc. Será necesario trocar por outro mobiliario máis polivalente, e repensar a súa distribución na aula para crear diferentes zonas acorde coas diferentes actividades de aula.
- Competencia dixital. Algunhas actividades simples, tales como empregar todos os días a Aula Virtual, utilizar editores de texto, gravar notas de audio ou vídeos cos seus dispositivos móviles ou cambiar a configuración do idioma dos seus dispositivos, pode mellorar a competencia dixital do alumnado menos familiarizado coas TIC.
- Os tempos de intervención das profesoras costuman ser bastante maiores que os do alumnado. Porén, cando damos ao alumnado o protagonismo, a súa produción linguística aperfeizóase, ao mesmo tempo que a súa autonomía e estratexias de aprendizaxe.
Observadas | Observadoras | |
---|---|---|
Alejandra Alonso | Maria Fernández, Maria Sola c. dixital e espazos, Paula Gómez | |
Begoña Suárez | ||
Carmen Antolín | ||
Irene Sueiro | ||
María Fernández | ||
María Sola | Carmen Antolín, Maria Fernández espazos e c. dixital | |
Paula Gómez | Alejandra Alonso, Irene Sueiro |
2
A Observación focalizada
+ info
Memoria para a comunidade educativa
abriunos as portas
fixou a nosa mirada
facilitaron o traballo
amosan os resultados
deixarán pegada
darános visibiidade
observación HOLÍSTICA
Anticipar para organizar
CARACTERÍSTICAS
ANTES
DURANTE
Observación entre iguais
DESPOIS
Retroalimentación
Flotante e global
Preguntas clave
Fronte a observación focalizada, a observación holística:
- É un proceso máis libre.
- Implica unha atención “flotante”.
- Procúrase unha impresión global.
- Abrangue un campo maior.
- Obedece a criterios implícitos e máis sesgados.
- A información que se obtén poder ser pertinente, mais tamén irrelevante.
As entrevistas e intercambio de opinións entre observadoras e observadas do noso centro puxeron de relevo as nosas inquedanzas e expectativas, con cuestións como:
- Que modelo de ensino-aprendizaxe desexamos fomentar?
- Que funcións desempeña a persoa docente nese modelo? E o alumnado? Fomentamos suficientemente a autonomía deste?
- Que estratexias empregamos para chegar a un alumnado tradicionalmente heteroxéneo e que a realidade da sociedade actual con fenómenos como a migración e a mobilidade laboral non deixan de diversificar?
- Como conxugamos a creación dun ambiente relaxado e empático coa presenza dunha proba ao final do camiño?
- Que ferramentas TIC e non TIC empregamos para facer dinámicas e activas as nosas clases?
- Que tal se nos dan a temporalización dos contidos, o ritmo de ensino e as transicións dentro da aula?
- Que podemos facer con grupos reducidos?
- Como actuar ante alumnado con gran diversidade funcional e con problemas físicos (auditivos, visuais, entre outros) e psíquicos/psicolóxicos?
Para a holística empregamos fundamentalmente dúas follas de observación, os denominados Modelo 1 e Modelo 2 (modelo de 4 fases), recollidos no apartado "As nosas ferramentas". A totalidade das observacións holísticas efectuadas se pode consultar aquí.
Unha vez rematada a observación, as dúas compañeiras buscaron sempre tempo para falar en persoa das impresións recollidas por escrito, aclarar dúbidas e facer suxestións. Estes intercambios, que denominamos sesións analíticas, foren sempre levados a cabo nun marco de respecto e constituíron unha retroalimentación construtiva. Serviron para introducir mudanzas e melloras de inmediato nalgúns aspectos e para unha reflexión detida con probables efectos a longo tempo arredor doutros.
observación focalizada
Anticipar para organizar
QUE?
COMO?
artellando observacións
PARA QUE?
Detectando necesidades
POR QUE?
Mirando cara adiante
delimitando obxectivos
Ao igual que a holística, a observación focalizada ben tamén precedida dun proceso previo de reflexión e investigación sobre a literatura existente no punto en particular que queremos observar, pero tamén dunha reflexión conxunta para poder vencellar as observacións focalizadas coas nosas liñas de traballo dos PFPP.
De tal reflexión conxunta, establecéronse uns indicadores claros para poder dirixir a nosa atención a uns elementos concretos, no noso caso o uso dos espazos na aula e a competencia dixital. Deste xeito, resulta máis sinxelo captar o máis salientable de cada sesión de observación.
Ese traballo conxunto axudounos tamén a seguir afianzando o clima de confianza, respeto e empatía, que son fundamentais para realizar acadar os nosos obxectivos.
Rematada a fase das observacións holísticas coas respectivas entrevistas, decidimos reunirnos. Xuntas artellamos dúas rúbricas de observación focalizada, ligadas a dúas das nosas liñas de traballo: o uso de ferramentas TIC na aula e a arquitectura pedagóxia.
A idea sería a mesma: tras a observación, ámbalas dúas docentes falarían do observado e o vivido, tendo como guía as rúbricas (ver "ferramentas" para máis detalle), creando así espazos para a reflexión pedagóxica e o desenvolvemento profesional.
A reflexión individual, por parellas, e en equipo despertou a conciencia da necesidade de facer un uso adecuado dos elementos e espazos da aula para incentivar a autonomía do alumnado e o seu control sobre o seu propio proceso de aprendizaxe.
Dentro das nosas liñas de traballo, vemos a necesidade de observar máis aló dos nosos muros para entender como optimizar os nosos espazos e recursos, como actualizalos e sobretodo como seguir afondando neste espírito de mellora contínua do que xa non podemos saír.
Consideramos tamén imprescindible seguir formándonos nesta liña para poder así ofrecer a educación de máxima calidade que merecen os nosos aprendentes.
Programar para anticipar
as NOSAS FERRAMENTAS
Plan
Anticipar para organizar
diario
Organizar para observar
calendario
Observar para compartir
folla
Compartir para mellorar
sesión
Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat.
Velaquí o modelo de plan de aula utilizado por algunhas das profesoras participantes para secuenciar os contidos das sesións de observación. Pódese premer na imaxe para visualizar o documento a pantalla completa:
Facendo click aquí accédese á carpeta que contén os plans de aula elaborados por algunhas das profesoras participantes para as persoas observadoras.
Xunto cos plans, os cadernos de aula foron a outra ferramenta empregada para recoller a secuenciación de contidos de cada sesión. Outro grupo de profesoras participantes no programa utilizaron un diario de aula en formato dixital, compartido co seu alumnado a través da aula Moodle do centro e co profesorado observador a través do calendario de observacións.
Os diarios poden consultarse a través das seguintes ligazóns:
O noso calendario de observacións ten sido o documento a través do cal artellamos e organizamos o proceso de observar nas aulas, establecendo quendas de actuación e facilitando ligazóns aos materiais necesarios para observar e reflexionar sobre os aspectos observados: follas de observación en branco e xa cubertas, diarios de aula por nivel, horarios dispoñibles, niveis a observar, aula, etc. Pódese premer na imaxe para acceder ao documento en pantalla completa e consultar toda a información na súa totalidade, accedendo tamén ás ligazóns proporcionadas en cada columna:
Os diferentes modelos de grellas de observación empregados polo grupo de traballo poden ser consultados a través das seguintes ligazóns. Na sección de "Evidencias" pódense consultar as follas debidamente cumplimentadas en cada sesión:
- Folla observación holística (Modelo 1): Este foi o modelo utilizado de xeito maioritario polas profesoras participantes no programa. Recolle as evidencias e comentarios da sesión observada de xeito xeral, sen profundizar en aspectos concretos. A profesora observadora fai unha descripción obxectiva do que acontece na aula e comenta as súas impresións relativas a eses acontecementos.
- Folla observación holística (Modelo 2): Do mesmo xeito que o modelo anterior, esta grella non profundiza en elementos específicos da sesión de observación, senon que proporciona aspectos xerais sobre os que cómpre facer comentarios.
- Folla observación focalizada (Espazos): Esta folla foi deseñada polas persoas participantes no proxecto inspiradas por un dos tres grupos de traballo que conforman o PFPP da escola. Actualmente, este equipo está inmerso na redacción dun proxecto Erasmus+ sobre a arquitectura pedagóxica do centro. O seu obxectivo principal é a dinamización dos nosos espazos e a súa adaptación a entornas DUAs de aprendizaxe. Consideramos que as contribucións do grupo de observacción poderían ser moi valiosas para estas compañeiras do equipo de internacionalización.
- Folla observación focalizada (Competencia Dixital): Ao abeiro do Plan Dixital de Centro que está a ser promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o noso grupo de traballo decidiu deseñar este documento para poder profundizar no grao de competencia dixital do alumnado e do profesorado co obxectivo de optimizar e mellorar a dotación e o emprego dos recursos dixitais da escola.
As sesións analíticas tiveron lugar inmediatamente despois de cada sesión de observación. Foron realizadas en formato entrevista polo profesorado observador e o observado e profundizaron nos seguintes aspectos:
- Os plans de aula/diarios de aula: Obxectivos acadados durante a sesión de observación e propostas de mellora.
- Preguntas guía recollidas pola profesora observadora durante o desenvolvemento da clase. Na sección "Evidencias" pódense observar exemplos.
- Reflexión conxunta en base á información e comentarios recollidos na folla de observación.
O noso Portafolios Reflexivo, ubicado na sección "Evidencias", deixa constancia do resultado destas sesións de análise e do alto impacto que ten producido esta práctica da observación entre iguais nas persoas participantes no proxecto, incluíndo exemplos prácticos de aula e momentos "Eureka" que xurdiron durante a nosa formación.
Produtos
da observación
Ferramenta para a práctica reflexiva que permite dirixir o propio proceso de ensino-aprendizaxe e de formación continua.
1
Portafolios reflexivo
+ info
Manual básico de supervicencia na aula para o profesorado de linguas estranxeiras
2
Decálogo de boas prácticas
Actividades enxeniosas a incorporar
3
Ideas fantásticas para a aula
+ info
O proceso en imaxes
4
Galería
+ info
+ info
DIFUSIÓN DO PROXECTO
1
Alejandra Alonso
2
Begoña Suárez
+ info
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Etiam ultricies erat hendrerit ligula fermentum, non rutrum urna volutpat. Fusce a nunc neque. Phasellus ac ante tellus. Praesent ac suscipit lectus.
Carmen Antolín
4
Irene Sueiro
+ info
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Etiam ultricies erat hendrerit ligula fermentum, non rutrum urna volutpat. Fusce a nunc neque. Phasellus ac ante tellus. Praesent ac suscipit lectus.
5
María Fernández
6
Desafíos lingüísticos
7
Maria J. Sola
+ info
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Etiam ultricies erat hendrerit ligula fermentum, non rutrum urna volutpat. Fusce a nunc neque. Phasellus ac ante tellus. Praesent ac suscipit lectus.
8
+ info
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Etiam ultricies erat hendrerit ligula fermentum, non rutrum urna volutpat. Fusce a nunc neque. Phasellus ac ante tellus. Praesent ac suscipit lectus.
9
Gamificación
10
Xestión do tempo
3