Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

8 de marzo

Traballo feminino e carga mental

Non quedan iogures?

Que día tiña que ir ao médico?

Cando era o aniversario do avó?

Que hai para cear?

Viches a miña mochila?

Onde están os meus zapatos?

Xa fixeches algunha vez preguntas deste tipo?

normalmente,a quen dirixes estetipo de preguntas?

fonte

As actividades que implican planificar, organizar e coordinar asuntos relacionados co coidado e a xestión doméstica e familiar recaen sobre todo nas mulleres. Isto pode provocar a síndrome da muller esgotada, ou como mínimo, unha diferenza na carga mental que soportan os diferentes persoas dunha mesma familia. Implica una sobre-carga emocional e cognitiva que pode afectar gravemente a saúde mental, con consecuencias psicolóxicas que inclúen ansiedade, depresión, estrés, fatiga...

fonte

o 71% das mulleres sofre esa carga mental, fronte ao 12% dos hombres

1 de cada 3 mulleres marcha cada mañá para o traballopensando ademais en centos de tarefas relacionadas coa familia ou o fogar, para facer ese día ou nos próximos

algúns datos e reflexións

O Bicheiro

Emma Clit

Era só pedilo

+ INFO

Traballos reprodutivos

Refírese tanto ao traballo necesario para a reprodución humana realizado pola muller ao longo da historia (embarazo, parto e crianza), como ao conxunto de atencións e coidados necesarios para o mantemento da vida e a supervivencia humana: alimentación, coidados físicos e sanitarios, educación, formación, relacións sociais, apoio afectivo e psicolóxico, mantemento dos espazos e bens domésticos. O traballo reprodutivo foi historicamente sobrecargardo na muller.

Traballos produtivos

É o dirixido á produción de bens e servizos. Fronte ao traballo produtivo, asalariado e recoñecido socialmente nos países industrializados, o traballo da reprodución non ten sido recoñecido nin económica nin socialmente. As mudanzas sociais no ámbito produtivo e reprodutivo obrigan a repensar a tradicional e desigual distribución de cargas entre mulleres e homes, así como o recoñecemento social e económico do traballo reprodutivo.

fonte

unhaProposta

  • Colabora no mural da biblioteca.Despois de teres reflexionado sobre os traballos visibles e invisibles e a carga mental feminina, achega unha nota con algún deses traballos indispensábeis que normalmente realizan as mulleres.
  • Mostra a túa carga. O venres dez, convértete en taboleiro visíbel das tarefas grandes e pequenas con que cargas, como no vídeo "Estar a cargo también es carga".
Visibilizamos o traballo das mulleres