8M. Carga men
Xemma Fernández López
Created on March 1, 2023
More creations to inspire you
ANCIENT EGYPT FOR KIDS PRESENTATION
Presentation
A GLIMPSE INTO CAPE TOWN’S PAST
Presentation
ALTERNATIVE DIETS
Presentation
MUSIC PROJECT
Presentation
Coca-Cola Real Magic
Presentation
GEO PROJECT (SINGAPORE)
Presentation
THE LITTLE PRINCE PRESENTATION
Presentation
Transcript
8 de marzo
Traballo feminino e carga mental
Non quedan iogures?
Que día tiña que ir ao médico?
Cando era o aniversario do avó?
Que hai para cear?
Viches a miña mochila?
Onde están os meus zapatos?
Xa fixeches algunha vez preguntas deste tipo?
normalmente,a quen dirixes estetipo de preguntas?
fonte
As actividades que implican planificar, organizar e coordinar asuntos relacionados co coidado e a xestión doméstica e familiar recaen sobre todo nas mulleres. Isto pode provocar a síndrome da muller esgotada, ou como mínimo, unha diferenza na carga mental que soportan os diferentes persoas dunha mesma familia. Implica una sobre-carga emocional e cognitiva que pode afectar gravemente a saúde mental, con consecuencias psicolóxicas que inclúen ansiedade, depresión, estrés, fatiga...
fonte
o 71% das mulleres sofre esa carga mental, fronte ao 12% dos hombres
1 de cada 3 mulleres marcha cada mañá para o traballopensando ademais en centos de tarefas relacionadas coa familia ou o fogar, para facer ese día ou nos próximos
algúns datos e reflexións
O Bicheiro
Emma Clit
Era só pedilo
+ INFO
Traballos reprodutivos
Refírese tanto ao traballo necesario para a reprodución humana realizado pola muller ao longo da historia (embarazo, parto e crianza), como ao conxunto de atencións e coidados necesarios para o mantemento da vida e a supervivencia humana: alimentación, coidados físicos e sanitarios, educación, formación, relacións sociais, apoio afectivo e psicolóxico, mantemento dos espazos e bens domésticos. O traballo reprodutivo foi historicamente sobrecargardo na muller.
Traballos produtivos
É o dirixido á produción de bens e servizos. Fronte ao traballo produtivo, asalariado e recoñecido socialmente nos países industrializados, o traballo da reprodución non ten sido recoñecido nin económica nin socialmente. As mudanzas sociais no ámbito produtivo e reprodutivo obrigan a repensar a tradicional e desigual distribución de cargas entre mulleres e homes, así como o recoñecemento social e económico do traballo reprodutivo.
fonte
unhaProposta
- Colabora no mural da biblioteca.Despois de teres reflexionado sobre os traballos visibles e invisibles e a carga mental feminina, achega unha nota con algún deses traballos indispensábeis que normalmente realizan as mulleres.
- Mostra a túa carga. O venres dez, convértete en taboleiro visíbel das tarefas grandes e pequenas con que cargas, como no vídeo "Estar a cargo también es carga".