Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Ceip Plurilingüe Outeiro das Penas

PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NOVO

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

DOCUMENTACIÓN DO NOSO CENTRO

2.ADMISIÓN ALUMNADO

6. NORMATIVA

4. DOCUMENTACIÓN

3. SOLICITUDES ADMISIÓN ALUMNADO

1. CALENDARIO PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023/24

Índice

CALENDARIO PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023/24

  • Reserva de praza Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
  • Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado 22 de febreiro.
  • Publicación vacantes antes do 1 de marzo.
  • Presentación solicitude admisión Do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación documentación xustificativa en caso de baremar 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Este ano será ata o 31 de marzo.
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos 25 de abril.
  • Prazo de reclamación 5 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación das listaxes.
  • Publicación das listaxes definitivas o 15 de maio.
  • Prazo de reclamación contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o Xefe Territorial, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • Centro adscrito EEI San Pedro.
  • Centro de adscrición IES Mendiño.
  • Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo

As solicitudes de admisión constarán dun formulario normalizado Anexo II (ED550B) que será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible para a súa presentación na Sede electrónica da Xunta de Galicia(https://sede.xunta.gal)e na aplicación AdmisionAlumnado (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/).

IMPRESO DE SOLICITUDES EN CASTELÁN-ANEXO II-ED550B

ADMISIÓN ALUMNADO

IMPRESO DE SOLICITUDES EN GALEGO-ANEXO II- ED550B

DOCUMENTACIÓN - Anexo II (ED550B). -Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (Copia do libro de familia ou DNI se o tivese). -Copia do DNI da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, só cando non autorice a consulta. -No caso de pais separados a solicitude debe estar asinada por ambos proxenitores e acompañarase do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, igualmente familias monoparentais deberán presentar convenio regulador o resolución judicial para acreditar la condición de familia monoparental. -No caso de alumnado que se traslade de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro de procedencia- A solicitude de admisión cuberta e asinada xunto coa documentación que corresponda presentarase electrónicamente ou ben presencialmente no centro educativo elixido como primeira opción entre o 1 e o 20 de marzo de 2023.

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA O NOSO CENTRO- Informe médico-sanitario -Fotocopia da tarxeta sanitaria. -Fotocopia do boletín de vacinas. -Tres fotografías tamaño carné ( para Ed.Infantil). -Os seguintes documentos teñen caracter voluntario, pero advírtese que se terán en conta para a baremación naqueles cursos con límite de praza.Deberán ser presentados antes do 6 de abril (os criterios de admisión e aplicación de baremación no proceso de admisión recóllense na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15.03.13): - Certificado de convivencia, expedido polo Concello, ou Certificado expedido polo titular da empresa e copia do contrato laboral. - Só é necesario presentar a documentación relativa ao criterios de domiciliación fiscal, renda per cápita da unidade familiar,condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, proxenitor/-a ou dos/das irmáns / ás recoñecido pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática.

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15.03.13)que desenvolde os criterios de admisión e aplicación de baremación no proceso de admisión

Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG núm 212, do 08/11/2022) que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

NORMATIVA

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11/02/2022) que regula a admisión de alumnado

VACANTES PARA O CURSO 2023-2024

MOITAS GRAZAS