Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

A SOLUCIÓN É:

Queres saber máis? Pincha en cada imaxe para saber o seu significado

A peixeira (Alfonso Vilar)

Ventá ao Atlántico (Francisco Pazos)

A espera(Iria Rodríguez)

A vella(Ramón Conde)

Esta escultura localizada en Portonovo está situada ao lado dun mirador dende o que se pode desfrutar dunhas increíbles vistas á ría de Pontevedra e a pequena praia de Caneliñas. Esta foi creada en 1994 e está adicada a todas aquelas mulleres que venden na praza de abastos o que traen os homes do mar.

A PEIXEIRA de Alfonso Vilar

Esta escultura está localizada na costa da cidade de A Coruña, concretamente, no paseo marítimo da localidade de O Portiño.A Ventá ao Atlántico é unha enorme ventá de granito, semellante a un dolmen que se abre ao Océano Atlántico. A través dela, pódese observar os días de moito mar, as ondas rompendo nas pedras; así como os días de bo tempo, gozar dunhas magníficas postas de sol.

VENTÁ AO ATLÁNTICOde Francisco Pazos

Esta escultura ubicada en Punta da Ínsua, en Laxe, homenaxea ás familias de todos eses mariñeiros que nunca regresaron a porto. ‘A Espera’ reproduce a imaxe dunha muller co seu fillo en brazos mirando o horizonte, desexando ver reaparecer o barco no que un día se foron os seus familiares, amigos e veciños.

A ESPERA de Iria Rodrïguez

Esta escultura inaugurada en 1995 está situada nun extremo do paseo marítimo da vila de Muros. Trátase dunha figura, en bronce e a tamaño natural, que representa a unha persoa maior sentada mirando ao horizonte con expresión preocupada, pero á vez serea. É unha homenaxe a todas aquelas persoas que se perderon no mar e tamén a quen, sobre todo mulleres, as seguen esperando.

A VELLAde Ramón Conde