Want to make creations as awesome as this one?

Breve presentación do Proxecto Educativo de CEIP VALLE-INCLÁN de Vigo

More creations to inspire you

Transcript

Servizos complementarios

Programas educativos

Proxectos de centro

Liña metodolóxica

Principios pedagóxicos

Obxectivos de centro

Valores

Índice

01

Valores que sustentan o noso PE

Convivencia e paz: coa crenza de que as accións de paz fomentan o benestar persoal e contribúen a convivencia pacífica. Situámonos en prol da modelaxe constante de accións que permitan o ensaio activo da mediación, a paz e as praxes restaurativas para aprender a ser, a convivir e a estar

Respecto: concebímolo dende un sentido amplo, respecto pola infancia, entre as persoas adultas e pequenas.

Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:

Eixo Paidocéntrico: partindo da concepción e protección da infancia entendendo que o centro do proceso de ensino-aprendizaxe é o noso alumnado e que debe proporcionar acompañamento e benestar.

Inclusión: entendendo a diversidade como unha posibilidade.

Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:

Equidade: buscando dende o punto de vista da xustiza social cubrir as necesidades e intereses de persoas que son diferentes

Coeducación: rompendo cos roles ligados ao xénero e contribuindo á formación da identidade persoal.

Igualdade: ben sexa entre xéneros, diferenzas persoais…

Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:

Comunidade educativa aberta: entendemos o traballo como algo conxunto coa familia-escola e coa contorna.

Comunidade coidadora do medio ambiente: Pretendemos achegar á comunidade educativa ao medio natural aprendendo a valorar a importancia que este ten para a vida das persoas. Partindo do noso propio patio.

Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:

Unha escola con corazón: entendendo que o colexio fanno as persoas e non só o espazo; pulamos por as interaccións sociais e o agarimo e benestar das mesmas.

Coidadora do benestar: entendendoo como a suma da saúde física, mental e social.

Espazos en continuo cambio: asumindo novos retos, innovación...

Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:

Comprometidos cos ODS e a Axenda 2030 das Nacións Unidas.

Consumerista: Buscarase practicar e desenvolver hábitos consumeristas en detrimento dos hábitos consumistas; para elo: - Fomentarase o emprego de materiais manipulativos, non estructurados, a autocreación…

Os valores que sustentan o noso ideario e definen os nosos sinais de identidade son os seguintes:

02

Obxectivos de centro

+ info

En relación co noso alumnado:

  • Dar unha resposta educativa axeitada e compensar desigualdades sociais.
  • Favorecer o pensamento crítico.
  • Desenvolver a súa autonomía.
  • Fomentar as fortalezas e talentos persoais.
  • Incrementar o rendemento escolar.
  • Desenvolver valores sociais e relacionais.
  • Desenvolver rutinas de coidado da Natureza.
  • Atender ás necesidades e demandas

+ info

En relación coas familias:

  • Fomentar a participación das familias nas dinámicas escolares, Escolas de familias, etc.
  • Atender ás necesidades e demandas.
  • Participación en Órganos Colexiados
  • Fomentar o bo clima.
  • Facilitar a comunicación.

+ info

En relación co noso profesorado:

  • Participar nas actividades e dinámicas do centro
  • Contribuír á renovación pedagóxica do profesorado
  • Mellorar a praxe educativa a través da autoavaliación
  • Traballar en equipo
  • Favorecer o bo clima
  • Establecer colaboración entre a comunidade educativa e a contorna próxima
  • Favorecer a participación e colaboración da comunidade educativa coa contorna lonxana

En relación á contorna:

+ info

En relación ao ambiente escolar:

  • Proporcionar un ambiente relaxado e seguro
  • Fomentar a cultura de paz

+ info

En relación a liña pedagóxica:

  • Establecer unha liña pedagóxica que manteña a coherencia vertical e horizontal.
  • Deseñar espazos, ambientes, materiais e situacións de aprendizaxe nas que o alumnado sexa o eixo.
  • Fomentar o respecto interpersoal
  • Favorecer a participación de toda a comunidade educativa

03

Principios pedagóxicos

Actividades contextualizadas

Actividade-lóxica como psicolóxica, de tipo autoestructurante (construtivista) favorecendo o “aprender a aprender”. Dando prioridade á comprensión fronte a aprendizaxe mecánica.

Favorecendo os encontros co grupo e a sociedade nun pulo pola convivencia, a paz e a inclusión.

Aprendizaxe socializada

Atender á diversidade considerando as características e diferencias persoais pulando pola atención ás necesidades proporcionando atención personalizada favorecendo o principio de igualdade e equidade.

Atención individualizada

Traballo da autonomía e autoxestión

No proceso de aprendizaxe por parte do alumnado, sendo este o protagonista das súas propias aprendizaxes considerando como importante o proceso e non só o resultado.

Por ser a actividade natural e básica do alumnado na EI e e en EP.

Emprego do xogo

Considerando o traballo manipulativo determinante para a o correcto paso entre os conceptos concretos e os abstractos e fundamental para vencellar as aprendizaxes curriculares coa realidade. Favorecerase en todo caso que o material cumpra o requisito de ser accesible.

Fomento da manipulación

Coeducación

Considerando a actividade de todo xénero en detrimento de actividades asignadas ao xénero e en prol da ruptura de esteteotipos.

Que favorecen os coñecementos potencialmente significativos e funcionais, potencian a autonomía e a producción persoal.

Liberdade e a creatividade

Desenvolvendo actividades investigativas que permitan elaborar hipótesis, sacar conclusións e reforzar as aprendizaxes máis instrumentais, favorecendo o pensamento crítico e o pensamento científico.

Fomento da intuición, a experimentación e observación

Entendendo ao noso alumnado como o centro do proceso de ensino-aprendizaxe.

Eixo paidocéntrico

Que implica o coidado de todas as persoas que integran a comunidade educativa, partimos de que ofrecendo respecto obtemos respecto.

Fomento do respecto:

04

Liña metodolóxica

Experiencias emocionalmente positivas

Deseño universal da aprendizaxe (DUA)

Función compensatoria

Partir do nivel de desenvolvemento

Dos seus coñecementos previos para conseguir aprendizaxes significativas, que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento.

Minimizando os efectos que as desigualdades de orixe cultural, social e económico teñen na aprendizaxe.

A nosa acción pedagóxica parte dunha serie de principios metodolóxicos

O paradigma educacional referente debe ser o de «aprender a aprender» e de «aprender facendo». Cómpre unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que implique a resolución de problemas na práctica.

Caracterízase por a súa flexibilidade e polo papel tan relevante na aula da tecnoloxía.

Potenciarase un clima cálido, aberto e de confianza que facilite experiencias emocionalmente positivas e potencie o apego positivo.

A organización e configuración dos espazos está directamente relacionada coa concepción que temos de como debe desenvolverse o proceso de Ensino-Aprendizaxe. Así, o espazo é concebido como algo “vivo”, en continuo movemento e coa a capacidade de ser transformado, reformulado e reorganizado. O espazo muda segundo as necesidades e intereses do noso alumnado, configurando os novos ambientes, polo que cómpre que sexa fundamentalmente versátil.

Organización de espazos

+ info

A distribucións das aulas- grupo farase combinando unha planta con aulas-grupo e outra con aulas de uso específico(especialidades), fomentando deste xeito a diminución da contaminación acústica e facilitando a movilidade do alumnado de xeito relaxado polo centro. Nas plantas donde non hai docencia directa combinaranse con espazos comúns como a aula sensorial, aula creadora, aula de construción, as aulas do profesorado especialista… O alumnado poderá circular de xeito libre entre as aulas dun mesmo rechán.

Aulas e libre circulación

+ info

Dentro das aulas-clase o espazo está organizado en distintos ambientes Preparados con materiales específicos de cada área de xeito que se contribúe ao desenvolvemento competencial. É de especial relevancia a presentación do espazo dun xeito estético e minimalista, destacando pola simpleza que garanta a harmonía.

Configuración das aulas:Os ambientes

Organización temporal

Fóra da aula

Dentro da aula

Método de traballo

  • Partimos dun eixo Paidocéntrico, centrado no/a neno/a onde alumnado e o principal axente da súa propia aprendizaxe, sendo un elemento activo na mesma.
  • Respectaranse os ritmos e estilos de aprendizaxe individuais

Papel do alumnado:

+ info

Papel do profesorado:

Concebimos que a nosa función como profesorado é fundamentalmente una labor de mediadores/as nas aprendizaxes, e polo tanto a nosa función será seleccionar aqueles estímulos necesarios para que o neno/a constrúa a súa propia aprendizaxe e adquira destrezas e habilidades que lle permitan aprender a aprender e enfrentarse a novos aprendizaxes de xeito progresivo e cada vez máis autónomo.

05

Proxectos de centro

+ info

CLUB DE CONVIVENCIA

O Club de Convivencia está formado por dous nenos e nenas representantes de cada clase, implicados/as activamente en mellorar a convivencia do centro. Reúnense todos os venres e falan sobre os conflitos que poden xurdir, buscan solucións, elaboran as normas de convivencia, participan nas asambleas plenarias, organizan as conmemoracións relacionadas coa convivencia escolar...Cada ano elixen que aspecto queren traballar para ser un axente proactivo e transformador do mundo en que vivimos. Así naceron os retos anuais de convivencia, cada ano traballando sobre algo que queren mellorar, tanto do noso colexio e da contorna próxima, como tamén a nivel internacional buscando un impacto segundo a temática sobre a que se traballe.

?????

2024

Judith Scott

2023

David Attenborough

2022

Wangari Maathai

2021

Sadako sasaki

2020

Retos anuais

+ info

POLOS CREATIVOS E CLUBS

O centro desenvolve o Proxecto Polo Creativo, concedido este curso 2022-23. Está baseado na figura dos CLUBS, obradoiros internivel no que o alumnado de todos os cursos de Primaria reúnense todas as semanas segundo os seus intereses. Alí poden desenvolver aquelas inquedanzas que comparten.En Primaria hai Clubs elixidos por eles mesmos. Este curso desenvolvemos o de astronomía, cocina, acrosport, bandas de música, costura e carpintería.En Infantil tamén teñen grupos mixtos onde desenvolven obradoiros de arte, ioga e expresión corporal, e cociña e experimentos.A finais de curso amosarán as súas aprendizaxe nunha FEIRA DE CLUBS.

06

Programas Educativos

+ info

PROGRAMAS EDUCATIVOS

Desenvolvemos diferentes programas de éxito escolar e innovación educativa co fin de: -Dinamizar o centro con materiais e actividades innovadoras.-Acadar a real inclusión do alumnado.- Instaurar hábitos saudables de alimentación, deporte, coidado do medio ambiente...- Apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con NEAE.

CONTRATOS - PROGRAMA

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan co fin de acadar o máximo desenvolvemento da personalidade e das potencialidades do alumnado contribuíndo, deste xeito, á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.A iniciativa de Contratos-Programa Innova trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.

EMOCIONA-T

INCLÚE-T

CONVIVE-T

IGUALA-T

EDUCALIDADE

EDUSAÚDE

EDUEXCELENCIA

EEDUINNOVA

NO NOSO CENTRO DESENVOLVEMOS

PLAN PROXECTA+

ALMORZOS SAUDABLES

HORA DE DEPORTE

Iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

PLAN RECUPERA: PROA +

O programa pretende: -Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades.-Axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social; -Facilitar a continuidade na progresión da acción educativa.-Incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc.

07

Servizos complementarios

- AULA MATINAL- COMEDOR ESCOLAR- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Xestionados pola ANPA

- TRANSPORTE ESCOLAR

Xestionados polo centro

SAÍDA - 14:00H

CHEGADA- 14:20H

CHEGADA - 8:45H

COLE

AVDA. MARTÍNEZ GARRIDO, 28

JENARO DE LA FUENTE, 22

TRAVESÍA DE VIGO, 6

SAÍDA - 8:25H

pIZARRO, 6

LIÑA DO TRANSPORTE ESCOLAR

+ info

SERVIZOS XESTIONADOS POLA ANPA

Vémonos no Valle!