Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

CEIP DE CHANS BEMBRIVE

CAPAZ COA PAZ 2023.

Cando nos sentimos en paz, somos quen de facer moitas cousas e moito mellor? Queredes colaborar para que o cole Chans sexa un espazo máis amable e san?

Preme na imaxe para achegarte á proposta "Capaz coa paz"

Sabiades que...?

Explicación da actividade

CHANS:ESCOLA DE PAZ

Comezamos reflexionando sobre como afectan as nosas condutas e decisións na construción dunha aula e dunha escola máis pacífica. Escribide as vosas conclusións no modelo que vos facilitamos (podedes incluír debuxos tamen). O día 30 de xaneiro, no acto conxunto faremos o intercambio das "Escolas pola paz". Acceso aos modelos

CHANS:ESCOLA DE PAZ

Se queredes podedes asinar este manifesto nas vosas aulas co voso alumnado. Acordade conxuntamente uns compromisos para facer do cole Chans un lugar no que todos e todas poidamos convivir pacificamente.Dende a nosa escola podemos axudar a transformar o mundo

Vídeos: aceptación diferenzas

Dependendo do que necesitedes potenciar nas vosas aulas, podedes traballar algúns contos, textos, curtametraxes, recursos...que axuden á reflexión sobre valores tan necesarios como a aceptación das diferenzas, o respecto, a empatía, a expresión emocional...

Algúns materiais.

letra canción

Video-titorial do alumnado de 4º do baile para facer no acto conxunto.

Preme aqui para escoitar a canción

Materiaisadicionais

A GUERRA NON É PARA MIN

Esta é a histoia de Baki, un neno de África que a idade de 12 anos viuse obrigado a converterse nun neno soldado, pasando pola súa fuxida e a súa incorporación a un campo de refuxiados onde aprende a ler e escribir.A guerra de Ucrania fixo esquecer o que continúa a suceder en Africa: golpes de estado, guerras civiles, desprazamentos..Invitámosvos a traballar esta historia para sensibilizar ao alumnado do que ocorre máis aló dos muros da nosa escola, cidade e país.

Contos sen fadas

A viaxe de Mustafá e outras historias

Non todos os contos son de fadas nen teñen un final feliz. Unicef está a difundir tres curtas animadas que narran dramáticas historias de nenos/as refuxiados/as que se ven obrigados/as a abandoar as súas casas.

Todos e todas temos dereito a saber o que é sentir, vivir e compartir a paz todos os días do ano e todos os días da nosa vida.

ceip chans bembrive 2023