Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

"Dimo e esquézoo , ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo"

Ceip PlurilingüeGarcía Barbón

Preguntas

Servizos

Proxectos

Educación Primaria

Educación Infanti

Descubre...

Fomentamos...

Índice:

FOMENTAMOS...

Diversidade

Todas e todos aprendemos a partir das nosas características individuais

Metoloxías activas

O alumnado é protagonista da súa propia aprendizaxe

Competencia

Desenvolver as competencias: lingüística, matemática, social, cívica tecnolóxica e en lingua extranxeira

Convivencia

Integrar aos alumnos e alumnas na sociedade coma persoas respetuosas

Educaciónglobal

Habilidades emocionais e traballo cooperativo

DESCUBRE...

Servizos

Proxectos

Educación Primaria

Educación Infantil

VÍDEO

O noso obxectivo é motivar e potenciar as capacidades do alumnado a través dun proceso de ensino-aprendizaxe individualizado, adaptado aos distintos ritmos e estilos cognitivos dos nenos e nenas. Buscamos unha aprendizaxe competencial e por proxectos que xurden dos intereses e necesidades do alumnado, da súa curiosidade e experiencias.O alumnado convive en recunchos de aprendizaxe que promoven a observación, experimentación, independiencia, autonomía, liberdade e adquisición de hábitos e rutinas.A metodoloxía da etapa é activa, manipulativa, significativa e globalizada, onde o xogo é o eixe principal do ensino.Potenciamos a aprendizaxe cooperativa e o pensamento de deseño (design thinking), que axudan a desenvolver a intelixencia emocional, a creatividade e a intuición.

EDUCACIÓN INFANTIL

VÍDEO

Durante esta etapa guiamos ao noso alumnado no proceso de construír, desenvolver e profundizar nos seus coñecementos. O proceso educativo convértese nun reto ao descoñecido, nun descubremento constante no que as nenas e nenos son protagonistas da súa propia aprendizaxe.O obxectivo é afianzar o seu desenvolvemento persoal, mellorar as habilildades sociais e os hábitos de traballo por medio de metodoloxías activas que os leven a aprender de xeito cooperativo e investigar a través de proxectos. Fomentamos unha aprendizaxe STEAM que lles permita aprender facendo, empregando o razoamento baseado na evidencia , incorporando a gamificación, programación e robótica, visual thinking,... estimulando así a toma de decisións e o pensamento crítico.Nesta etapa buscamos unha aprendizaxe comprensiva e eficaz das habilidades instrumentais, por medio dunha lectura eficaz e dunhas matemáticas manipulativas que lle permitan plasmar os seus novos coñecementos en todas as linguas e materias buscando alumnos e alumnas competentes para resolver, de maneira autónoma, distintas situacións que os preparen para o futuro.

EDUCACIÓN PRIMARIA

PROXECTOS

Ensino dixital

Pluriligüísmo

Atención á diversidade

Biblioteca e radio escolar escolar

Tradicións culturais

+ INFO

Faise en varios turnos en función das solicitudes de cada curso. Os alumnos e alumnas están acompañados por monitores, tanto no comedor como no tempo de lecer posterior. O servizo remata as 16.00 h, hora límite de recollida. O centro non dispón de cociña propia. O xantar procede dunha empresa de cateríng da cidade.

Comedor

SERVIZOS

Comenzan ás 15:00 horas para os mais pequenos e prolónganse ata as 17:00 horas, a maior parte. Ofértanse dentro do centro máis de 15 propostas: multideporte, inglés, kung fu, teatro, intelixencia emocional, música, patinaxe,.,.. Fora do centro están vixentes convenios con tres piscinas: Teis, Náutico e Coliseum. Tamén con Patos Surf que os recolle no centro e os trae de volta ao rematar a actividade na praia de Patos.

Extraescolares

Funciona dende as 7:30 da mañá ata a hora de entrada ás aulas. Pódese asistir durante todo o curso ou en momentos puntuais, en función das necesidades das familias.

Aula madruga

886111087

SECRETARÍA

886111088

EQUIPO DIRECTIVO

Preguntas?

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/

ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal