Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Decembro 2022

Biblioteca Xoán Farias - A Biblioteca do CEIP de Pazos

Recomendacións lectoras para este Nadal

Chega o Nadal e é tempo de estar en familia e compartir lecturas...Podes incluir na túa carta ao Apalpador, PapáNoel ou os Reis Magos algún libro. Aquí van estas recomendacións:

Expertos

Autónomos

Primeiroslectores

Prelectores

Prelectores (3-6 anos)

GAIVOTA GOURMET

DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS

MIÑOCA E PEGA

Á gaivota Mori encántalle comer sempre no mesmo restaurante: o patio do cole! Un conto de humor sobre como nos alimentamos.

Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe?

Unha nova aventura de Miñoca que demostra que as diferenzas poden superarse, sobre todo se hai boa predisposición...

Prelectores (3-6 anos)

PELUSA, PELÓN E PINCHÓN

PLÁTANOS Y BANANAS

EL AJEDREZ

Unha simpática historia sobre o que de verdade importa, acompañada de ilustracións coloridas e moi divertidas.

Versos sinxelos e ocurrentes desvèlannos unha chea de curiosidades sobre o fascinante xogo do xadrez, cun toque de humor.

Tres historias sorprendentes a través das que aprender a resolver os problemas con paciencia, imaxinación e complicidade.

Unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo.

Primeiros lectores (6-8 anos)

CANDO LEO

(NON) A TODAS AS NENAS LLES GUSTA O ROSA

SUPERAVOA

Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor.

A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo.

Primeiros lectores (6-8 anos)

EL TALLER DE MELI MANITAS

101 BUENAS RAZONES PARA LEER

TODOS SOMOS DIFERENTES

Hai moitas boas razóns para ler: é fascinane, remóveche por dentro, lévate lonxe... e todas están neste libro.

Porque temos diferentes gustos e capacidades, procedencia, raza ou cultura. Pero todos temos algo que ofrecer. A diversidade únenos.

Con explicacións claras e detalladas sobre cómo funcionan diversos obxectos cotiáns.

lectores autónomos (8-10 anos)

ANIMALIA: 4.GRIS

ANIMALARIO DE LER A DIARIO

O MARABILLOSO MUNDO DAS PROFESIÓNS

Esta nova entrega en banda deseñada céntrase nos animais urbanos. En que nos parecemos as persoas aos animais cos que convivimos a diario?

Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar.

Descubre que habilidades precisa a xente que se dedica a cada cousa e o que lle gusta do seu traballo para así atopar a chave que fará os teus soños realidade!

lectores autónomos (8-10 anos)

HOSPITAL PARA MONTRUOS: JUEGO SUCIO

ESCRIBE TUS PROPIAS HISTORIAS DIVERTIDAS

ATLAS MUNDIAL DEL FÚTBOL

Este libro está cheo de propostas divertidas pensadas para que te convirtas no escritor alucinante que sempre quixeches ser.

Queres saber máis que ninguén de fútbol? Logo este é o teu libro: Todo sobre o fútbol feminino, e máis de 40 ligas en datos.

Un dragón que sofre de indixestión? Un yeti con dor de pes? Terán que pedir cita coa Doctora de monstros. Non hai criatura demasiado grande para ela.

lectores expertos (10-12 anos)

TREBELLOS

DONAS DE NÓS

FORMIG4S: MISIÓN ROSALÍA

Dentro de cen anos a Terra vive momentos convulsos, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta.

A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si.

Os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro.

lectores expertos (10-12 anos)

LA NIÑA DEL CLIMA

EL MARAVILLOSO MUNDO DE LOS LIBROS

TALLER DE CARPINTERÍA PARA NIÑ*S

Este álbum abre as portas ao fascinante mundo dos libros: desde os primeiros alfabetos ata o proceso de creación dunha obra.

38 proxectos para iniciar a *s nen*s na carpintaría. Unha forma divertida e práctica de traballar a madeira de forma creativa.

A historia de Greta, unha nena que animouse a loitar contra o cambio climático tamén é a nosa historia e está a pasar agora mesmo. Ti podes axudar a cambiala.

Felices Lecturas no Nadal

E lembra... Se non les, non pasa nada, pero se les... pasan moitas cousas.

A biblioteca do ceip de pazos

Biblioteca Xoán Farias