Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

A2 - ABENTEUER AUTOBAHN

Horizontal infographics

STEVE JOBS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

BEYONCÉ

Horizontal infographics

Transcript

Día Internacional das Persoas con discapacidade3 de decembro

Os libros: unha xanela aberta á discapacidade

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLASA través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.

TODOS SOMOS ESPECIALES: PEDRO Y EL RETO DEL MAPAA Pedro cústalle entender os mapas, pero cando nun campamento o seu equipo perde o mapa durante unha misión, Pedro descubrirá que é capaz de atopar o camiño de regreso por si só.Este libro inclúe un conto e explicacións sobre os retos aos que se enfrontan os nenos dislexicos e tambien algunhas das súas calidades especiais para que os comprendamos mellor.

OJOSNeste libro plásmanse, nun texto poéticamente sinxelo e con belos debuxos, as reflexións sobre a capacidade e a incapacidade para ver. En cada páxina repítense dous buracos, polos que ven dous ollos, distintos cada vez. Cando se dá a volta á páxina pódese ver a interpretación enteira da imaxe.

ROLF & FLOR EN LONDRESRolf e Flor viaxan a Londres para visitar ao seu amigo Erik. Alí coñecerán a Alex, un neno con síndrome de Down, que tamén está convidado pola familia. Un día, os nenos acompañan a Erik ao colexio. Chegou unha nova compañeira chamada Muna («esperanza» en árabe) que provén de Siria; un país en guerra. Muna está asustada e a inocencia de Alex será o catalizador para que senta como na casa e poida expresar os seus sentimentos.

TODOS SOMOS ESPECIALES: INÉS Y UN MISTERIO EN EL COLEGIOEste libro mostra os retos aos que se enfrontan os nenos con TDAH (trastorno por deficit de atención e hiperactividade) e tamén algunhas das súas calidades especiais para que os comprendamos mellor. Ademais do conto, inclúe notas, propostas e recomendacións dunha especialista sobre como fomentar o desenvolvemento dalgunhas habilidades en nenos con e sen necesidades educativas especiais.

EL CAZO DE LORENZOCon palabras simples e unhas ilustracións tenras e divertidas, a autora recrea o día a día dun neno diferente: as súas dificultades, as súas calidades, os obstáculos que ten que afrontar...

MARCOS Y LA LUNA Marcos é un neno con autismo. Acode á súa amiga A Lúa para que o axude. Non sabe como xogar cos nenos, non sabe como actuar e ás veces non entende o que din. A Lúa, cunha doce canción, abre o corazón de Marcos ao resto de nenos do colexio e ensínalles como axudalo. Un conto cheo de aprendizaxe e valores como a empatía, a igualdade ou a amizade. Sen dúbida fará crecer aos seus oíntes e lectores ata o infinito.

EL MISTERIO DE JULIA Julia leva a vida típica dunha nena de 8 anos. Xoga cos seus amigos, vai ao colexio... Pero de súpeto algo estraño nótase no seu comportamento, xa non é a mesma de sempre. Un libro que trata a discapacidade auditiva dunha maneira natural, sen dramas nin para a nena nin para os pais. O problema resólvese de forma rápida e sinxela para que todos poidan volver á súa vida de sempre.

EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES Tomás non pode ver as cores. Estes son para el miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Desde a escuridade dos seus ollos, Tomás convídanos a descubrir as cores sen velos.