Full screen

Share

Show pages

EMPEZAR
o relevo terrestre
Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people create interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

EMPEZAR

o relevo terrestre

O relevo é todo o conxunto de formas na superficie terrestre que se foron formando ao longo de millóns de anos . A superficie terrestre está tanto nos continentes e illas coma baixo os océanos. Estamos acostumados a ver as imaxes e mapas do planeta Terra tal e como aparece na imaxe da esquerda ...Pero se lle quitamos a auga dos océanos, veremos que baixo as augas tamén hai formas do relevo ( fosas, cordilleiras, chairas,....)

que e o relevo?

O relevo e todas as súas formas son o resultado da acción de dúas forzas: 1. As forzas internas da Terra: aquelas que xorden do interior do noso planeta e foron formando o relevo ao longo do tempo. 2. As forzas externas: aquelas que actúan na súa superficie e van modificando, modelando o relevo , dándolle novas formas.

formación e modelado do relevo

As forzas ou axentes externos modelan o relevo , a través do ciclo da erosión:

  • Erosionan, é decir, desgastan o relevo
  • Transportan, é decir, moven os materiais erosionados.
  • Sedimentan, é decir, acumulan eses materiais en certas áreas.
Esas forzas ou axentes externos son:
  • A atmosfera : mediante cambios de temperatura e o vento
  • A auga : tanto en estado líquido ( mares, ríos, ...) coma sólido ( glaciares )
  • Seres vivos : vexetación, animais e o ser humano

  • Chairas : áreas planas ou suavemente onduladas de menos de 200 m de altitude.
  • Mesetas: chairas elevadas de máis de 200 m de altitude. Si se atopan entre cadeas montañosas a unha gran altitude, tamén reciben o nome de altiplanos. Exemplos: Meseta Central Española, Meseta do Tíbet, Altiplano boliviano.
  • Montañas: elevacións do terreo con forte pendente, que normalmente se presentan formando conxuntos de:
  • Serras: pequenos grupos de montañas, xeralmente pertencentes a un grupo maior, dun macizo ou unha cordilleira. Por exemplo, a Serra do Barbanza, Serra de Gredos, ...
  • Macizos: formados por montañas vellas, desgastadas pola erosión, de formas redondeadas. P.ex.: Macizo galego, Apalaches,...
  • Cordilleiras: formadas por montañas novas e altas. P.ex: Alpes, Himalaia, Pirineos,...
  • Depresións: zonas a menor altitude que as terras que a rodean. Normalmente están percorridas por ríos, sendo así vales fluviais ou concas hidrográficas . P.ex.: val do Ebro, conca do Amazonas, ...

+ info

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed

título aquí

A costa ou litoral é aquela zona das terras emerxidas (dos continentes ou das illas) que está en contacto co mar. Pode prersentar moi diversas formas:

  • Praias: áreas normalmente recubertas de sedimentos (normalmente area, pero poden ser pedras) que proveñen da erosión das zonas costeiras.
  • Cantís: terreos rochosos e escarpados, con fortes pendentes.
  • Cabos: áreas da terra que penetran no mar en forma de lingua.
  • Golfos : ao contrario que os cabos, son entrantes do mar na costa. Si son pequenos e ben resgardados, chámanse baías.
  • Penínsulas : extensións de terreo rodeadas polo mar por todas partes menos por unha, chamada istmo.
  • Rías : vales fluviais inundados polo mar.
  • Fiordes : vales glaciares inundados polo mar.

Lorem ipsum dolor

Lorem ipsum

Lorem ipsum dolor

1930

Lorem ipsum dolor

1950

Lorem ipsum dolor

1940

  • Plataforma continental: suave pendente situada entre o bordo do continente (a costa) e os 200m de profundidade
  • Noiro continental: brusco chanzo entre a plataforma continental e o fondo mariño
  • Chairas abisais: chairas situadas entre 4.000 - 5.000 m de profundidade. Nelas temos:
    • Dorsais ou cordilleiras oceánicas.
    • Fosas oceánicas: profundas fendas nos fondos oceánicos. Poden ser moi profundas, como a de Challenger (11.033 m) na fosa das Marianas (Océano pacífico)

a coñecer o relevo do mundo!

Next page

genially options