Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Escola + Familia= Educación

PAra educar vai falta toda a tribu

ANULACIÓN MATRÍCULA

hORARIOS

PROGRMAS 2

NOFC

DIVERSIDADE

ABSENTISMO

PENDENTES

PROMOCIÓN

PROGRAMAS 1

COMUNICACIÓN

SAÚDE

I DIOMAS

CALENDARIO

XUNTOS

CONVERSAS

HÁBITOS

ÍNDICE

Comunicación da tribu

Aplicación ABALAR: Para comunicación de faltas, notas, e contactar co profesorado. No caso de ter problemas para baixar a aplicación, comunicalo. Cada profesor/a decide se activa esta opción e as posibilidades de comunicación.Entrevistas presenciais. Pódense solicitar por correo ou teléfono: . Os correos e horarios de atención do profesorado figuran na web do centro. Sempre con cita previa. Se non se pode acudir á cita, é importante avisar, isto dará oportunidade de axilizar as entrevistas con outras familias. Videochamada por webex cisco (canal oficial e seguro).

Xuntos aínda que separados

Os documentos deben ser asinados polos dous proxenitores en caso de divorcio. É obriga das familias achegar copia de convenio regulador actualizado. O/a proxenitor/a que non ten a garda e custodia pero si a patria potestade, ten dereito a información. En principio a información se ofrece a quen convive co rapaz pero sempre se pode solicitar ABALAR e entrevista. Recomendamos, que sempre que sexa posible, pai e nai acudan ás reunións xuntos e teñan acceso a esta información.

Páx 27 e 28Protocolo protección datos

Non podemos facilitar información a persoas que non son pais/nais ou titores legais sen o consentimento do pai/nai/titor-a legal.

Horarios

Horario de cada aula: Premer no enlace.Cando pode marchar do centro no caso de que falte un profesor/a? O alumnado unicamente ten permiso para saír do centro no caso de que se comunicase con antelación que o profesor ou profesora da materia falta a última hora da mañá ou da tarde.

Cambios máis destacados da LOMLOE

Cambian os currículos nos cursos pares. Complétase polo tanto a aplicación da nova lei en tódolos cursos.As programacións dos cursos pares serán publicadas na web no mes de decembro (prazo facilitado pola inspección).

Lembramos a importancia de levar un plan de estudo que permita ao alumnado acadar obxectivos en cada trimestre. Nº de avaliacións: 3 avaliacións parciais e unha avaliación final ORDINARIA que pode coincidir coa terceira avaliación. O alumnado con materias suspensas terá dereito a unha proba EXTRAORDINARIA.PROMOCIÓN A 2º: cando o alumnado supere as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo.REPETICIÓN 1º curso: cúrsanse todas as materias de novo. Non se manteñen cualificacións das materias superadas no curso anterior.

PROMOCIÓN A 2º DE BACHARELATO

Lembramos a importancia de levar un plan de estudo que permita ao alumnado acadar obxectivos en cada trimestre. Nº de avaliacións: 3 avaliacións parciais e unha avaliación final ORDINARIA que pode coincidir coa terceira avaliación. O alumnado con materias suspensas terá dereito a unha proba EXTRAORDINARIA.TITULACIÓN: Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato. Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

TITULACIÓN BACHARELATO

  • O alumnado de 2º que teña pendentes materias reguladas deberá recuperalas co currículo establecido no Decreto 157/2022, do 15 de setembro. Para estes efectos, terase en conta:
- As materias con igual denominación deberán recuperarse co currículo da nova materia.-Para as materias que cambian de denominación entre os dous decretos establécese a correspondencia recollida no anexo III. (premer na ventana ou no título).-O alumnado que teña pendente de superar Fundamentos de Arte I deberá substituír a dita materia por outra materia da modalidade que curse.-O alumnado que teña pendente de superar materias específicas ou de libre configuración, cuxa suma total de horas lectivas semanais sexa igual ou superior ás 3 horas, e para as que non sexan de aplicación as letras a) ou b), deberá substituír as ditas materias por unha materia optativa.-No caso de que a suma total de horas lectivas non superadas sexa de 2 ou 1, o alumnado deberá matricularse desas materias pendentes, pero non terá obriga de recuperalas.
  • Plan de traballo TRIMESTRAL. O alumnado debe ser responsable coas datas de entrega. Importante que a familia realice seguimento.
  • Notas trimestrais no boletín igual que as materias do curso actual.
  • Contan para a promoción e a titulación.

Materias pendentes

+Calendario de exames

Axenda

  • Evita problemas de inseguridade e ansiedade ante os exames.
  • Moi necesaria para organizar estudo.
  • Aconsellamos que o alumnado anote os exames na axenda e os teña preparados 3-5 días antes.
  • Colaboración da familia en:
-revisión datas de exames e tarefas -consolidación do hábito de ter organizado o plan de traballo

Calendario de exames

  • Donde se pode consultar o calendario de exames? Na web do centro (pendente de publicación)
  • Donde podo consultar o que van facendo na aula? Nas aulas virtuais e nas programacións didácticas.

Equidade: facilitar a cada quen as axudas que precisa para poder progresar

medidas de atención á diversidade

Diágnósticos

Cando se conta con informes médicos de servizos externos que inciden na evolución académica e persoal (p.ex: TDAH, TEA, seguimento psicolóxico, trastornos de conduta, de personalidade, motóricos, de linguaxe ou da comunicación, sensoriais, etc) é importante porse en contacto coa orientadora.Esta información unicamente se empregará para unha mellor atención educativa do alumno/a e para cubrir as estatísticas (numéricas, nunca nominais) que solicita a Consellería a Orientación. O procedemento é o seguinte: solicítase entrevista coa orientadora, e se cubre no día da entrevista o documento de rexistro e entrada oficial da entrega de documentación.A información sempre será confidencial e con acceso restrinxido, así como gardada baixo chave. Para poder ter proba adaptada na ABAU tamén é fundamental ter constancia deste informe.

Comunicación das MAD

Recibirase neste mes a comunicación da aplicación das mesmas.

Na web do IES

Debemos ter unha resposta unificada para conseguir unha boa convivencia, ambiente de traballo, e respecto aos membros da comunidade educativa. Condutas como durmir na aula, non vir a clase, perder o respecto ao profesorado e compañeiros/as, e impedir un bo funcionamento da aula entorpecendo a aprendixade do resto do alumnado deben ter unha resposta firme por parte da familia. Nestes casos debemos ser máis tribu que nunca. Uso do móbil no centro: unicamente está permitido empregar o móbil cando o profesora/a o solicita previamente e se lle dá un uso pedagóxico para unha actividade concreta. O alumnado é responsable do uso do material e o mobiliario. O desperfecto ou perda será subsanado pola familia do alumno/a. Obriga do alumnado de traer sempre o material a clase (de non facelo pódese considerar abandono da materia). Especialmente importante nas clases de EF e EPV/Debuxo. Facilitamos o aluguer de taquilla (5 euros/ano). Saída do recinto escolar: o centro permanecerá pechado no horario lectivo. Saída no tempo de lecer: con autorización para maiores de 16 anos. Pode ser revocado no caso de que a dirección o considere necesario. Tres faltas leves terán a consideración de falta grave.

NOF: normas de organización e funcionamento do centro

Bos hábitos que acompañan o benestar físico e emocional, e o éxito escolar

Prevención de consumos (detectamos un aumento de consumos de alcol, tabaco e outras sustancias).Descanso (cada vez máis durmen escasas horas por estar coa tablet ou teléfono polas noites). Temos alumnado que se durme na aula e que recoñece 2-4 horas de descanso.Exercizo. Estudos demostran que o hábito de exercicio diario repercute no rendemento académico, ademáis facilita a liberación das hormonas do benestar e a felicidade (endorfinas, serotonina e dopamina). En estados de ansiedade (habitual en época de exames) e/ou depresión o exercicio moderado é altamente recomendable.

Indisposicións:-se non é grave chamaremos á familia para que veña polo rapaz/a.-de ser urxente, comunicarase ás familias por teléfono pero será o equipo directivo quen o leve ao centro médico ou chame a unha ambulancia.A responsabilidade de chamar ás familias cando hai un accidente é do centro. Hai unhas pautas para facelo que non podemos cumprir se o alumnado se adianta. O uso do teléfono está ademáis restrinxido no centro.Procolo de alerta escolar (so no caso de enfermidades graves, crónicas ou de risco).Obriga da familia de estar localizada e comunicar cambios nos teléfonos de contacto.Obriga da familia de comunicar os datos relativos á saúde dos alumnos/as (serán confidenciais).

PROTOCOLO DE ALERTAACTUACIÓNS ANTE PROBLEMAS DE SAÚDE

Xustificación faltas e absentismo

Non se pode faltar aos exames sen un xustificante oficial (por exemplo: consulta médica). Repercusión do absentismo na titulación: ao alumnado con inasistencia ou faltas inxustificadas non se lle aplicará a posibilidade de titular cunha materia suspensa.Repercusión do absentismo no ambiente de traballo da aula e no grupo: O ritmo de aula resíntese cando acordan faltar en grupo. É importante facer entender ao alumnado que o comportamento individual ten consecuencias no grupo aula. Proposta complementarias: O profesorado fai un esforzo en planear propostas complementarias que teñen obxectivos pedagóxicos, un esforzo que ademáis implica unha inversión educativa con cartos públicos. Solicitamos colaboración para que as familias fagan entender aos seus fillos e fillas que son clases diferentes ás que deben asistir así como as consecuencias deste absentismo.Cando un profesor/a falta, o alumnado debe permanecer no centro agás na última/primeira hora cando se sabe que vai faltar un profesor/a e a dirección o comunica.Procedemento de xustificación das faltas de asistencia:Modelo: en conserxería e na web do centro.Aplicación Abalar. Se non funciona, avisar no centro.Entrega de xustificación ao titor/a: 2 días a partir do día de incorporación ao centroFaltas que son xustificables: Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

Anulación Matrícula

Poderáse solicitar á dirección do centro docente, antes do 30 de abril.Cando se pode solicitar? Cando circunstancias de doenza prolongada, de incorporación a un posto de traballo ou de obrigas de tipo familiar ou persoal lle impidan seguir, en situación normal, os estudos. A solicitude, á cal cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro.

Conversas sobre o futuro

Durante esta etapa na que hai que decidir cuestións importantes na traxectoria persoal, académica e profesional recomendamos ás familias:-Conversar sobre cualidades positivas e talentos da alumna e alumno.-Facilitar a visibilización de imaxes relacionadas con “como me vexo facendo no futuro?No centro facilitaremos a toma de decisións vocacionais:1. con recursos para coñecer opcións e ampliar información2.organizando a Semana das Profesións igual ca na ESO para coñecer opcións educativas e laborais3. visitando universidades en cada un dos cursos4. recibindo asesoramento e orientación individual e grupal coa orientadora5. dando a coñecer opcións e experiencias emprendedoras mediante obradoiros e/ou charlas6. establecendo pontes coas universidades: charlas da USC, UDC7. achegando experiencias variadas que atendan aos intereses do alumnado8. promovendo eleccións sen etiquetas de xénero

Programas de Convivencia, Igualdade e Emocións

Vinculado coa mediación e resolución de conflitos, a empatía e comprensión das diversidades, etc

EMOCIÓNATE

Vinculado co benestar emocional

CONVIVE

Vinculado coa igualdade de xénero, e a diversidade afectivo sexual

IGUÁLAT

O alumnado participante NESTAS ACTIVIDADES E que vive lonxe, pode quedarse a comer nAS INSTALACIÓNS Do centro sempre que a dirección o autorice.

O alumnado pode participar en algún dos Clubs de Lectura.Podedes seguir todas as novidades no blog da Biblio OverBooking.

Club de lectura

Club de Ciencias

Como en anos anteriores, o Club de Ciencias realizará propostas para estimular o interese polas Ciencias.

Inglés

Portugués

Auxiliar de conversa

Francés

Cuale

Esta formación en horario extraescolar é unha oportunidade extraordinaria para acadar resultados positivos nas probas de clasificación da EOI e obter títulos A2, B1 e B2. .A falta de asistencia a estas clases tamén debe ser informada e xustificada.

Xa temos incorporada á auxiliar de conversa. As normas de respecto deben ser as mesmas que para calquera outro profesor/a.

Idiomas

FESTIVO LOCAL E DÍA NON LECTIVO20 maio: día non lectivo proposto polo centro.21 de maio de 2024: Voto de Chanteiro en Mugardos e Ares (festivo local).