Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

PAra educar vai falta toda a tribu

LOMLOE

PROGRMAS 2

NOFC

DIVERSIDADE

ABSENTISMO

PENDENTES

AXENDA/EXAMES

PROMOCIÓN

PROGRAMAS 1

COMUNICACIÓN

SAÚDE

XUNTOS

I DIOMAS

CALENDARIO

CONVERSAS

HÁBITOS

C. DIXITAL

ÍNDICE

Comunicación da tribu

Aplicación ABALAR: Para comunicación de faltas, notas, e contactar co profesorado. No caso de ter problemas para baixar a aplicación, comunicalo. Cada profesor/a decide se activa esta opción e as posibilidades de comunicación.Entrevistas presenciais. Pódense solicitar por correo ou teléfono: . Os correos e horarios de atención do profesorado figuran na web do centro. Sempre con cita previa. Se non se pode acudir á cita, é importante avisar, isto dará oportunidade de axilizar as entrevistas con outras familias. Videochamada por webex cisco (canal oficial e seguro).

Xuntos aínda que separados

Os documentos deben ser asinados polos dous proxenitores en caso de divorcio. É obriga das familias achegar copia de convenio regulador actualizado. O/a proxenitor/a que non ten a garda e custodia pero si a patria potestade, ten dereito a información. En principio a información se ofrece a quen convive co rapaz pero sempre se pode solicitar ABALAR e entrevista. Recomendamos, que sempre que sexa posible, pai e nai acudan ás reunións xuntos e teñan acceso a esta información.

Páx 27 e 28Protocolo protección datos

Non podemos facilitar información a persoas que non son pais/nais ou titores legais sen o consentimento do pai/nai/titor-a legal.

Cambios máis destacados da LOMLOE

Cambian os currículos nos cursos pares. Complétase polo tanto a aplicación da nova lei en tódolos cursos.As programacións dos cursos pares serán publicadas na web no mes de decembro (prazo facilitado pola inspección).

Nº de avaliacións: 3 avaliacións parciais e unha avaliación final. Na avaliación final é na que se decide a promoción.A PROMOCIÓN decídese de maneira colexiada polo profesorado, tendo en conta a consecución dos obxetivos, o grao de adquisición das competencias, a valoración das medidas que favorezcan o progreso da alumna ou do alumno, e tendo en conta os seguintes CRITERIOS:1. Promociona quen supere todas as materias ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, tendo en conta tanto as materias do curso actual como as pendentes de cursos anteriores.2. Tamén se pode decidir pormoción cando se cumpran as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das calificacións obtidas en todas as materias nas que esté matriculada o matriculado en ese año académico sexa igual o superior a cinco. b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto que establece o Curriculum da etapa non sexa superior a dez. A estes efectos non se considerarán as pendentes de cursos anteriores nin as materias de libre configuración. (enlace no título desta pantalla). c) Que o equipo docente considere que a naturaleza das materias non superadas lle permite seguir con éxito no curso siguiente. d) Que o equipo docente estime que ten expectativas favorables de recuperación. e) Que o equipo docente estime que dicha promoción beneficiará a súa evolución académica.

PROMOCIÓN ESO (1º-2º-3º ESO)

Nº de avaliacións: 3 avaliacións parciais e unha avaliación final (a última parcial debe coincidir coa avaliación final ordinaria). Na avaliación final é na que se decide a TITULACIÓN.A TITULACIÓN decídese de maneira colexiada polo profesorado, tendo en conta a consecución dos obxetivos xerais de etapa, o grao de adquisición das competencias, e tendo en conta os seguintes CRITERIOS: -Titula o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados.- Ademais do caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas. c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.

TITULACIÓN ESO (4º ESO)

  • Tendo en conta os cambios normativos derivados da aplicación da LOMLOE:
-as materias pendentes avaliaranse tendo en conta o currículo actual. Decreto 156/2022.-as materias que cambian de denominación a correspondencia é a seguinte: Matemáticas aplicadas e Matemáticas académicas 3º ESO- Matemáticas 3ºESO; 1 lingua estranxerira (todos os cursos)-lingua estranxeira (todos os cursos); Tecnoloxía 2º -Teconoloxía e Dixitalización. -s materias de libre configuración en 1º e 2º ESO e a maeria de tecnoloxía de 3º non teñen correspondencia coas materias do novo sistema polo que deberán matricularse pero non terán obriga de recuperalas.
  • Plan de traballo TRIMESTRAL. O alumnado debe ser responsable coas datas de entrega. Importante que a familia realice seguimento.
  • Neste mes entregarase plan de atención ao alumnado con materias pendentes. A familia debe asinar e entregar ao titor ou titora o documento para certificar que foi informada.
  • Notas trimestrais no boletín igual que as materias do curso actual.
  • Contan para a promoción e a titulación.

Materias pendentes

+Calendario de exames

Axenda

  • Evita problemas de inseguridade e ansiedade ante os exames.
  • Moi necesaria para organizar estudo.
  • Aconsellamos que o alumnado anote os exames na axenda e os teña preparados 3-5 días antes.
  • Colaboración da familia en:
-revisión datas de exames e tarefas -consolidación do hábito de ter organizado o plan de traballo

Calendario de exames

  • Donde se pode consultar o calendario de exames? Na web do centro (pendente de publicación).
  • Donde podo consultar o que van facendo na aula? En EDIXGAL (1º-2º ESO), aulas virtuais e nas programacións didácticas.

Equidade: facilitar a cada quen as axudas que precisa para poder progresar

medidas de atención á diversidade (M.A.D.)

Diágnósticos

Cando se conta con informes médicos de servizos externos que inciden na evolución académica e persoal (p.ex: TDAH, TEA, seguimento psicolóxico, trastornos de conduta, de personalidade, motóricos, de linguaxe ou da comunicación, sensoriais, etc) a familia debe informar á orientadora. Desta maneira poderáse ofrecer ao alumnado as axudas necesarias.Esta información é confidencial, e se garda baixo chave. Unicamente se empregará para unha mellor atención educativa do alumno/a e para cubrir as estatísticas (numéricas, nunca nominais) que solicita a Consellería a Orientación. O procedemento é o seguinte: solicítase entrevista coa orientadora, e se cubre no día da entrevista o documento de rexistro e entrada oficial da entrega de documentación.

Apoios PT

  • Na exención de idioma estranxeiro.
  • Dentro da aula de forma xeral, salvo excepcións comunicadas á familia.

Comunicación das MAD

Neste mes as familias recibirán a comunicación da aplicación das MAD. Deben enviar documento asianado e entregalo/a ao titor-a ou á orientadora.As familias de 1º ESO serán convocadas a unha entrevista coa orientadora.

Na web do IES

Debemos ter unha resposta unificada para conseguir unha boa convivencia, ambiente de traballo, e respecto aos membros da comunidade educativa. Condutas como durmir na aula, non vir a clase, perder o respecto ao profesorado e compañeiros/as, e impedir un bo funcionamento da aula entorpecendo a aprendixade do resto do alumnado deben ter unha resposta firme por parte da familia. Nestes casos debemos ser máis tribu que nunca. Uso do móbil no centro: unicamente está permitido empregar o móbil cando o profesora/a o solicita previamente e se lle dá un uso pedagóxico para unha actividade concreta. O alumnado é responsable do uso do material e o mobiliario. O desperfecto ou perda será subsanado pola familia do alumno/a. Obriga do alumnado de traer sempre o material a clase (de non facelo pódese considerar abandono da materia). Especialmente importante nas clases de EF e EPV/Debuxo. Facilitamos o aluguer de taquilla (5 euros/ano). Saída do recinto escolar: o centro permanecerá pechado no horario lectivo. Saída no tempo de lecer: con autorización para maiores de 16 anos. Pode ser revocado no caso de que a dirección o considere necesario. Tres faltas leves terán a consideración de falta grave.

NOF: normas de organización e funcionamento do centro

Competencia dixital

Como poden colaborar as familias?:-Controlando e, sobre todo, dialogando sobre como se mostran nas redes e como esta imaxe e identidade dixital pode beneficiarlles ou perxudicarlles.-Facéndolles actuar con responsabilidade en relación á imaxe dos demáis, en especial, se son menores. Grabar e difundir nas redes imaxes que vulneren a imaxe dos demáis e, participar en cadeas é delito.-Tratando o tema da confidencialidade: dos contrasinais, da información persoal e familiar que transmiten coas imaxes e datos que facilitan. -O control dos tempos: recomendamos limitar os usos das tecnoloxías marcando horarios para diferentes actividades e facer uso de apps para controlar o uso/abuso do móbil. É importante asegurarse de que polas noites non teñen acceso ás tecnoloxías (retirada móbiles ou desconexión datos) e teñen un sono reparador. -Comprobando que traen a batería dos ordenadores cargada (1º -2º ESO).-Animando e comprobando o emprego de axendas dixitais: tareas e exames e uso de alarmas para xestionar o estudo.

Bos hábitos que acompañan o benestar físico e emocional, e o éxito escolar

  • Coidar a hixiene (ducha diaria, muda para cambiarse logo de E.F) nos fai sentir ben e non repercute negativamente na aula.
  • Bos hábitos alimenticios
  • Prevención de consumos (detectamos un aumento de consumos de alcol, tabaco e outras sustancias)
  • Descanso (cada vez máis durmen escasas horas por estar coa tablet ou teléfono polas noites)
  • Exercizo. Estudos demostran que o hábito de exercicio diario repercute no rendemento académico, ademáis facilita a liberación das hormonas do benestar e a felicidade (endorfinas, serotonina e dopamina). En estados de ansiedade (habitual en época de exames) e/ou depresión o exercicio moderado é altamente recomendable.

Indisposicións:-se non é grave chamaremos á familia para que veña polo rapaz/a.-de ser urxente, comunicarase ás familias por teléfono pero será o equipo directivo quen o leve ao centro médico ou chame a unha ambulancia.A responsabilidade de chamar ás familias cando hai un accidente é do centro. Hai unhas pautas para facelo que non podemos cumprir se o alumnado se adianta. O uso do teléfono está ademáis restrinxido no centro.Procolo de alerta escolar (so no caso de enfermidades graves, crónicas ou de risco). É importante dar aviso á dirección.Obriga da familia de estar localizada e comunicar cambios nos teléfonos de contacto.Obriga da familia de comunicar os datos relativos á saúde dos alumnos/as (serán confidenciais).

PROTOCOLO DE ALERTAACTUACIÓNS ANTE PROBLEMAS DE SAÚDE

Xustificación faltas en idade de ensino obrigatorio

Procedemento de xustificación das faltas de asistencia: Modelo: en conserxería e na web do centro.Aplicación Abalar. Se non funciona, avisar no centro. Entrega de xustificación ao titor/a: 2 días a partir do día de incorporación ao centro Faltas que son xustificables: Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario. Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario. Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos. Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica. Non se pode faltar aos exames sen un xustificante oficial (por exemplo: consulta médica). Protocolo de absentismo: A asistencia é obligatoria ata os 16 anos, e cando se teñen completado 10 anos de escolaridade. De vulnerarse o o dereito á educación pola falta de asistencia inxustificada, procederase á apertura dun protocolo de absentismo. Número de horas polas que pode abrirse o protocolo: 10% mensual.Consecuencias apertura protocolo: derivación a inspección e Servizos Sociais. . Activación previa da UACO

Protocolo

Conversas sobre o futuro

Durante esta etapa na que hai que decidir cuestións importantes na traxectoria persoal, académica e profesional recomendamos ás familias:-Conversar sobre cualidades positivas e talentos da alumna e alumno.-Facilitar a visibilización de imaxes relacionadas con “como me vexo facendo no futuro?No centro facilitaremos a toma de decisións vocacionais:1. con recursos para coñecer opcións e ampliar información2.organizando a Semana das Profesións igual ca na ESO para coñecer opcións educativas e laborais3. visitando universidades en cada un dos cursos4. recibindo asesoramento e orientación individual e grupal coa orientadora5. dando a coñecer opcións e experiencias emprendedoras mediante obradoiros e/ou charlas6. establecendo pontes coas universidades: charlas da USC, UDC7. achegando experiencias variadas que atendan aos intereses do alumnado8. promovendo eleccións sen etiquetas de xénero

Programas de Convivencia, Igualdade e Emocións

Vinculado coa mediación e resolución de conflitos, a empatía e comprensión das diversidades, etc

EMOCIÓNATE

Vinculado co benestar emocional

CONVIVE

Vinculado coa igualdade de xénero, e a diversidade afectivo sexual

IGUÁLAT

O alumnado participante NESTAS ACTIVIDADES E que vive lonxe, pode quedarse a comer nAS INSTALACIÓNS Do centro sempre que a dirección o autorice.

O alumnado pode participar en algún dos Clubs de Lectura.Podedes seguir todas as novidades no blog da Biblio OverBooking.

Podedes seguir todas as novidades no blog da Biblio OverBooking.O alumnado debe traer un libro da casa ou emprestado pola biblioteca.

Hora de Ler

Club de lectura

Club de Ciencias

Como en anos anteriores, o Club de Ciencias realizará propostas para estimular o interese polas Ciencias.

Inglés

Portugués

Auxiliar de conversa

Francés

Cuale

Esta formación en horario extraescolar é unha oportunidade extraordinaria para acadar resultados positivos nas probas de clasificación da EOI e obter títulos A2, B1 e B2. .A falta de asistencia a estas clases tamén debe ser informada e xustificada.

Xa temos incorporada á auxiliar de conversa. As normas de respecto deben ser as mesmas que para calquera outro profesor/a.

Idiomas

FESTIVO LOCAL E DÍA NON LECTIVO20 maio: día non lectivo proposto polo centro.21 de maio de 2023: Voto de Chanteiro en Mugardos e Ares (festivo local).