Want to make creations as awesome as this one?

Dentro do noso proxecto de centro, tiñamos como produto final a creación dunha aldea e dunha escola sostibles, parecianos moi difícil acadar o obxectivo pero conseguímolo co apoio de todas e todos. Puxemos traballo, ilusión, motivación e moitas ganas por facelo e facelo ben. E o resultado foi fantás

Transcript

UNHA ALDEA E UNHA ESCOLA SOSTIBLES

INVESTIGAMOS, REFLEXIONAMOS E CREAMOS

1.- Investigamos como podiamos facer, sempre guiados e guiadas polo mestre Quico e as nosas mestras Marián e Berta.2.- Fixemos probas en papel e estudamos as nosas posibilidades.3.- Escomenzamos o proxecto.4.- Construimos casas e a escola coa a axuda das familias e o persoal non docente.5.- Montamos as nosas casas e a instalación eléctrica d epaneis solares e muíños6.- Posta en funcionamento.7.- Felicidade completa. Reto superado

SECCIÓN 01

CONSTRUIMOS UNHA ALDEA E UNHA ESCOLA SOSTIBLES

As nosas mestrras e mestre fixéronnos a proposta de construir unha aldea sostible na que a nosa escola fose o centro da mesma. Pareceunos unha idea chulísima e coa súa axuda e a das familias e o persoal non docente puxémonos mans á obra. resultou ser moi ilusionante porque iamos vendo medrar a nosa aldea coas casas que iamos construindo e unha familia realizounos a maqueta da escola, quedou espectacular.Contamos coa axuda do persoal non docente para ir montando a aldea e o resultado non puido ser mellor, unha marabilla.Pero o momento máis emocionante foi ver funcionar todo o que planificaramos. Foi a felicidade completa. Ímosvos ensinar o bonita que quedou e os pasos que seguimos.

Collendo forma

Escomenzando

Rematado

POSTA EN FUNCIONAMENTO

Neste video podedes ver que ben funciona. Todo un éxito para nós. Pica na imaxe para ver o video.

Vídeo

¡MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE O FIXESTEDES POSÍBEL!Grazas ao mestre Quico que creu en nós en todo o proceso, sempre con ilusión e con reforzos positivos, a Berta e a Marián. a Nati, Luís e á familia de Claudia de 5º B