Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

<iframe style="border-radius:12px" src="https://open.spotify.com/embed/track/33LAK85c2hzjKPv9mC4XzQ?utm_source=generator" width="100%" height="380" frameBorder="0" allowfullscreen="" allow="autoplay; clipboard-write; encrypted-media; fullscreen; picture-in-picture"></iframe>

Unha cor propia

Paxaros

Chuvisca

Rizos de Ouro

e os tres osos

La ensalada de la bruja

Un baño de bosque

Para que me lean...

O camaleón tiña un problema: a diferenza dos outros animais, carecía dunha cor propia. Cambiaba ondequeira que fose: volvíase vermello entre as follas no outono e negro nas longas noites de inverno. Pero na primavera, entre a herba verde, atopou unha marabillosa solución. Unha proposta perfecta para prelectores e para axudar a recoñecer as cores. Unha fábula contemporánea para primeiros lectores que nos invita a recoñecernos e a aceptarnos, a superar as nosas inseguridades, e que revela a importancia da amizade e da comunicación. As ilustracións sinxelas, con estampacións e manchas de cor, animan os pequenos e os maiores a crear.

«Paxaros» é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos que converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicos de liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro, sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación. Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía, Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención urbana -dentro do proxecto infantil Gato Peludo- baseada en habitar os lugares comúns. Á sinxeleza do texto, un canto aos soños da infancia, as ilustracións de Lucía Franco redundan no minimalismo gráfico: son imaxes que destacan pola súa naturalidade, unha reducida paleta cromática de vermellos e azuis, con personaxes caracterizados con ás e picos.

Dunha adversidade, como a chuvia que enchoupa o fogar dunha familia de aves, xorde a oportunidade para que os seushabitantes aprendan os uns dos outros e enriquezan mutuamente os seus coñecementos, coa axuda dunha sabia mamá paxaro.«Chuvisca» é un álbum ilustrado que, dende a sinxeleza, presenta unha historia circular; unha certa metáfora desta sociedadeindividualista que, dende a solidariedade, a convivencia, a colectividade e a comunicación, pode mellorar.

Unha versión moderna e innovadora do conto clásico“Riciños de Ouro e os tres osos”. Os personaxes, reducidos ao seu signo distintivo máis simple, están representados por números ou elementos tipográficos: o 0 amarelo é Rizos de Ouro; o 1, un paxaro carpinteiro; o 3 deitado, as orellas dos osos... Un álbum cargado de humor e creatividade que estimula a participación e imaxinación de lectores e lectoras e que nos remite a outras exitosas propostas do simbolismo abstracto en ilustración como“Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, de Leo Lionni.

Á bruxa Baba non lle gusta a verdura. Prefire cociñar criaturas como ingrediente principal da súa ensalada. Así que ben cedo decide ir buscar á súa presa alá onde a atopará seguro: camiño da escola. Pero desta vez, dará cunha nena descarada, astuta, caprichosa e con moi mal xenio que fará que se lle pasen para sempre as ganas de papar ás crianzas.

A nena do bosque abrázate, téndeche a man e somérxete na natureza. As árbores rodéante. Camiñas con tranquilidade. A luz fíltrase entre as follas e observas a infinidade de matices verdes e ocres. Percibes ese olor inconfundible da terra e sintes que formas parte da vida. Escoitas os chíos dos paxaros e o son do vento mecendo as copas das árbores. Estás gozando dun baño de bosque.

Pasear por un bosque ten múltiples beneficios. Axuda a regular a nosa presión arterial, ralentizar o ritmo cardíaco, reducir o estrés, mellora o noso estado anímico e tonifica o noso sistema inmunitario. Dormirás mellor e aumentará o teu bo humor.

Se algunha vez te sintes gris, triste, axitado... abre as páxinas de Un baño de bosque e sinte a cálida aperta da nena que alí habita...


Para os que empezan a ler...

Avoa de arriba

e avoa de abaixo

La fábrica de etiquetas

Abezooocéano

El árbol del

señor Shaun

Un cuento para cada letra

Un bosque en mí

A Tomi encántalle ir de visita os domingos á casa dos seus avós. Mentres a avoa prepara un rico biscoito abaixo, na cociña, a bisavoa descansa no cuarto de arriba e cóntalle vellas historias de trasgos. Unha mañá, a nai de Tomi dálle unha mala nova: a avoa de arriba morreu esta noite. Este relato autobiográfico, tenro e emotivo, achega os nenos e nenas a cuestións fundamentais: as raíces familiares, os afectos, o paso do tempo, a vellez, a perda dos seres queridos e como superar esa situación ou a importancia da memoria e dos recordos. Considerado xa un clásico contemporáneo, as súas ilustracións de cores suaves reforzan a atmosfera íntima da historia.

Un malvado bruxo, un exército de corvos e unhas etiquetas que ninguén podía quitarse. Un conto para derrotar as etiquetas. Axúdasnos a eliminalas? Poñer unha etiqueta é moi doado, pero custa moito quitala. A todos nos puxeron etiquetas, e algúns adultos aínda as arrastran... As accións non definen quen somos. Pódese ter un mal comportamento, pero iso non significa ser malo ou mala. Unha etiqueta reduce o que en realidade somos. Unha palabra non pode resumir o que es. Ti es moito máis! Un libro que pon de manifiesto os efectos que teñen as etiquetas, tanto as negativas como as positivas, sobre as persoas. Reivindica unha infancia libre de etiquetas.

Un precioso abecedario con poemas de animais mariños do mesmo autor e ilustrador de Abezoo.
Un abecedario con 29 poemas de animais mariños co que os nenos descubrirán o mundo das letras, ademais de familiarizarse coa poesía.

O señor Shaun tiña unha árbore perfecta xusto no medio de seu xardín: nin demasiado alta, nin demasiado verde, nin demasiado frondosa. Pero un día cansou de recoller tantas follas e decidiu talala. E a vida non volveu ser igual.

Un libro recopilatorio de 29 contos, un por cada letra do abecedario, ideado para que os niños que están aprendendo a ler e escribir distingan as grafías e sons de cada letra e aprendan a recoñecelas.

Unha nena pasea por un bosque. Observa as árbores, a natureza. Unha vez en casa, a luz do solpor entra polos cristais. O bosque segue aí, dentro e fóra, querendo xogar con ela mentras debuxa ou xoga co seu can. Á hora do baño, da cea, do descanso e do sono, a natureza consegue colarse no interior do fogar para recordarlle, de forma sutil, marabillosa e máxica, que sempre está aí: na cadeira de madeira que nos sostén, no aroma do pan quente, os chíos, os asubíos do vento, e incluso no «suave peso do noso gato». Deborah Underwood narra con sinxeleza e claridade unha historia que é ao mesmo tempo intimista e reveladora. O seu lirismo entrelázase coas evocadoras ilustracións en tinta e acuarela de Cindy Derby, para construir un canto a esa natureza que somos, a pesar dos muros. Non hai bosque nin ser vivo illado: «Onde estás ti? O bosque espera».

Para os que xa len ben...

Sherlock Holmes:

estudo en escarlata

Isadora Moon:

Mirabella y el hechizo del dragón

O neno de lume

Edadrebil

7 contos e un espello

Kashtanka

Sherlock Holmes:

o signo dos catro

Grazas á súa narrativa e rechamantes ilustracións axudará a consolidar a lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives. Un misterioso asasinato ten á policia desconcertada, e pídenlle ao mellor detective afeccionado que lles axude a investigar o caso. Co Dr. Watson ao seu carón, Sherlock Holmes proponse descubrir unha trama de vinganza que vai máis alá do imaxinable.

Mirabella é especial porque é diferente.

A súa nai é unha bruxa, o seu pai é unha fada, e Mirabella ten un poquiño dos dous. Ademais... ¡á curmá maior de Isadora encántalle meterse en líos!

Chegou a festa de fadas, e o pai de Mirabella díxolle que ten que portarse moi, moi ben. Pero ela sabe que todo será moito máis divertido cun pouco de maxia...

Acompáñaa nunha aventura chea de feitizos, vasoiras voadoras, ¡e moitas trasnadas!

Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombreiro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar. A señora Culpepper lembra a nota que traía Morgan, e o neno prepárase para iniciar unha viaxe máis alá da néboa. Só se atopan a casa das tres irmás Luminaria poderá sobrevivir. O que non imaxinan é quen son en realidade esas tres mulleres. Un novo universo literario de Ledicia Costas con aroma a conto clásico.

"Edadrebil, sete contos e un espello" é unha extraordinaria aventura para ler, mirar, xogar e imaxinar, un canto á liberdade creativa. Un can namorado da lúa que non sabe ladrar, un home do saco sen nenos que asustar, unha familia que viaxa por unha autoestrada do tempo... son algúns destes relatos, divertidos, transgresores e surrealistas, que convidan ós lectores e ás lectoras a formar parte da obra. Para descifrar o último, cómpre un espello que acompaña o libro! As imprescindibles ilustracións de Miguel Calatayud póñenlle o broche de ouro a esta obra, considerada como unha das 100 mellores do século XX.

Publicado en 1887, «Kashtanka» é un relato de Antón Chéjov presente en tódalas escolas rusas como lectura iniciática. Narra as peripecias dunha cadeliña que se perde na rúa durante unha noite de nevarada e acaba sendo adoptada por un artista circense. É tan intelixente que o seu novo dono está encantado e empeza a adestrala para actuar con ela. Pero un feito inesperado frustra o seu prematuro debut.

"Agarde HOXE ÁS SETE DA TARDE no exterior do teatro Lyceum, na terceira pilastra comezando pola esquerda. Se é desconfiada, veña acompañada de dous amigos. Foi vostede aldraxada e váiselle facer XUSTIZA. Non chame á policía. Se o fai, todo será en van."

Cando lle piden a Holmes que investigue unha críptica mensaxe recibida por Mary Morstan, nin el nin Watson agardan verse arrastrados a unha espiral de traizóns que xa vén de vello. Axiña estarán levando a cabo perigosas expedicións baixo o luar para descubriren o significado do signo dos catro, e resolver así un misterio soterrado durante anos.

Para os lectores expertos...

Supremas. Mozas Mitolóxicas

Diario de una friki:

una nueva vida

Érase una vez una princesa

que se salvó sola.

Megatoxos e a

cara oculta de Lúa

El diablo de los números

Plan de rescate

Se un libro sobre mozos extraordinarios poden e deben lelo mozos e mozas, por que non un libro sobre mozas mitolóxicas? Atenea, Perséfone, Batwoman, a Princesa Leia, Katniss Everdeen, América Chávez… son mulleres supremas, teñen moitas cousas en común pero sobre todo valores imprescindibles.

Lía empeza unha nova etapa: o seu primeiro ano no Instituto.

E as cousas serán máis complicadas (máis??) do que ela mesma imaxina...

Ola, Frikis!

Sabedes quen son?

Chámanme Lía desde pequena pola miña capacidade grandiosa de liala... (Case sempre sen querer!). Como din os adultos (ZzzzZZzz), todo o malo pégase, así que non collades este diario porque SEGURÍSIMO que a vós tamén vos comezarán a ocorrer cousas desafortunadas e moi, MOI raras...

Login: estounaliando

Password: parda

Un precioso álbum polas mellores ilustradoras do momento, con contos inspiradores sobre situacións inxustas ás que nos enfrentamos nenas e mulleres, e tamén nenos e homes, e como os seus protagonistas se empoderan para transformalas.

"A princesa cortou a trenza e teceu con ela unha escada.
Salvouse soa.
E cambiou o conto."

Estes son os relatos que temos que contarnos as unhas ás outras, e tamén aos outros, para cambiar o final do conto para sempre.

Para poder empezar a escribir, tod@s xunt@s, unha historia distinta.

Agustina Guerrero, María Hesse, Ana Santos, Aitor Saraiba, Naranjalidad, Lady Desidia, Laura Agustí, Elena Pancorbo, Amaia Arrazola e Alex de Marcos reúnense neste precioso volume para ilustrar contos únicos desde unha óptica feminista. E así dar paso a un futuro no que todas as princesas se salven soas, e os príncipes poidan pedir axuda de vez en cando.

Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunhacura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecesea unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.

Un novidoso e apaixonante recorrido polo mundo das matemáticas guiado por un pequeno diablo que xa se converteu nun compañeiro imprescindible para nenos mozos de varias xeracións.

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).

Cómic e libros de imaxes...

Verme

Amigos

A predicción de Aloia

A proba de auga

Dodomo in Wonderland:

Descubrimiento fantástico en B.B. Street (vol. II)

El ratón de biblioteca

(vol. I)

"Verme" é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico capaz de cavar a terra, limpala e facela fértil. Do seu funcionamento encárganse uns operarios vestidos de amarelo que protagonizan unha morea de aventuras. Un divertido libro-xogo sen palabras dos autores de "Balea" ideal para estimular a agudeza visual e a creación de historias. En formato acordeón, ao despregalo transfórmase nun gran mural de dobre cara.

"Amigos" é o novo libro da ilustradora Béatrice Rodriguez, mestra da narración sen palabras. En "Amigos", a autora francesa pon imaxes a unha idea da escritora Andrea Hensgen. Un solitario neno camiña ata o colexio e tódolos días aparecen os mesmos medos: a escuridade dun túnel, o ladrido dun can e as insolencias dun maleducado bébedo. Unha tarde crúzase no seu camiño un novo amigo, un can, que será o seu acompañante e compañeiro de xogos. Unha intensa historia de amizade e unha emotiva experiencia para compartir.

Contan as antigas lendas que, fai moito tempo, unha pequena aldea norteña viuse ameazada polos incesantes ataques dunha criatura ancestral, o temido “Urco”. A poboación vírase mermada nos últimos meses e as acometidas cada vez más frecuentes facían prever o peor. Aquela noite celebrábase un ritual milenario no poboado, as circunstancias deran un ilexítimo protagonismo a unha valente pero inexperta Aloia. Tódalas miradas centrábanse nela, era a única de entre os máis novos que burlara ata o momento o implacable olfacto do temido cazador. A predicción da druída decretaría o seu futuro.

Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba.

Tralo éxito da serie de ficción Charlie IX&Dodomo, que se converteu no "Harry Potter" chino con máis de 10 millóns de exemplares vendidos, o seu autor, Leon Image Works sempre pensou en lanzar unha versión cómic dos libros. A colaboración do autor co ilustrador A Fei e o seu equipo (Fullmetal Fay) deu os seus froitos en xullo de 2017, cando foron publicados os 3 primeiros libros neste formato, que cobren a historia do primeiro título de ficción "Los espíritus de la calle BB".

Os personaxes principais da serie son Dodomo, un rapaz entusiasta e con espírito de aventureiro investigador, algo dado a meterse en líos, e o seu can Charlie, regalo do seu avó ao cumprir 10 anos. Moi observador e intelixente, Charlie entende a lingua humana, é un explorador valente acreditado pola Asociación Mundial de Aventuras y é líder real do equipo de aventureiros de Dodomo.
A aventura desenvolvida nestes primeiros tres títulos, leva a Dodomo e ao seu grupo de amigos á rúa B.B., onde descubrirán o enigma que envolve á casona abandonada da que teñen noticia a través dun misterioso diario.

Unha estudiante universitaria á que lle encantan os libros desde que era pequena morre nun accidente e resucita nun mundo completamente distinto do que non sabe nada en absoluto. Agora é Myne, a enfermiza filla de cinco años dun pobre soldado. As personas dese mundo apenas saben ler e os libros practicamente son inexistentes, ademais de moi caros. Así que Myne decide converterse en bibliotecaria para vivir rodeada de libros para sempre. Sen dúbida, esta é unha historia doce que fará as delicias dos amantes da lectura e dos ratos de biblioteca.

Para abrazar a diversidade...

Diferentes diferenzas

Niño, niña

Un secreto pelirrojo

Sirenas

¿Viste cómo vestía Víctor?

Hablo como el río

Sacar o máximo partido á vida, á amizade e respectar os demais sen importar se son feos ou bonitos, altos ou baixos, con tres ou con catro patas... é sempre unha vantaxe para habitar este mundo que ás veces complicamos máis do que deberiamos.
Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta... cantas cousas diferentes poden facer! Incluímos dentro da nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais.

A nosa identidade non se limita a dúas palabras, e moito menos a elixir entre as dúas que dan título a este libro. Quen somos e quen sentimos que somos son preguntas que non atopan resposta nun mundo en branco e negro, senón na gran variedade de tons e posibilidades que afortunadamente existen. Unha forma sinxela de celebrar a diversidade, a liberdade e o respecto cara todos e todas.

Andrea é a protagonista desta historia: unha nena de oito anos que non entende o mundo que a rodea porque sinte que non encaixa nel. Vai ter que facer un longo traxecto para atopar o seu sitio e mostrarse tal e como é. Apetéceche acompañala na súa viaxe? O conto de Andrea está cheo de preguntas. Algunhas están explícitas, outras hai que descifralas, ou crealas. Neste conto pódense atopar conceptos clave. Entendemos que non existe unha única DIVERSIDADE, do mesmo modo que non existe un único proceso de desenvolvemento, sexo ou xénero. Inclúe guía de lectura.

A Julián gústanlle tanto as sereas... Imaxínase converténdose nunha delas. Estamos ante un álbum cun texto mínimo, pero cun despregue de ilustracións desbordantes de cor e profundo significado. Unha historia contada con sobriedade e sensibilidade, que bota os estereotipos femininos e masculinos por terra. Unha lección de apertura cara a diversidade, un exemplo de tolerancia e de amor.

Sabías que non debes fiarte nunca dun grupo de donicelas?

Tódalas donicelas en Comadrilandia debían seguir as regras e ser como as demais. Nunca había moito de que falar. Así que imaxina a súa confusión cuando se atopan con Víctor, unha donicela chiflada, obsesionada coa súa vestimenta! Todas confabulan contra Víctor e as súas prendas e úrxenlle a cambiar.

Esta é unha intelixente, conmovedora e divertida historia sobre a aceptación e sobre como abrir a mente e enriquecela cando cambiamos de punto de vista.

Que ocorre cando as palabras quedan atoradas e botan raíces dentro da túa boca cada vez que intentas falar? Quizais sexa necesario un cambio de perspectiva para que as palabras flúan. Isto é o que vive o protagonista de "Hablo como el río": «Esperto cada mañá cos sons das palabras ao meu arredor. E non podo pronuncialas todas». Un día, o seu pai recólleo da escola, e xuntos camiñan pola beira dun río, desde onde observan como a agua ondula, forma remuíños e choca contra as rochas. Alí, coa axuda do seu pai, o pequeno atopará a súa propia voz e descubrirá que o río tamén tatexa. Non é unha cura máxica, pero cando as palabras se lle presentan difíciles, só ten que pensar na bravura do río para sentirse mellor.

O poeta canadiense Jordan Scott escribiu, desde a súa propia experiencia, un libro poderoso, cunha linguaxe poética que destila autenticidade para describir o que se sinte como tartamudo, significativo tamén para calquera neno que se sinta só ou incapaz de encaixar. As acuarelas de Sydney Smith envolven ao lector nun crisol de emocións: desde a ansiedade claustrofóbica dun aula, na que se converte no centro de atención sen desexalo, ata a beleza sobrecolledora dos destellos naturais sobre a agua.