VIDEO-PRESENTACIÓN FOTOGRAFÍAS
Lingua galega e Literatura
Created on June 20, 2022
More creations to inspire you
Transcript
Memoria dos clubs de lectura do IES EBA(2021 - 2022)
No IES EBA temos en marcha cinco clubs de lectura
Club de lectura de manga
Club de lectura de adultos
Club de lectura de 4.º ESO e 1.º Bach.
Club de lectura de Harry Potter
Club de lectura de 1.º e 2.º ESO
As lecturas do club de manga: quincenais e nos recreos. No IES EBA aproveitamos ben o tempo!
Lecturas e máis
A actividade do club de lectura de manga complementouse cun taller no que o alumnado tivo a oportunidade de deseñar os seus propios personaxes. Ademais o alumnado organizou unha exposición cos debuxos dos seus personaxes manga favoritos.
O noso alumnado ten moito talento.
O alumnado de 4.º ESO e de 1.º Bach. leu varias obras en castelán. Reflexionaron sobre as lecturas acompañados de distintos profes e mesmo se animaron a representar algunha pasaxe das obras que leron.
Tamèn lemos moito en galego.
Lemos as obras e xuntàmonos un luns ao mes para compartir as impresiòns sobre as lecturas.
Incluso coñecemos a Antía Yáñez!
Os profes tamén nos reunimos con frecuencia para compartir lecturas, interpretacións e vivencias...
Club de lectura de adultos
...sobre lecturas moi variadas.
Ademais de coñecermos a Antía Yáñez canda a rapazada de Bacharelato, tamén coñecemos a María Rei Vilas, autora de Flores de ferro.
O alumnado desfrutou no mes de xuño dunha xornada de xincanas e xogos cos que intentamos premiar a súa dedicación aos clubs de lectura.
As lectura compartidas animáronnos a pasar máis tempo xuntos/as.
Lectores de viaxe
Igual ca os cativos, os profes buscamos máis tempo de ocio para compartir e fomos pasar un sábado á Ribeira Sacra.
As persoas da acomunidade educativa do IES EBA de Culleredo e do Equipo da Biblioteca pretendemos manter as actividades postas en marcha durante este curso e nos anteriores. Ademais, promoveremos a creación de máis clubs de lectura como os seguintes:- Club de lectura de cómic en distintos idiomas- Club de lectura sobre diversidade- Club de lectura manga destinado ao alumnado de máis idade- Club de lectura de literatura comparada- Clubs de lectura en linguas estranxeirasA idea de fondo é que calquera persoa poida atopar un grupo de lectores e lectoras onde satisfacer as súas inquedanzas.
Seguirémonos xuntando arredor dos libros.