Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ies uRBANO lUGRÍS

Bonjour!!

Bienvenus!!

Dpt. de Français

ou

FRANCÉS?

INGLÉS?

vs

1ª LINGUA ESTRANXEIRA ...

7 BONNES RAISONS POUR APPRENDRE FRANÇAIS

  • Quinta por detrás do español. Falada por máis de 200 millóns de persoas dos 5 continentes.
  • A 2ª más estudiada despois do inglés, tanto en España como no estranxeiro.
  • Xunto co inglés, a única que se practica nos 5 continentes. Francia dispón da maior rede de centros culturais no estranxeiro, nos que se imparten clases de francés.
  • Hai máis de 60 estados e gobernos francófonos no mundo, e o francés é idioma oficial en 33 deles: 5 de Europa, 2 de América, 21 de África e 1 de Oceanía.

unha das linguas máis faladas no mundo

01

02

+ info

  • O inglés é imprescindible pero, como 3º idioma, o francés abre as portas das empresas francesas en Francia e no estranxeiro, e en todos os países francófonos (Canadá, Suiza, Bélxica e algúns países de África).
  • Moi valorado por empresas multinacionais francesas e francófonas dos sectores da distribución, automóvil, textil, luxo, aeronáutica, gastronómico.. con presencia no noso país e en países francoparlantes.
  • Tamén polos organismos internacionais como a Cruz Vermella, a ONU ou o FMI, entre outros.
  • É tamén unha gran ventaxa para empregarse na banca e finanzas, diplomacia, turismo, medios de comunicación, educación, traducción e interpretación, etc.

Un seguro para o mundo laboral

03

  • Lingua internacional da cociña, da moda, do teatro, das artes visuais, a danza e a arquitectura. Saber francés permite disfrutar das obras da literatura francesa e francófona en versión orixinal, e tamén do cine e a música.
  • O francés é a lingua de Víctor Hugo, Molière, Léopold Sendar Senghor, Marie Curie Edith Piaf, Jean-Paul Sartre, Alain Delon, Zinedine Zidane, Astérix…
  • É a 3ª lingua máis usada en Internet despois do inglés e do alemán, por diante do español, polo tanto, sabendo francés, podemos acceder directamente á toda a información dispoñible neste idioma nos 5 continentes, a través dos grandes medios de comunicación internacionais de lingua francesa (TV5, France 24, Radio France International), sen necesidade de traducións.

A lingua da cultura para abrirse ao mundo

04

  • Francia é un dos países máis visitados; sabendo francés, resulta máis agradable visitar ciudades como París, Estrasburgo, Marsella, Toulouse, Mónaco, as praias de Niza na Costa Azul, as costas de Bretaña..., e tamén comprender a cultura, a mentalidade e a arte de vivir á francesa.
  • Útil para visitar Suiza e Bélxica en Europa, Canadá en América, islas Seychelles, Haití, Madagascar, Martinica, a Guinea Francesa ou o estado norteamericano de Luisiana …e casi a metade de África!

Unha lingua para viaxar polo mundo

05

Saber francés é un "plus" que facilita:

  • Realizar estudos en universidades francesas de prestixio ou nas grandes escolas de enxeñería e comercio catalogadas entre as mellores de Europa e do mundo.
  • Acceder a becas do goberno de Francia para realizar un 3º ciclo de estudos en Francia en calquer disciplina, e obter un diploma recoñecido internacionalmente.
  • Acceder ás becas Erasmus en países francófonos.

Para estudar nas universidades francesas

06

  • É á vez lingua de traballo e oficial de organizacións internacionais como: a Organización das Nacións Unidas (ONU), a Unión Europea, a UNESCO, a OTAN, o Comité Olímpico Internacional (COI), Cruz Vermella Internacional, Fondo Monetario Internacional (FMI), Médicos sen Fronteiras, Amnistía Internacional, FIFA, etc.
  • Ademáis é lingua de varias instancias xurídicas internacionais.
  • Moitas destas organizacións teñen a súa sede en países francófonos como Bélxica, Luxemburgo ou Suiza.

É a outra lingua das relacións internacionais

07

  • Porque é un dos idiomas máis parecidos ao noso: sistema de conxugacións verbais parecido, desdoble de singular/plural e masculino/feminino similar.
  • O francés facilita a aprendizaxe doutras linguas latinas (italiano, portugués, rumano …) e tamén do inglés, xa que é a base de máis do 50% do seu vocabulario actual.
  • A súa entonación, forma de pronunciar as erres, as eses... fan que resulte melódico e atractivo.

Máis fácil de aprender

  • En 3º e 4º: deciden se seguir coa 2ª lingua ou non.
  • Optativa de 2ª lingua en 3º e 4º: grupo mínimo 5, en ámbitos rurais e pequenos núcleos (por ser ratio baixa, quizáis menos).
  • En 2º bach. pódese cambiar, cursando a do curso anterior ao mesmo tempo como se fose unha pendente.
  • Na ABAU: mellores resultados en francés.
  • Partimos de cero!
  • Desdoble grupo máis reducido nas 2 linguas e atención máis individualizada.
  • Máis parecida ao español, por tanto máis fácil e aconsellable para alumnado con dificultades de aprendizaxe en xeral, ou en inglés, que podería estar exento da 2ª lingua estranxeira.
  • En 1º e 2º ESO estudan as 2, salvo exención.

FRANCÉS COMO 1ª lINGUA ESTRANXEIRA

HORAS SEMANAIS:
  • 2 h en 1º e 2º ESO
  • 3 h en 3º e 4º
  • 4 h en 1º e 2º Bach.

2ª lingua estranxeira

HORAS SEMANAIS:
  • 3 h na ESO
  • 3 h en Bach.

1ª lingua estranxeira

Merci !

En conclusión, podemos ver que o francés non é un idioma ‘segundón’, nin moito menos, polo que ademáis de interesante, sería importante coñecelo se queremos traballar nun mercado que é cada vez máis internacional.