Foto realizada por Tamara de la Fuente.
Antía Otero: poetisa

Antía traballa arredor da escena e da escrita. Estudou Historia da Arte e se formou como actriz.
Empezou a escribir moi noviña e como poetisa gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario "De porta un Horizonte" (2003) e publicou "O Son da Xordeira" (2003), "(Retro)visor" (Xerais, 2010) e "O cuarto das abellas" (Xerais, 2016).A súa obra pode lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas.
Tivemos a sorte de que nos deixara entrevistala en Radio Vales. Para escoitala, preme na foto da esquerda