Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

3

NOVIDADES

A Biblioteca de Mouchán

2

1

4

"ARTURO Y CLEMENTINA" (Adela Turin e Nella Bosnia).

Hai máis de trinta anos, Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección "Dalla parte delle bambine".

Moi pronto Esther Tusquets editouna en España convertíndoa nunha colección de referencia.

Transcurriu moito tempo desde aquela primeira edición pero hoxe estes libros seguen sendo necesarios.

Lendo este libro verás como é o día a día na vida destas dúas tartarugas rosadas: Arturo e Clementina. Como lles irá? Como se sentirán?

"LA SUPERCHEF" (Alicia Más)

Porque perseguir os teus soños pode ser divertido.

Nenos e adultos, todos temos metas que soñamos acadar. Pero, que pasa cando se nos resisten? Pode resultar algo frustrante, verdade?

A través das súas divertidas receitas, a protagonista deste conto amósanos que ninguén nace sabendo e que equivocarse non significa fracasar, senón aprender.

Trátase dun conto con superpoderes para axudarche a acadar os teus soños.

"EL UNIVERSO".

Neste libro tes o universo ao teu alcance. Como é o mundo que nos rodea?

Aprenderás sobre a Terra, a Lúa, os planetas, os eclipses...

"¿QUIÉN HACE QUE?"

Un novo libro dos superpreguntones!

Tes as preguntas máis enxeñosas, temas diferentes, ilustracións sorprendentes e respostas sinxelas a cuestións peliagudas.

Por exemplo: que é un "chupatintas"? Quen inventa os videoxogos?

"A PRINCESA QUE VENCEU A SOMBRA" (Xoán Babarro)

Á princesa Li espéralle unha misión importante: recuperar os cantos, os contos, os soños... dos habitantes do reino de Baldaio, que viven ameazados pola sombra do Círculo do Dragón.

Unha viaxe iniciática por un mundo de fantasía que nos levará a descubrir que os dragóns máis escuros se agochan na mente e, ademais, adoitan ser invisibles.