Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

ONE MINUTE ON THE INTERNET

Horizontal infographics

SITTING BULL

Horizontal infographics

RUGBY WORLD CUP 2019

Horizontal infographics

GRETA THUNBERG

Horizontal infographics

FIRE FIGHTER

Horizontal infographics

VIOLA DAVIS

Horizontal infographics

Transcript

ABAU 2022

01

estructura da proba

02

PRE-MATRÍCULA19-23 de maio

03

MATRÍCULA ANTICIPADA 7-25 DE MAIO

04

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA

05

datas e horarios exámenes

06

presentación e normas

07

08

PUBLICACIÓN E TARXETA DE CUALIFICACIÓNS

REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS

A ABAU estrutúrase en dúas partes denominadas, respectivamente, parte obrigatoria e parte voluntaria.

  • Parte Obrigatoria. Está formada polas catro materias xerais do bloque de materias troncais (Lingua Galega e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II, Historia de España II e Primeira Lingua Estranxeira II) e a materia troncal da modalidade correspondente (Fundamentos da Arte II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II ou Latín II)
  • Parte Voluntaria. O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias que elixirá de entre o resto de materias das que non se examinou na parte obrigatoria, é dicir, poderá elixir 4 de entre as 18 materias seguintes: Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas CC.SS, Fundamentos da Arte II, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Química, Grego II, Debuxo Técnico II, Artes Escénicas, Segunda Lingua Estranxeira II (Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués; a materia elixida debe ser sempre dunha lingua distinta da que se examinaron como materia xeral do bloque de materias troncais da parte obrigatoria), Bioloxía, Historia da Arte, Xeoloxía, Historia da Filosofía, Economía da empresa, Deseño. A materia troncal de modalidade é unha materia da parte obrigatoria pero tamén conta como unha materia mais da parte voluntaria

A matrícula anticipada realizarase Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) e, de non ser posible, enviarase a documentación por correo electrónico ao correspondente Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) que procederá a súa matrícula. Só excepcionalmente poderá facerse in situ, previa cita, nos LERD habilitados en cada un dos sete campus de Galicia. ALUMNADO CON CONTA EN NERTA: O alumnado dos Centros de Galicia que ten os seus datos académicos informatizados na aplicación Nerta e con conta de usuario fará a súa matrícula a través da mesma. Coa realización da matrícula en Nerta, xerarase o impreso de liquidación para o ingreso dos prezos públicos. O alumnado pode acceder á súa conta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito. Este pagamento xa se reflicte de forma automática en Nerta, sen necesidade de enviar xustificante. Se decide realizar o pagamento nunha oficina bancaria, debe imprimir o impreso de liquidación. Unha vez aboados os prezos deberá enviar copia do xustificante de ingreso ao LERD correspondente para que reflictan a realización do pagamento en Nerta, dentro do prazo de matrícula. Recoméndase o ingreso a través da pasarela de pagamento porque se reflicte de forma automática en Nerta. O alumnado con dereito a exencións tamén debe enviar copia da xustificación por correo electrónico ao LERD correspondente, dentro do prazo de matrícula. ALUMNADO SEN CONTA EN NERTA: O Alumnado que non ten conta de usuario en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente a seguinte documentación: - Fotocopia do DNI - Impreso de Matrícula na ABAU - Resgardo de ter aboados os prezos públicos, e selados pola entidade bancaria

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA Poderá matricularse no prazo de Matrícula Extraordinaria, o alumnado que obteña resolución favroable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato ante a Xefatura territorial. Este alumnado poderá matricularse na aplicación NERTA das 9.00 ás 14.00h., do día seguinte a comunicación da resolución. RESUMO DOS PASOS: 1º Solicitar matrícula na ABAU na secretaría do centro. 2º Completar a alta da conta en Nerta cos datos recibidos no correo electrónico e activala creando un usuario e un contrasinal para a conta. 3º Entrar en Nerta co usuario e contrasinal creados. 4º Realizar o pagamento telemáticamente con tarxeta de crédito ou presencialmente en ABANCA imprimindo de Nerta o impreso de liquidación (Entregar copia do xustificante na secretaría do centro). DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA

  1. Fotocopia del DNI
  2. Xustificante de ter aboados os prezos públicos da matrícula
  3. Impreso oficial de matrícula na ABAU
  4. Fotocopia do título de Bacharelato
DATA DEPUBLICACIÓN DA LISTAXE MATRICULADOS SERÁ O 25 DE MAIO. DEBERASE REVISAR OS DATOS

OS EXAMES TERÁN LUGAR OS DÍAS 7,8, E 9 DE XUÑO

a) Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente, en convocatorias anteriores e que non superase a proba ABAU deberá matricularse obrigatoriamente da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e, se o desexa, da Parte Voluntaria. b) Alumnado que teña aprobado o bacharelato ou un título equivalente en convocatorias anteriores e que xa superase a proba ABAU poderá matricularse da parte obrigatoria (das 5 materias) da ABAU e/ou da Parte Voluntaria. c) Alumnado de FP de anos anteriores que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalentes poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria. d) Alumnado de anos anteriores en posesión do título de Bacharelato Europeo que acredite a súa residencia en Galicia poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria. e) Alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros que obtivese a homologación dos seus estudos aos títulos de bacharelato ou de Técnico Superior de FP, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior español e que acredite a súa residencia en Galicia poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria. f) Alumnado procedente de sistemas educativos da UE ou equivalentes que estea en posesión da credencial de acceso expedida pola UNED e que acredite a súa residencia en Galicia poderá matricularse unicamente da Parte Voluntaria. g) Alumnado de Formación Profesional pertencente a centros de Galicia que estea en disposición de acadar o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente na convocatoria de xuño de 2021/2022, aínda que estean pendentes da finalización da Formación en centros de Traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, e desexe mellorar a súa nota de acceso á universidade mediante a realización da Parte Voluntaria.

PRESENTACIÓN Se deberá acudir o acto o primer día (7 de xuño) as 9:00 h. Para realizar os exames, o alumnado deberá levar consigo:

  • DNI ou Documento identificativo.
  • Resgardo de Matrícula e xustificante de pagamento
  • Bolígrafo ou pluma de tinta negra ou azul
  • Material para poder realizar os exercicios.
Neste momento, da presentación, o tribunal asignaralle o posto de exame a cada alumno/a CANDO O ALUMNADO DETECTE ALGÚN ERRO NA MATRÍCULA DEBERÁ COMUNICARLLO AO PRESIDENTE NA HORA DA PRESENTACIÓN (9:00- 10:00). Unha vez finalizada dita hora non se poderá facer ningún cambio na matrícula. IDENTIFICACIÓN Cada alumno recibirá unhas pegatinas adhesivas de código de barras, que será a súa identificación, e SON PERSOAIS E INTRASFERIBLES Os exames son anónimos e non deben ter marcas de ningún tipo CADERNO DE EXAMES En cada proba se entrega un caderno formado por 2 follas A3 (unha páxina de portada e sete páxinas A4 en branco), e unha cabeceira adhesiva En cada proba só se pode utilizar un único exame, ao que NON se lle poderán arrincar nin engadir follas. No enunciado de cada proba indicaráse o número "N" de preguntas que se DEBEN responder. Se responde a máis preguntas das indicadas, só se corrixirá o número "N" de preguntas respondidas en primero lugar NON se poderá abandonar a aula ata transcorrer media hora desde o comezo de cada exercicio. O acceso o examen implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de examen debidamente etiquetado. MATERIAL ESPECÍFICO PERMITIDO Diccionarios
  • Examen de Latín II: PODERASE utilizar o diccionario de latín-español/galego. NON se permitirán as páxinas interiores (ou apéndices) con contidos literarios
  • Exame de Grego II : PODERASE utilizar o diccionario de grego-español/galego
Calculadoras Poderáse usar calculadora nos exercicios de Matemáticas II, Matematicas aplicadas; física; Química e Economía da empresa.
  • Permitiráse usar calculadoras non programables e que non teñan capacidad gráfica
  • NON poderá haber nada escrito na calculadora ou nas súas fundas.
  • O tribunal en caso de duda poderá solicitar a calculadora para volarar as carterísticas.

As cualificacións farense públicas en internet o día 16 de xuño, a partir das 20:00h. O día 23 de xuño faranse públicas as cualificación DEFINITIVAS despois das solicitudes de revisión. TARXETA DE CUALIFICACIÓNS Una vez superada la ABAU te habrán comentado que debes obtener la tarjeta de calificaciones que acredita la superación de la ABAU con las notas especificadas. Aunque tus datos están grabados en el sistema, es conveniente que obtengas y guardes esta tarjeta, ya que la vas a necesitar para realizar diversas gestiones. Por ejemplo te la pedirán si solicitas plaza en la universidad fuera de la comunidad donde realizaste la ABAU o si solicitas plaza en las residencias universitarias públicas, o para solicitar becas. CONVOCATORIA ORDINARIA

  • O día 17 de xuño o alumnado recebirá por correo electrónico a súa tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU
  • Finalmente o día 24 de xuño , recibirá por correo electrónico a súa Tarxeta de Cualificación Definitiva
Para poder recibir dita Traxeta é necesario ter rexistrado un correo electónico válido en Nerta O alumnado que non rexistrase un correo electrónico válido en Nerta poderá solicitar a tarxeta no seu centro. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
  • Se enviarán el 21 de julio tras publicarse las notas provisionales de la convocatoria ordinaria de junio.
  • Si has solicitado revisión de la nota en la convocatoria extraordinaria se enviarán por correo electrónico las tarjetas ABAU con modificación de nota el 27 de julio.

Cando publiquen as cualificacións se non estás dacordo, dispós de tres días para presentar unha solicitude de revisión en NERTA. Pódese solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou en varios exames. Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poden ser tanto á alza como á baixa.A reclamación ás cualificacións da ABAU consiste nun proceso único de revisión que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira (P) e segunda (S) corrección e, en función do resultado, pasará a unha terceira (T) revisión. Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso único de reclamación:1º PASO: Primeira revisión.No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames.Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”. Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.2º PASO: Segunda corrección. A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.3º PASO: Terceira corrección. Trala corrección anterior, no suposto de que existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3.Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir do día en que remata o prazo para solicitar a revisión. O prazo para solicitar a revisión da ABAU 2022 será:

  • Para os que se presentaron en xuño: As notas publícanse o 16 de xuño, así que a revisión será do 17 ó 21 de xuño (ata as 14:00 h.).
  • Para os que se presentaron en xullo: As notas publícanse o 20 de xullo, así que a revisión sera do 21 ó 26 de xullo (ata as 14:00 h.)
VER EXAMES O estudante ten dereito, previa solicitude, a ver os exames corrixidos na data e lugar indicados, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisión.A consulta dos exames realizarase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CiUG)Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xuño, poderá facerse a solicitude entre o 27 e o 28 de xuño (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD. Os exames poderán consultarse o 1 de xullo a partir das 10´00h.Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xullo, poderá facerse a solicitude o 28 de xullo (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD. Os exames poderán consultarse o 29 de xullo a partir das 10´00h.Para consultar os exames hai que presentar un formulario no LERD que corresponda.