Full screen
Share




Rosalía de Castro. A Rosalía do pobo. Primaria
A Profa - Pilar Ponte
Created on May 9, 2022
Over 30 million people create interactive content in Genially
Check out what others have designed:
Transcript
Interactivo creado por Pilar Ponte (A Profa) para a
1/32
Rosalía non é unha escritora máis, é a muller que representa o pobo galego porque foi para o pobo para quen ela sempre mirou.
A Rosalíado pobo
Guía para alumnado de primaria
Rosalía é moito máis ca unha escritora, é xa un mito. Está presente no noso día a día...
Rosalía de Castro. A Rosalía do pobo
A biografía de Rosalía non é a dunha muller corrente, tivo unha vida diferente á da maioría de mulleres da súa época.
Rosalía de Castro
A casa de Rosalía é a casa de todas as galegas e galegos. Agárdante alí a nosa historia e mais a semente do noso futuro.
A casa de Rosalía
Rosalía é a autora de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito só en galego. Obra...
2/32
Guía para alumnado de primaria
A infancia
Aos cinco anos vivía coa súa nai en Padrón e con trece anos trasládanse a Santiago. Nesta cidade vai ás actividades do Liceo onde actúa como actriz.
O 23 de febreiro de 1837 nace en Santiago, María Rosalía Rita de Castro, filla dunha fidalga que non era moi rica e dun sacerdote. Ao nacer ten como madriña a unha criada da nai que a rexistra como filla de pais descoñecidos.
O nacemento
A vida dunha muller singular
Guía para alumnado de primaria
A vida dunha muller singular
3/32
O matrimonio
A mocidade
Aos vinte e un anos casa con Manuel Murguía, historiador e escritor galego que foi un dos creadores da Real Academia Galega.
Aos dezanove anos vai vivir a cunha tía súa a Madrid onde se vai relacionar con escritores e artistas. Con vinte anos publica o seu primeiro libro de poemas, La flor.
Guía para alumnado de primaria
A vida dunha muller singular
4/32
Os fillos
As viaxes
Ten unha gran familia con Murguía, nada máis e nada menos que sete fillos! Na foto só aparecen cinco porque dous morreron.
Rosalía ao longo da súa vida viviu en moitos lugares debido ao traballo de Murguía pero nunca tivo unha casa de seu. En Simancas, escribiu o seu libro Follas Novas.
Guía para alumnado de primaria
A vida dunha muller singular
5/32
A morte
As ausencias
Fina o 8 de xullo de 1885 aos 45 anos. É soterrada humildemente no cemiterio de Adina (Padrón).
Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía pasa moitas temporadas soa cos fillos.
Guía para alumnado de primaria
A vida dunha muller singular
6/32
O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados a un mausoleo creado para ela con donativos do pobo galego, tanto do interior como da emigración que lle amosou así a súa admiración. Ese mausoleo é hoxe o Panteón de Galegos Ilustres.
O recoñecemento popular
Guía para alumnado de primaria
A casa de Rosalía
7/32
A Casa de Rosalía en Padrón recibe o nome de Casa da Matanza.
Percorrido pola Casa de Rosalía
Guía para alumnado de primaria
A casa de Rosalía
8/32
2. A súa vida e as súas moradas
Percorrido pola Casa de Rosalía
Vemos de preto as fotografías da escritora e da súa nai e as diferentes casas que habitou na súa vida itinerante.
Rosalía nunca tivo casa de seu, esta foi a casa na que pasou os seus últimos anos e o pobo galego conseguiu esta casa para ela.
1. Unha casa para ela. A institución
Guía para alumnado de primaria
A casa de Rosalía
Percorrido pola Casa de Rosalía
9/32
4. A cociña tradicional
A cociña como núcleo da casa labrega é un lugar importante onde se cociña ese "caldo de gloria" co que Rosalía salienta a importancia da xente humilde.
Cantares Gallegos e Follas Novas son as súas obras máis salientables, podemos ver tamén a súa obra poética en castelán e a obra en prosa en ambas linguas. Na mesa de luz podemos ver a súa obra e escoitar como foi musicada en todos os xéneros musicais.
3. A Rosa de cen follas. A súa obra
Guía para alumnado de primaria
A casa de Rosalía
Percorrido pola Casa de Rosalía
10/32
6. Muller mito. O pasamento
A flor sobre a saba dille todos os días que non a esquecemos. Veredes a súa cama e a ventá pola que quería ver o mar. Tamén atoparedes mostras de admiración e homenaxe de todas as partes do mundo.
O retrato de grupo achegaravos á intimidade familiar. Veredes unha Rosalía tenra rodeada dos seus e que acariña o can.
5. Unha factoria cultural. A súa familia
Guía para alumnado de primaria
A casa de Rosalía
Percorrido pola Casa de Rosalía
11/32
8. Os pais do país
Rosalía de Castro e Manuel Murguía foron unha familia intelectual moi peculiar que viviron para a idea de Galicia, para a dignificación da súa lingua, da súa terra e do seu pobo.
Veredes o salón en que ás veces se sentiu atrapada e tamén mostras do seu pensamento que demostran que Rosalía é a primeira feminista galega.
7. No gran salón. A muller
Guía para alumnado de primaria
A obra de Rosalía
12/32
Rosalía escribiu unha grande obra para a súa época e tamén para os que habiamos de vir despois. Unha obra coa que podes seguir dialogando como se fose escrita hoxe, que nos segue a servir para interpretar a nosa realidade pasada mais tamén a nosa realidade presente, velaí a grandeza da súa herdanza.
Unha obra para quen?
Guía para alumnado de primaria
A obra de Rosalía
13/32
Follas Novas
1880
Contos da miña terra
1864
Cantares Gallegos
1863
Morre Rosalía15 de xullo de 1885
Nace Rosalía23 de febreiro de 1837
Liña do tempo para viaxar pola obra de Rosalía de Castro
* Preme nos puntos con signo + para acceder a máis información sobre cada unha das obras.
Guía para alumnado de primaria
14/32
- Cantares Gallegos na Biblioteca Virtual Galega.
- Primeiro libro escrito integramente en galego.
- Rosalía parte da literatura popular, a da xente común, para crear unha obra que defenda ese pobo e a súa terra.
- Marca o inicio do Rexurdimento porque no momento en que se escribe se descoñecía a existencia das cantigas medievais e pensouse que era a primeira mostra da nosa literatura.
- É por iso que Rosalía recibe o nome de NAI DAS NOSAS LETRAS.
Un nacemento que resultou ser Rexurdimento
Cantares Gallegos (1863)
Guía para alumnado de primaria
Cantares Gallegos (1863)
15/32
Un repoludo gaiteiro
Cantares Gallegos (1863)
Guía para alumnado de primaria
Cantares Gallegos (século XXI)
16/32
Mira que representación tan orixinal fixeron do poema de Rosalia de Castro dun grupo de 6º de educación primaria CEIP Padre Feijoo Allariz.
Guía para alumnado de primaria
Cantares Gallegos (1863)
17/32
Cantares Gallegos (1863)
Guía para alumnado de primaria
Cantares Gallegos (século XXI)
18/32
Onde está Rosalía?__________ Moucho, non che teño medo!
A través de fragmentos do poema 16 de Cantares Gallegos da nosa querida Rosalía de Castro e da sinfonía nº5 de Ludwig van Beethoven podemos xogar a atopar a Rosalía nestas paisaxes cheas de sorpresas. Vídeo realizado por Cachena Channel.
Guía para alumnado de primaria
Follas Novas (1880)
19/32
- Follas Novas na Biblioteca Virtual Galega.
- Considérase a obra máis importante de Rosalía.
- Publícase en 1880 na Habana.
- Con esta obra conságrase como unha grande autora.
A consagración como estrela literaria
Follas Novas (1880)
Guía para alumnado de primaria
Follas Novas (1880)
20/32
Follas Novas (1880)
Miña casiña, meu lar
Guía para alumnado de primaria
Follas Novas (1880)
21/32
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía total
22/32
Rosalía olla os oprimidos
Rosalía olla o pobo
Rosalía mirou para os máis indefensos como os pobres, os labregos, os nenos... e especialmente mirou para as mulleres. ("Miña casiña, meu lar")
O primeiro que fixo Rosalía foi mirar ao seu redor para as xentes de Padrón e retratar o noso pobo. ("Un repoludo gaiteiro")
Rosalía para facer a súa obra botou dúas olladas:
Unha autora, dúas olladas
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
23/32
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
Rosalía é xa un mito. Coñécena na nosa terra e no mundo enteiro A súa imaxe é o símbolo co que se identifica tanto a nosa terra como as mulleres galegas que defenden os seus dereitos.
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
24/32
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
O principal teatro da cidade da Coruña leva o seu nome.
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
25/32
O principal aeroporto galego tamén leva o nome da nosa escritora.
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
26/32
Rosalía foi elixida para figurar no billete de 500 pesetas, no reverso figuraba a Casa de Rosalía.
Desde 2017 un Boeing 737 leva o nome e a imaxe de Rosalía de Castro, tamén un avión de Iberia leva o seu nome.
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
27/32
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
28/32
Estatua de Rosalía en Barakaldo (Euskadi)
As súas estatuas repártense por todo o mundo. Tamén atopamos numerosas prazas, rúas e avenidas co seu nome. Rara é a poboación galega onde non ten unha praza ou unha rúa.
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
29/32
Yoseba M. P.
Nós últimos anos, Rosalía tamén está a ser protagonista de numerosos murais por todo o noso país.
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
Guía para alumnado de primaria
A Rosalía mito
30/32
A imaxe de Rosalía, igual que a doutros mitos da música (Rolling Stones) ou do cine (Marilyn Monroe), é moi utilizada no deseño. Podemos atopar coa súa figura: - pezas de vestir (camisetas, panos) - complementos (estoxos, carteiras...) - obxectos de papelaría (axendas, cadernos...) - xoiaría (pendentes, pulseiras, chapas...) - carteis...
Rosalía non é comparablea ningunha outra figura histórica nin actual
Guía para alumnado de primaria
A estrela Rosalía
31/32
Dende decembro de 2019 hai unha estrela que leva o nome de Rosalía de Castro.
Guía para alumnado de primaria
A estrela Rosalía
32/32