Want to make creations as awesome as this one?

Novidades na Biblioteca María Mariño do IES Virxe do Mar (Noia)

Transcript

1. La bestia, Carmen Mola

2. Dor menstrual, Kopano Matlwa

3. Azami, Aki Shimazaki

4. Ningún de nós ha volver, Charlotte Delbo

5. Enigmas. Desafía tu mente con 25 misterios de arte, Víctor Escandell

novidades

Biblioteca María Mariño

6. Marie Curie and radioactivity, Jordi bayarri

1. La bestia, Carmen Mola

Premio Planeta 2021

Corre o ano 1834 e Madrid, unha pequena cidade que trata de abrirse paso máis alá das murallas que a rodean, sofre unha terrible epidemia de cólera. Pero a peste non é o único que aterroriza aos seus habitantes: nos arrabaldes aparecen cadáveres desmembrados de nenas que ninguén reclama. Todos os rumores apuntan á Besta, un ser a quen ninguén viu pero ao que todos temen. Cando a pequena Clara desaparece, a súa irmá Lucía, xunto con Donoso, un policía torto, e Diego, un periodista buscavidas, inician unha frenética conta atrás para encontrar a nena con vida. No seu camiño tropezan con frei Braulio, un monxe guerrilleiro, e cun misterioso anel de ouro con dúas mazas cruzadas que todo o mundo codicia e polo que algúns están dispostos a matar.

+Info

2. Dor menstrual, Kopano Matlwa

Tradución de Moisés Barcia

Masechaba consegue o seu soño da infancia: exercer a Medicina. Porén, axiña se enfronta á realidade de traballar nun hospital sen apenas recursos.Á vez que trata de aliviar a dor allea, a protagonista ten que vencer os seus propios demos: as fortes dores menstruais, o dó polo suicidio do seu irmán e as presións dunha nai profundamente relixiosa, que trata de afastala da súa única amiga, a combativa Nyasha.

+Info

3. Azami, Aki Shimazaki

Nada no Xapón en 1954, Aki Shimazaki vive no Canadá, onde dá clases de xaponés e escribe en francés novelas ás que sempre lles pon un título nipón.

Aos seus 35 anos, Mitsuo Kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de Historia. Hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. Un día crúzase con Gorô Kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el asiste a un selecto club onde atopa unha antiga amiga da escola, a misteriosa Mitsuko, o seu primeiro amor. O encontro con Mitsuko, a quen chama Azami, coma a flor do cardo, esperta nel unha paixón inesperada e revive os seus desexos de xuventude.

+Info

4. Ningún de nós ha volver, Charlotte Delbo

Tradución de Sergio Gómez Blanco

En xaneiro de 1943, duascentas corenta mulleres, a maioría delas comprometidas coa Resistencia, foron transportadas nun vagón de gando dende Francia ao campo de concentración de Auschwitz.Só regresaron corenta e nove, unha delas Charlotte Delbo.Pouco despois da súa liberación en abril de 1945, reconstruíu o seu recordo a partir de instantáneas daqueles días. O seu relato plasma, dunha forma poética, a voz daquelas mulleres desposuídas de identidade que souberon sosterse as unhas ás outras. Delbo gardou este testemuño durante vinte anos antes de decidirse a publicalo.

+Info

5. Enigmas. Desafía tu mente con 25 misteriosde Arte, Víctor Escandell

Quinto título da colección!

Os enigmas de Víctor Escandell e Ana Gallo que entusiasman aos nosos mozos lectores trasládanse esta vez ao mundo da arte. Entre esculturas renacentistas e pinturas futuristas, hai sempre un misterio que os nosos incansables seguidores deberán resolver con lóxica e imaxinación.Cada enigma somérxenos nun momento importante da historia da arte ou no ambiente dun artista destacado. Resolvendo os misterios aprenderemos pinceladas sobre os principais movementos artísticos e coñeceremos técnicas, personaxes e curiosidades.

+Info

6. Marie Curie and radioactivity, Jordi Bayarri

Libro con dossier de actividades doado por Celine

At the start of the twentieth century, Marie Curie, a Polish physicist and chemist, stunned the scientific world. Her research led to the discovery of two elements, polonium and radium. She also examined the most unusual property of these elements: radioactivity. This graphic biography follows Curie from her early life in Poland to her scientific education in France. It also spotlights her work with Pierre Curie and her efforts to treat wounded soldiers during World War I.

+Info