Want to make creations as awesome as this one?

Nesta imaxe interactiva atoparás diversos consellos para iniciarte na observación de aves

More creations to inspire you

Transcript

observación de aves

consellos para iniciarse na

Para obter máis información sobre as prácticas recomendadas á hora de realizar esta actividade pódese consultar o Código ético del observador de aves da asociación SEO birdlife.


Durante á actividade debemos estar no maior silencio posible e sempre a unha distancia prudente.


O benestar dos animais é primordial, por iso non debemos perturbalos de ningún xeito (se a actividade resulta molesta para eles débese finalizar no momento). Iso tamén inclúe ao resto de especies e á contorna en si, polo que non debemos deixar residuos e procurar seguir os sendeiros marcados.


É importante ter estos aspectos en conta sobre todo en situacións delicadas como pode ser a época de cría e celo, ou durante períodos de migración nos que as aves precisan repouso para poder continuar a súa viaxe.

Antes de comezar a actividade é importante documentarse sobre o espazo que se pretende visitar, no caso dos Parques Naturais de Galicia podemos atopar información visitando a súa páxina web.

Tamén é preciso contar con un teléfono móbil cargado e coñecer o número de teléfono de emerxencias da zona.


En canto á vestimenta, levar roupa e calzado cómodos, axeitados ao clima do lugar, polo que é recomendable consultar a previsión. A roupa non debe ser de cores chamativas, xa que iso podería facer que as aves nos detectasen máis facilmente (as prendas verdes e de tonos terra son as mellores para camuflarse).




Compartir información cos organismos competentes en caso de ver algunha situación de risco ou vulnerabilidade para a fauna pode resultar beneficioso.

En cambio, debemos ser moi coidadosos á hora de facilitar a localización de niños, dormideiros ou zonas de concentración de aves migratorias en redes socias ou outros medios, xa que pode supoñer un serio risco para estes animais.

Os materiais precisos para iniciarse nesta actividade non deben supoñer unha gran inversión. Uns pequenos prismáticos de gama media son suficientes para as primeiras observacións (usualmente de 8x40 aumentos).


É de utilidade contar con un caderno de campo para poder tomar as anotación pertinentes, así como unha guía básica de aves ou unha aplicación móbil, que nos axude a identificar o que poidamos ver. Existen por exemplo as apps de identificación de Avefy e Avizor, e para rexistros E-Bird. En canto ás guías podemos consultar Aves de España de Lynx ou Guía das aves de Galicia.


Por último, e de forma opcional, pódese utilizar unha cámara fotográfica para captar o momento.