Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

As letras galegas

As letras galegas celébranse sempre o 17 de maio pero... sabedes por que se escolleu esta data?Fai moitos anos, en 1863, Rosalía de Castro, publicou un libro titulado "Cantares Gallegos" o 17 de maio.Dende aquel ano, decidiuse que esta data sería recordada e conmemoraríamos o día da nosa lingua; a Lingua Galega

As letras galegas

Este ano, 2022, adícanse as Letras Galegas a:

Queredes coñecelo un pouco máis?

Florencio Delgado Gurriarrán

Biografía

Florencio Delgado naceu en Córgomo, Ourense, en 1903.Cando tiña seis anos trasladouse a Ourense.Posteriormente marchou a Palencia, para cursar os seus estudos de Bacharelato.Entre 1914 e 1924 estudou Dereito en Valladolid.De regreso a Córgomo, traballou como pasante nun gabinete de avogados e fíxose socio protector do Seminario de Estudos Galegos.Comezou a publicar poesías en 'A Nosa Terra'.En 1933 ingresou no Partido Galeguista e un ano máis tarde publicou na revista 'Nós' a súa primeira selección titulada 'Bebedeira'.

Biografía

Tras o comezo da Guerra Civil exiliouse primeiro a Portugal e Francia.Tres anos máis tarde a Méjico, onde exerceu diversas profesións.No exilio colaborou con varias organizacións como:- Alianza Nacional Gallega, - Ateneo de Galicia en Méjico ou- O Fogar GalegoTamén dirixiu a revista 'Saudade'.

Biografía

En 1963 publicou 'Galicia infinda' e en 1981 'Cantaneras'.Cinco anos máis tarde publicou en Méjico o seu último libro titulado 'O soño dun guieiro'.En 1976 e 1981 volveu a Galicia para tomar posesión do seu cargo como membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudios Valdeorreses.Morreu o 14 de maio de 1987, aos 83 anos, en Fair Oask (Estados Unidos).

Biografía

Xogamos con Florencio?

Educación Infantil

1º/2º E.P

3º/4º E.P

5º/6º E.P

Feliz Día das Letras Galegas