Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

BEYONCÉ

Horizontal infographics

ONE MINUTE ON THE INTERNET

Horizontal infographics

SITTING BULL

Horizontal infographics

RUGBY WORLD CUP 2019

Horizontal infographics

GRETA THUNBERG

Horizontal infographics

FIRE FIGHTER

Horizontal infographics

Transcript

SABES COMO APRENDES?

Sabes cal é a finalidade do que fas na aula?

OBXECTIVOS

COMPRENSIÓN

FEEDBACK

AUTOAVALIACIÓN

COAVALIACIÓN

AUTONOMÍA

Que fas cando non entendes algo?

Que fas co feedback que recibes sobre as túas tarefas?

Como analizas e reflexionas sobre o teu uso da lingua?

Que tal se ademais de avaliado/a te convirtes en avaliador/a?

Como reflexionas sobre a túa aprendizaxe?

+ info

+ info

+ info

+ info

+ info

+ info

2

4

1

5

3

6

+ info

+ info

+ info

como podes chegar?

Decide que necesitas facer para acadar un obxectivo concreto.

onde ESTÁs?

Identifica o obxectivo que se persegue en cada lección, cada clase ou cada tarefa.

A onde VAs?

Comeza por coñecer ben o teu propio punto de partida.

Sabes cal é a finalidade do que fas na aula?

INicio

1

Foto de Nubia Navarro en Pexels Unha vez que eres consciente do teu punto de partida e de cal é o obxectivo proposto é máis doado pensar que podes facer para chegar ata el. Neste proceso vas contar coa guía e apoio do teu docente, que che axudará a determinar o grao de consecución. Tamén che resultará de proveito establecer (en conxunto co teu profesor) uns criterios de éxito, non só no relativo ao produto final senon ao propio proceso:

  • se contas cun bo modelo, ou cun modelo menos bo, poderás decidir que incluír ou non no teu produto final.
  • se pensas no procedemento que debes seguir para completar unha tarefa, poderás identificar mellor as dificultades nas diferentes etapas do proceso e facer modificacións de ser necesario.

Foto de Run 4 FFWPU en Pexels Cando comezas a camiñar é importante saber a onde te dirixes. O mesmo pasa co camiño da aprendizaxe: se non sabes a onde te vai levar dificilmente poderás chegar. Os obxectivos concretos poden comunicárseche directamente (cunha listaxe ou modelos) ou indirectamente (mediante inferencia), pero sempre debes telos presentes. Axudaranche a levar control do que aprendes. Na aprendizaxe de linguas é común chegar a un punto de estancamento cando se ten acadado certo dominio no que parece que non se adquiren coñecementos novos. Este é un dos motivos polos que resulta especialmente importante ter unha idea clara sobre os obxectivos específicos que perseguen as tarefas que realizamos e, unha vez rematada, comprobar ata que punto dito obxectivo foi logrado ou non.

Foto de Andrea Piacquadio en Pexels Para progresar mellor no percorrido da túa aprendizaxe, necesitas ser consciente do que xa sabes, que ás veces pode ser máis do que pensas. Pon moito interese nas tarefas de activación de coñecementos previos xa que che axudarán tanto a ti como aos teus docentes a planificar os pasos que debes seguir a continuación.

que fas cando non entendes algo?

Como estudante, é posible que te sintas intimidado na aula á hora de expresar dúbidas ou solicitar aclaracións, pero só se o comunicas se poderán tomar medidas para mellorar a túa comprensión. Para iso, participa activamente se se che pide que:

expliques o que resultou máis dificultoso ou máis doado

empregues sinais xestuais para indicar se comprendiches algo

2

repitas coas túas propias palabras o que aprendiches

fabriques os teus propios exemplos

sintetices visualmente, p. ex. nun mapa mental ou nun debuxo, os contidos que estudaches

crees as túas propias preguntas sobre o que aprendiches

INicio

QUE FACER CO FEEDBACK QUE RECIBES?

Consideras o feedback que che dan unha oportunidade para mellorar e progresar?

oportunidade de mellora

usalo e integralo

intenta corrixirte

BUSCA TI A SOLUCIÓN

SBAGLIANDO SI IMPARA

Intentas usalo e integralo en futuras tarefas?

Intentas corrixirte cando che dan feedback correctivo?

Cando che dan un feedback no que che propoñan atopar ti a solución, falo?

Sabías que o mellor xeito de aprender é trabucarse?

+ info

Non tomes o feedback que che dará o profesorado ou as persoas compañeiras da clase como unha crítica persoal, xa que simplemente están avaliando a túa tarefa. Ademais, tamén avaliarán os teus puntos fortes e suxeriranche como mellorar e como progresar, é dicir, diranche que estás facendo ben, que podes mellorar e como deberías facelo.

+ info

Intenta usar as suxestións que che fan en futuras tarefas. A aprendizaxe de linguas é un proceso continuo e non ten sentido que apuntes as suxestións que che realizarán se despois non intentas usalas en futuras tarefas. Se che suxeriron que deberías empregar máis expresións para expresar a túa opinión porque o teu discurso non é variado, ou che suxeriron que estiveras atento a algún erro gramatical, antes de realizar ou entregar a seguinte tarefa reflexiona sobre se estás tendo en conta as suxestións que che realizaron con anterioridade.

+ info

O feedback correctivo é aquel que che darán para que intentes corrixir erros que, na maior parte dos casos serán sistemáticos, é dicir, cando cometes continuamente os mesmos erros. Intenta reflexionar sobre eles, anotalos e autocorrixilos no momento. Se estás facendo unha tarefa oral, repite a frase completa intentando corrixir o erro. Se estás facendo unha tarefa escrita, corrixe o erro e envíalle de novo o texto ao teu profesor ou á túa profesora. O feedback correctivo poderá ser: 1. Corrección explícita: cando o profesor che di a forma correcta directamente. Est: Agora hai poucas ardillas. Prof: A forma correcta é "esquíos". 2. Reformulación explícita: cando o profesor reformula o que acabas de comunicar para que ti vexas cal é a forma correcta e intentes usala. "Si, tes razón, están desaparecendo os esquíos." 3. Repetición tipo eco: cando o profesor che repite o que acabas de comunicar para que te deas conta de que contén algún erro. "Poucas ardillas?" 4. Usando termos gramaticais e lingüísticos. "Ardillas é un castelanismo. Cal sería a forma correcta?" 5. Elicitando, é dicir, deixando incompleta a forma correcta. "Agora hai poucos es..." 6. Pedíndoche que aclares o que acabas de comunicar. "Perdoa, poderías repitir?" 7. Facéndoche algún sinal non verbal, por exemplo coa cara, cun xesto...

+ info

Ás veces o profesorado non che dirá cal é a forma correcta e explicarache como resolver ti o erro recomendándoche ver algún vídeo, explicándoche a regra ou facéndoche outro tipo de suxestións. Faille caso e realiza a tarefa que che suxeriu.

+ info

Non te desesperes polos erros que poidas cometer xa que forman parte do proceso de aprendizaxe. Que cometas algún erro non significa que a tarefa que realizaches estea mal, senón que cun pouco de esforzo para a próxima vez pode estar mellor se tes en conta o feedback que che acaban de proporcionar.

INicio

2

4

1

5

3

3

Toma un modelo de referenciaAnaliza sempre un modelo de realización ideal da tarefa. Fíxate nos aspectos propios do nivel, así coma nos erros que debes evitar.

Autoavalíate seguindo os criterios establecidosElabora a túa tarefa consonte a eses criterios e comproba que os cumples antes de entregala.

Reflexiona sobre as túas propias produciónsRevisa os teus erros frecuentes e observa se eses erros van desaparecendo das túas producións habituais.

Ten conciencia do teu uso da linguaDeste xeito serás quen de observar o teu pro-greso e acadar os teus obxectivos con éxito!

cOmo ANALIZAS O TEU USO DA LINGUA?

INicio

4

+ info

+ info

+ info

REFLEXIONA

Le con atención o feedback que recibas e actúa en consecuencia.

COMENTA

Failles comentarios sobre o que é resaltable e aquilo que se pode mellorar.

OBSERVA

Analiza a realización das tarefas que fan os teus compañeir@s.

E SE ADEMAIS DE AVALIADO/A, ES TAMÉN AVALIADOR/A?

INicio

5

Revisa atentamente os comentarios feitos polos teus iguais. Axudaranche a consolidar aqueles aspectos que evidencian que vas no bo camiño para acadar os obxectivos, e tamén serviranche de guía para poñer o foco naqueles aspectos susceptibles de mellora. Toma decisións de actuación con respecto a estes últimos. Pide sempre axuda ao teu profesor/a, se te sintes un pouco perdido/a, para que te oriente sobre como facelo. E non esquezas que a mellor maneira para aprender a autoavaliar as túas propias producións pasa por avaliar antes as producións dos teus compañeiros e das túas compañeiras.

Emprega sempre linguaxe positiva e fai comentarios construtivos e concretos que poidan resultar útiles e ilustrativos. Primeiro:

  • identifica que se fixo ben
  • explica por que se fixo ben
E logo:
  • identifica que pode mellorarse
  • explica como pode mellorarse

Avaliar as producións dos teus compañeiros axudarache a:

  • familiarizarte cos criterios de avaliación,
  • mellorar a interacción social cos compañeiros do teu grupo,
  • gañar confianza no uso da lingua estranxeira.

como reflexionas sobre a túa aprendizaxe?

...reflexionas sobre o que aprendeches?

Ao final de cada clase...

AO FINAL DE CADA UNIDADE...

cando fas unha tarefa...

cando te avalían...

VAS MÁIS ALÓ e...

POLA TÚA CONTA...

...fas un repaso dos contidos e dos obxectivos da unidade?

...reflexionas sobre o que deberías facer para realizar a tarefa?

...reflexionas sobre o feedback que recibiches sobre as tarefas?

...intentas mellorar ou profundizar o que aprendes?

...intentas empregar os seguintes recursos ou fas isto?

+ info

É importante ao final de cada clase reflexionar sobre o que se aprendeu, sobre o que non quedou claro, ou sobre o que che gustaría profundizar. Faite estas preguntas: 1. Que foi o que aprendín? 2. Podo explicar o que aprendín? 3. Teño todo claro ou sería necesario que o profesor mo explicase de novo? 4. Que penso que debería facer pola miña conta para ir máis aló do que aprendín hoxe?

+ info

As unidades coas que se traballa están configuradas para tratar uns contidos e contan cunhas actividades para acadar uns obxectivos. Ao final de cada unidade faite as seguintes preguntas: 1. Cales foron os contidos da unidade: gramaticais, lexicais, fonéticos, comunicativos...? 2. Son capaz de empregar os contidos da unidade? 3. Acadei os obxectivos da unidade? 4. Son capaz de realizar as tarefas da unidade? 5. Que é o que máis me costa? Que podo facer para mellorar iso?

+ info

INicio

+ info

É necesario que: 1. Se tes algunha debilidade intentes, pola túa conta, incidir nela para mellorar. Practica a gramática, as mediacións, as comprensións ou as expresións se consideras que tes dificultades. 2. Profundices os contidos para asentar o que aprendeches e amplíes os teus coñecementos. Digamos que a máxima é que ti, pola túa conta, tamén podes aprender porque ninguén mellor ca ti sabe como aprendes e cando aprendes.

+ info

É necesario que antes de realizar unha tarefa analices que é o que se pretende que fagas. Faite as seguintes preguntas? 1. Que teño que usar: léxico, estruturas gramaticais, expresións...? 2. Cal é o nivel que teño que demostrar? Podes consultalo nos instrumentos de avaliación. 3. Se se trata dunha tarefa escrita, ou dunha tarefa oral que non fago na clase, revísoa?

+ info

A continuación atoparás algúns mecanismos para traballar os contidos e as diferentes destrezas lingüísticas. Emprégalos? 1. Contidos gramaticais. Fas exercicios gramaticais con autocorrección? 2. Contidos lexicais. Creas mapas conceptuais ou creas listaxes de léxico con imaxes? 3. Comprensións (escrita e oral). Realizas actividades de comprensión escrita ou oral con autocorrección? Dependendo da lingua que estudes, existen páxinas web nas que atoparás este tipo de actividades clasificadas por temática e por nivel. Non se trata só de ler o xornal ou de escoitar a radio para mellorar a comprensión. 4. Expresións (escrita e oral). Analizas antes de realizar a tarefa o que precisas para facela e como podes facela? (Bótalle un ollo a "Cando fas unha tarefa..." Practicas a expresión oral coas persoas compañeiras da clase ou con outras persoas fóra da aula? Empregas a lingua fóra da aula para practicar coas persoas compañeiras da clase ou con outras persoas fóra da aula?

2

4

1

5

3

6

6

Elaborado por Isabel de la Cruz, Anabel González e Luís Xuncal