Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

STEVE JOBS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

BEYONCÉ

Horizontal infographics

Transcript

Gurriarán

APRENDEMOS SOBRE...

FlorencioDelgado

ESTAMOS CONSTRUINDO ESTA PÁXINA DE RECURSOS

PRIMAVERA DAS LETRAS

SEMINARIO GALÁN

A RAG INFORMA

AS LETRAS DE FLORENCIO

RECURSOS DOUTROS COLES

Gurriarán

APRENDEMOS SOBRE...

FlorencioDelgado

ESTAMOS CONSTRUINDO ESTA PÁXINA DE RECURSOS

KARAOKE VENTE, VENTIÑO

BIO COLE SAN PIO X

TELEXORNAL DE FLORENCIO

RECURSOS DE OUTROS COLES

BIO CEIP SEIXALBO

BIO CON PICTOGRAMAS

Gurriarán

PROPOSTAS DE TRABALLO NA REDE...

FlorencioDelgado

SEGUIREMOS ACTUALIZANDO SEGUNDO SAIAN MÁIS RECURSOS

PROPOSTAS DA EDITORIAL GALAXIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

AS NOSAS PROPOSTAS

PROPOSTAS DO CEIP GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS

COPIA ESTE ENLACE PARA ACCEDER: http://seminariogalan.org/inicio/2022/documentos

AÍ VEN O MAIO

COÑECEMOS ALGÚNS POEMAS

RESPOSTA Á ROSALÍA

A CALDEIRA

ANDAN OS PAXAROS

PROCURA AS PALABRAS DOS POEMAS DE FLORENCIO, DEFÍNEAS E ENGADE IMAXE OU DEBUXO

FAI UNHA FOTO E SÚBEA AO CAIXÓN DA AULA VIRTUAL OU ENVÍAA AO CORREO parrococamilo@gmail.com

PANDEIRADA

COUSAS DE OUTONO

MUIÑADA

A TRAXEDIA DOS CASTIÑEIROS

OS TRINTAS

FESTAS FOLIÓN DE VERÁN

VENTE, VENTIÑO DO NORTE

Gurriarán

FlorencioDelgado

VENTE, VENTIÑO DO NORTE II

CHOIVA

sen título 2

sen título 1

O REISEÑOR

SEN TÍTULO 3

AS SÚAS PALABRAS

AÍ VEN O MAIO

Ahí ven o Maio pola porta do xardín, ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril, (O Maio garrido cansiño de chorar, enxoitou o seu pranto con panos de luar). Ahí ven o Maio pola porta da campía ahí ven o maio, galán da cotovía, (O Maio garrido tiña un cambai brunedo, o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos). Ahí ven o Maio pola porta da debesa, ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas. (O Maio garrido anda a bebelos ventos pola terra, rapaza de doces arrecendos).

Ahí ven o Maio pola porta do soutelo, ahí ven o Maio có seu colete amarelo. (O Maio garrido, nos intres de vagar, có mestre rouxinol adeprende a cantar.

Ahí ven o Maio pola porta do valado, ahí ven o Maio cô seu traxiño branco. (O Maio garrido, para saudar o vran, pon luvas de etiqueta con frores de S. Xoán).Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza, que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!

Alí ven o Maio, Maíño, Maiolo; na verde camisa botois de amerodos; monteira frorida, a roupa das festas; e un caraveliño por riba da orella; pieites de silveiras pieitanlle o cabelo, anda a namorare coma un mozo cedo.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

RESPOSTA Á ROSALÍA

Ti cantar, cantar cantache, ti cantache, Rosalía; ti cantar, cantar, cantache, da graza de Deus unxida, concertos de reiseñores, malvises e cotovías, de rulas que loitos choran,de galos na amañecida, de airiños que tollen mágoas, de mozas pernas que esbrinzan e de xogorás punteiros de gaitas nas romerías

Do río, na florida beira do mar ao pé das ondiñas, cantache, nova alborada, o abrente dun claro día. E, teu cantar, foi roibén, foi diana de ledicia, pois cantache o «resurrexit» da lene fala esquecida.

GALICIA INFINDA

EU CANTAR, CANTEIA GRAZA NON ERA MOITA...

Ti cantar, cantar cantache, cantache que ben sabías; cantache de graza chea: voz gloriosa da Galicia!

Volver

AS SÚAS PALABRAS

A CALDEIRA

GALICIA INFINDA

Do río Farelos aí vén a caldeira para matar a sede de todas as terras. Espelliño ledo, cristal manseliño,vén cantaruxando beira dos camiños. O seu ben reparte, cal Samaritana, e acaba probiña,e morre escoada. Bebe o boi marelo, bebe a mansa besta, beben as herbiñas... todos beben dela! ...............................

Pasou a caldeira, camiño das hortas, a falar soíña, a cantar saudosa.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

GALICIA INFINDA

Andan os paxaros, co medo, a chiar... (Do Xapón, mandaron castiros ananos para que os nenos poidan os niños pillar sen rubir ás gallas, sen engateñar, sen rachar as calzas... dende o mesmo chan!) Andan os paxaros, co medo, a chiar.

ANDAN OS PAXAROS

Volver

AS SÚAS PALABRAS

PANDEIRADA

Nenas, vinde á pandeirada, que sinto, no peito o adufe do meu desexo, rapazas. Os ollares churrusqueiros son mans a bater no adufe que anda a soar no meu peito. Nenas, vinde á pandeirada, a pór acordes co adufe as ferreñas das risadas.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

COUSAS DE OUTONO

Andan á roda no ceo os fillos do sol e a choiva; as árbores xogan ás chapas cos patacóns das súas follas. De brétemas alfaiate, fíxolle o río roupa ao val, coa tesoura das raiolas anda o sol por lla rachar.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

FESTAS FOLIÓN DE VERÁN

Na póla dun buxo canta un reiseñor; a póla é o punteiro; o paxaro, o fol.

Polo heliógrafo do río pide o ceo á terra estrelas; e a terra, no tren da brisa, remésallas con urxencia e ruben aturuxando que fan a viaxe ledas.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

O Félix florea a gaita, Fermín florea o requinto, fai, Roxelio o redobrante, na caixa, lene tronido... Ou a gloria da alborada dende a «Pireira» ás «Gralleiras» no amencer de Santa Marta!

OS TRINTAS

Volver

AS SÚAS PALABRAS

MUIÑADA

O sol, baril muiñeiro, pingotas de choiva moe, o arco da vella peneira fariña de sete cores. Os brancos foles das nubes, a lombos das serras, van cara o muiño do ceo para moer o seu gran. A señora lúa, branca muiñeira, que anda noutra banda coas mozas estrelas, ao chegar a noite de tornar se lembra porque ten gandaia e non quere perdela.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

A TRAXEDIA DOS CASTIÑEIROS

Retorto castiñeiro, outrora san e forte, atópaste ferido do machado da morte; as túas folliñas, murchas, van caendo no chan, ou tristura dunha árbore despíndose no verán!

Malpocadas! Cal anacos da túa vida, vainas arrincando o vento e revoan toleironas e corren polos camiños para morrer, afogadas na lama dun tremesiño.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

Volver

Vente, ventiño do norte, vente, ventiño norteiro a cantarme, nos ouvidos, a canción do frío inverno.

Tráeme lembranzas dos montes de branca neve cubertos; de parte da branca neve vén darme xeado beixo, que mais quero aterecer ao contacto dos teus beizos que sintilos agarimos de ventos moles e tépedos;

CANTARENAS

VENTE, VENTIÑO DO NORTE

...

AS SÚAS PALABRAS

Volver

CANTARENAS

VENTE, VENTIÑO DO NORTE, cont.

...

das árbores que apouvigas, por facerte cos brinquedos de amarelas follas murchas, trae a min o bruar fero; tráeme os laios musicais das xestas e dos piñeiros, pois quero trocar a moleza e dozura do bo tempo, polos ásperos aloumiños do barudo e forte inverno; quero que rente a min chegues cantando o canto guerreiro do norte, e que cheo de azos, amátelo conto meigo do brando sur, teu inimigo;

...

...

AS SÚAS PALABRAS

Vente, ventiño do norte, vente, ventiño norteiro a cantarme, nos ouvidos, a canción do frío inverno.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

A anduriña veu do mar a voar, a voar; viaxando nas roibéns, dende o mar, aquí chegou para saudar aos Xosés, Xoseiño, lava a perna, Xoseiño, lava o pé: con fregas de primavera desbota o frío do inverno; e con flores dos valados dálle perfume ao cabelo.

Volver

SAN XOSÉ

AS SÚAS PALABRAS

Volver

HAI SEDE NA NOVA GALICIA

Sede nos ermos outeiros e nas poirentas chairas, nos arpados nopaleiros, sede nas enxoitas eiras. Nas lagoas enlamadas de arneiro xabre cinguidas. Sede nas irtas valgadas. Sede nas terras espidas. Sede nas mortas aldeas, nas congostras, nos carreiros e nas queimantes areas dos escoados regueiros

AS SÚAS PALABRAS

Salve! Branca, branquiña, branqueira, alta bandeira galega: branca como unha pombiña, azul, coma o mar da Terra. Branca é a espuma do mar, branca é a cor da pureza; por eso es ti tamén branca, salve, miña bandeira galega! Galiza a do ceio azul, do mar azul rodeada; por iso ti es azul, azul, azul, azulada, salve, bandeira da Patria amada! ...

SALVE!

Cancioneiro da loita galega

Volver

AS SÚAS PALABRAS

CHOIVA

Volver

Chora o meu corazón E na vila a chover; Que estraño esmorecer Sente o meu corazón? Nos tellados, a choiva, Canta un canto teimoso Pró corazón saudoso, Doce canto o da choiva! Por que te queixas, di, Corazón magoado? Se non es traizoado... Por que te queixas?, di. Mais non aturo a dor Que me causa o ignorar, Que sen querer nin odiar Sinta tan forte dor.

AS SÚAS PALABRAS

Un, dous, tres. Fuxen da retorta serpe os paxariños dos pés e as bolboretas das trenzas. Un, dous, tres. Os paxariños dos pés fuxen, con medo da cobra. A túa gorxa, leda frauta, fai bailar á serpe tola. Un, dous, tres.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

Do Barco, os esquiadores, a serra civilizaron. As encostas da Trevinca xa saben o que é o slalom, mais á neve, outrora virxe, co seu riscar esforciaron.

Volver

AS SÚAS PALABRAS

Por Córgomo de Valdeorrasnon anda a santa compañaporque o bon viño escorrentademos, trasnos e pantasmas

Volver

AS SÚAS PALABRAS

Volver

O REISEÑOR

Reiseñor meigo que no agro frorido arrolas cantando ao serán durmido. Ouh doce trobeiro! Reiseñor meigo que no agro vizoso arrolas cantando ao serán formoso Ouh doce trobeiro! Arrolas cantando ao serán durmido que escoita a cantiga do son esvaído. Ouh doce trobeiro! Arrolas cantando ao serán formoso que ouve o feitizo do son garimoso. Ouh doce trobeiro!